martes, 24 de abril de 2012
Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación
Na actualidade moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias non desexadas, especialmente sobre o medio: a contaminación e o cambio climático quizais sexan dúas das máis preocupantes, por esta razón ás veces é necesario realizar avaliacións de impacto ambiental.
A contaminación é unha das maiores consecuencias ambientais e sociais negativas que teñen as actividades humanas. Supón a introdución, nun medio calquera, dunha substancia en cantidade abonda como para provocar algún dano ou desequilibrio, irreversible ou non, e que pode ser perxudicial para a saúde, para a seguridade ou o benestar da poboación ou para a vida vexetal ou animal.
A contaminación clasíficase segundo os medios aos que afecta:
- Contaminación atmosférica. Os principais contaminantes (en especial o dióxido de carbono) proceden de procesos de combustión en actividades de transporte, industrias, xeración de enerxía eléctrica e calefaccción doméstica, así como da evaporación de disolventes orgánicos e das emisións de gases, que orixinaron un buraco na capa de ozono.
- Contaminación da auga. Xeralmente a contaminación de ríos, mares e augas subterráneas provén de verteduras e refugallos industriais (con presenza de metais e de augas con elevada temperatura) así como de augas residuais non tratadas procedentes do saneamento de vilas e cidades. As industrias españolas recoñecen oficialmente que cada ano verten máis de 1.200.000 toneladas de substancias contaminantes á auga.
- Contaminación do solo. Aparece logo da aplicación de insecticidas, por filtracións ou roturas de canalizacións de augas residuais e produtos industriais. Os produtos químicos máis habituais son os derivados de petróleo, disolventes, insecticidas e metais pesados. Este tipo de contaminación está estreitamente relacionado co nivel de industrialización. A súa acción pode ser directa ou ben ao entrar en contacto con cursos de auga potable.
A contaminación tamén se pode clasificar en función do método contaminante ambiental. Así podemos distinguir entre:
- Contaminación química. Significa a introdución de substancias potencialmente perigosas para a saúde e para o ámbito da terra, nos alimentos, no aire ou na auga. Por exemplo, o uso excesivo de insecticidas agrícolas pode afectar os acuíferos e repercutir na saúde humana.
- Contaminación radiactiva. Derivada da dispersión de materiais radioactivos, como o uranio enriquecido, usados en instalacións médicas ou de investigación, en reactores nucleares de centrais enerxéticas, en probas atómicas, e que se produce por accidente (como o de 1986 en Chernóbil, Ucraina) ou pola manipulación de residuos radiactivos.
- Contaminación acústica. É a contaminación debida ao ruído, ao son excesivo ou molesto provocado polas fábricas, os medios de transporte ou certas actividades de lecer. Pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio e xordeira parcial. Se ben o ruido no se acumula nin se traslada, nin se mantén no tempo, coma as outras contaminacións, pode causar danos na calidade de vida das persoas e no medio. Algúns ruídos da cidade están por riba do principio da dor ao son (uns 120 decibelios).
- Contaminación térmica. Ten lugar no momento en que un proceso vén modificar a temperatura do medio de forma prexudicial, por exemplo debido á vertedura de auga quente nun río: o incremento da temperatura dininúe a solubilidade do osíxeno na auga, polo que pode provocar unha gran mortaldade de peixes.
- Contaminación electromagnética. É a producida a partir das radiacións xeradas por equipos electrónicos e por instalacións eléctricas. Ademais de crear problemas nos aparellos eléctricos e na transmisión de datos, pode afectar a saúde humana; neste sentido, as antenas de telefonía móbil son unha fonte constante de polémica.
- Contaminación luminosa. Refírese ao resplandor de luz difundido no ceo nocturno e producido pola luz artificial procedente das cidades, dos vehículos e doutras infraestructuras. Obriga a moitas especies animais e vexetais a cambiar os seus hábitos nocturnos.
- Contaminación visual. Prodúcese cando a abundancia, a desorde ou o tipo de elementos que se achan na paisaxe deterioran a súa estética. De forma consciente ou non, esta contaminación créanos malestar e afecta a nosa calidade de vida.
A contaminación xera graves danos, atenta contra a vida das persoas, animais e plantas e deteriora o noso planeta cada vez con máis intensidade. A delimitación e limpeza das zonas contaminadas adoitan ser tarefas que consomen moito tempo e diñeiro. A actual lexislación española incorpora o delito ecolóxico a través do que se pode condenar (mesmo con prisión) aos que contaminen de xeito reiterado e consciente.
Segundo un estudo de Greenpeace, en España a contaminación ten unha relación directa coa incidencia de enfermidades e a mortalidade: no noso país morren prematuramente 16.000 persoas ao ano por efecto da contaminación atmosférica. Iso supón dez veces máis que a mortalidade que producen anualmente os accidentes de tráfico. Ademais, nas zonas máis industrializadas determinadas enfermidades coma o cancro, tamén inciden de forma de forma máis intensa, o qu evidencia unha relación directa entre contaminación industrial e enfermidades. En España 4.000 traballadores morren cada ano pola exposición a substancias químicas e máis de 33.000 enferman pola mesma causa.
O cambio climático é a modificación que sofre o clima en relación ao paso do tempo e a nivel global. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos: a órbita da Terra, o tipo e cantidade de insolación, a composición da atmósfera, a disposición dos continentes, as correntes mariñas. Ao longo da historia do noso planeta estes fenómenos foron variando de forma natural, así que, certamente, sempre existiron cambios climáticos.
Os seres humanos son un máis dos axentes que poden influir no cambio climático. Se ben durante moitos séculos a súa influencia foi moi reducida, nos últimos anos a cantidade e a intensidade das accións humanas sobre o planeta son tantas que están a inducir a notables transformacións das condicións climáticas e, o que é peor, a unha gran velocidade, o que impide a adaptación da natureza ás novas circunstancias.
Para se referir ao cambio de orixe humana, úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico, as accións humanas de hoxe non só están a condicionar o clima a longo prazo senón no futuro máis próximo.
- O efecto invernadoiro e o quentamento global. A enerxía solar quenta o solo terrestre, que devolve unha parte (un 37,5%) desa enerxía ao espacio exterior mentres que o resto é retido polos gases das capas superiores da atmósfera, producindo o seu quentamento. É o que se chama efecto invernadoiro xa que funciona igual que os cristais dun invernadoiro de xardinaría pero esta vez desenvolvéndose de forma natural: de aí o nome e o paralelismo. De feito, sen este efecto a temperatura media na Terra sería duns -22ºC: os océanos poderían conxelarse e a vida humana sería imposible tal como a coñecemos agora. Grazas ao efecto invernadoiro, a temperatura media é de 14ºC.
O preocupante é que nos últimos tempos a proporción dos gases que provocan este efecto (CO2, metano e clorofluorcarbonatos ou CFC, entre outros) se elevou enormemente de xeito que impide que saia ao espacio exterior parte da enerxía que emite a superficie da Terra. Como consecuencia, elévase a temperatura da atmosfera, empezando así un proceso de quentamento global e de cambio climático antropoxénico.
- O quentamento global e os océanos. O aumento global da temperatura ten un efecto directo nos océanos. Desde o ano 1960 a temperatura media dos océanos aumentou 0,1ºC, pero as augas do océano Antártico fixérono en 0,2ºC. Iso, unido ao aumento da temperatura do aire, fai que se provoque o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e antártica, así como tamén o dos glaciares terrestres. As prediccións indican que, se non cambian as condicións, antes do ano 2050 o volume de xeo dos glaciares diminuiría en máis de 60%: o desxeo estimado de Groenlandia é duns 240 km3 ao ano.
Co ascenso da temperatura global, a auga dos océanos tende a expandirse e a reducir a súa enorme capacidade de absorción de CO2, ademais de afectar ecosistemas básicos como o das algas, que están na base da cadea trófica dos animais mariños. O aumento de temperatura dos océanos pode transformar de xeito total non soamente o ritmo e forza das correntes senón a súa influencia non continentes. Algúns científicos aseguran que o incremento na forza de furacáns e tifóns e a virulencia de certas tormentas tamén é debido a estas alteracións térmicas.
- Alcance do cambio climático. Hai quen minimiza as causas e os efectos do quentamento global e do cambio climático, argumentando que a natureza, por ela mesma, provoca tamén episodios de quentamento global (debido ás erupcións volcánicas que lanzan á atmósfera millóns de toneladas de carbón e gases) e de cambio climático (a Terra observou períodos glaciares con anterioridade). Pero a deferenza é que agora a causa esencial é a acción humana e que o ritmo acelerado lle impide á natureza non só a rexeneración natural dos gases senón a adaptación lenta e serena ás novas circunstancias: as consecuencias son imprevisibles.
Corenta e seis observatorios de entre os cincuenta situados nas capitais provincias detectaron un aumento de 1,63ºC de media anual no período 1971-2008. No que se refire á precipitación invernal (a que ten maior capacidade de xerar recursos hídricos aproveitables) neste mesmo período amosa un descenso do 34,3%, mentres que o número de días de neve baixa nun 41%. Pola contra, dáse unha alza sen excepción no número de días con temperatura media maior de 15ºC, o que indica unha tendencia ao aumento das vagas de calor, tanto en frecuencia coma en severidade.
A chamada pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que resume, para cada individuo, cal é a área necesaria para producir os recursos que utiliza e para asimilar os regugallos que xera. O seu obxectivo consiste en avaliar o impacto sobre o planeta nun determinado modo de vida.
A biocapacidade do planeta por cada habitante estimouse en 1,8 ha, ou o que é o mesmo, se tivésemos que repartir o terreo porductivo da Terra en partes iguais, a cada uno dos máis de 6.500 millóns de habitantes, corresponderíanlles 1,8 ha para satisfacer toas as súas necesidades durante un ano. Malia o anterior, cada ser humano está gastando a cantidade de 2,23 ha, polo que, a nivel global, se consomen máis recursos e se xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar e admitir.
Segundo os datos da última análise da pegada ecolóxica dos españois, cada habitante necesita como media 6,4 ha de territorio para satisfacer os seus consumos e absorber os seus residuos, que é case o triplo do que España se pode permitir.
Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación.
Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación
Pola súa posición xeográfica, entre os 41º 48' e 43º 47' de latitud norte, Galicia inclúese dentro
das rexións de clima oceánico de fachada occidental, que se caracterizan por contar cunha amplitude
térmica reducida, con invernos suaves, veráns frescos e precipitacións abundantes regularmente
repartidas durante todo o ano.
Non obstante, certos factores como a disposición do relevo -que segue en moitos casos unha
orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO-; a orientación da
maioría das rías a favor dos ventos oceánicos, a distancia ao mar, ou as peculiares características
das depresións e dos vales fluviais, introducen unha serie de matices climáticos.
De modo simplificado, pódese dicir que de oeste a leste e de norte a sur se produe unha
progresiva gradación dos trazos típicos do dominio oceánico. Esta transición bioclimática dai que
poidamos distinguir, polo menos, cinco ámbitos diferentes: a Galicia occidental, a fachada cantábrica,
as áreas de motaña, a Galicia interior e os vales e depresións do sector meridional.
1. Galicia occidental
As temperaturas medias sitúanse arredor dos 12º, mentres que as precipitacións poden chegar
a superar os 1500 mm anuais. No caso da área centro-occidental de Galicia, a orientación das rías
favorece a entrada das masas de aire que, ao se atoparen cos pés das serras centrais, producen
abundantes precipitacións.
Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano (entre 12-15ºC
de media) e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, estas presentan unha
distribución máis estacional, cunha forte tendencia á aridez estival.
2. Fachada cantábrica
A Mariña lucense presenta un descenso relativo das precipitacións, que se sitúan entre os 800-
1000 mm anuais, con respecto á fachada atlántica, aínda que sen aridez estival. As temperaturas
mantéñense, así e todo, en valores semellantes, con invernos frescos e veráns suaves.
3. Áreas de montaña
En Galicia o clima oceánico de montaña dáse, en xeral, por riba dos 700 metros de altitude, aínda
que as súas características esenciais (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, e maior
frecuencia das precipitacións en forma de neve) rexístranse fundamentalmente nas serras orientais
e sudorientais.
4. Galicia interior
A distancia ao mar e a portección das serras nos sectores da Terra Chá, Chantada, Terra de
Lemos, Arnoia e A Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás dos outros dominios e que aumente
a oscilación térmica, que se aproxima aos 14º C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos.
5. Vales e depresións do sector meridional
Os vales do Miño medio e do Sil, así como as pequenas depresións do sur, constitúen os
sectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante a época estival. En xeral, as precipitacións
adoitan ser inferiores a 700-800 mm e rexístrase un aumento xeneralizado das temperaturas, cunha
media anual superior aos 14º C. Estas características fan que a zona sexa considerada de transición
ao clima mediterráneo.
A compartimentación do relevo xunto cunha elevada pluviometría e un substrato litolóxico moi
impermeable propicia unha rede fluvial moi densa. Os ríos galegos teñen un gran poder erosivo e
presentan na súa maioría un réxime pluvial oceánico, cun ritmo anual simple dun máximo no inverno,
en xaneiro ou febreiro, e un mínimo no verán, en agosto ou setembro.
Os cursos da cunca hidrográfica costeira divíndense en dúas zonas: os ríos da vertente norte,
nacen nas serras litorais, a excepción do Eo e do Navia, que teñen o seu nacemento nas serras
orientais. Son de curso moi curto, agás o Navia, o máis longo desta vertente, que desemboca fóra
de Galicia. Os ríos da vertente atlántica nacen nas serras litorais ou nas occidentais. Destacan o
Tambre, o Ulla e o Eume.
O Miño e o Sil son os ríos máis longos de Galicia. O Miño nace na Serra de Meira e, despois de
percorrer 340 km, desemboca nun esteiro. O Sil nace fóra da Comunidade, na Cordilleira Cantábrica,
a 1.980 m. Esta elevada altitude fai que sexa o único río galego de réxime pluvionival.
A cunca meridional situada ao sueste, inclúe algúns ríos que nacen en Galicia pero que
desembocan fóra da Comunidade, como o Támega, que desauga no Douro e o Limia, que
desemboca en augas oceánicas portuguesas.
Galicia conta con gran cantidade de terreos húmidos diseminados por todo o territorio en forma
de zonas de marismas, esteiros, deltas, lagoas, etc. Entre estas zonas húmidas galegas destacan
cinco pola súa riqueza natural e pola cantidade de especies endémicas que as habitan. Trátase da
ría de Ribadeo; a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo das praias,
dunas e lagoas de Corrubedo e finalmente o complexo intermareal de Umia-O Grove, A Lanzada,
Punta Carreirón e lago Bodeira.
Os acuíferos, bastante numerosos, supoñen un importante recurso xa que as súas augas
abastecen os pequenos núcleos das áreas rurais e algunhas industrias, aínda que a súa principal
función é subministrarlles auga ás zonas húmidas e lagoas de Galicia.
O noroeste peninsular atópase no límite de dúas importantes rexións bioxeográficas: a
Eurosiberiana, que ocupa gran parte de Galicia, e a Mediterránea, restrinxida fundamentalmente ao
sueste da provincia de Lugo e á maior parte de Ourense. Esta transición faise visible no paso do
dominio do carballo (Quercus robur) ao do cerqueiro, cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica); o
primeiro, típico da fachada atlántica, adáptase á humidade e aos solos silíceos, mentres que o
segundo representa o tránsito cara a condicións climáticas caracterizadas por unha maior
irregularidade das precipitacións e pola existencia dun período de seca estival.
En xeral, pódese establecer unha estreita correspondencia entre os diferentes dominios
climáticos e as unidades bioxeográficas. Non obstante, a proliferación das plantacións de piñeiro e
de eucalipto (orixe antrópica) esvaneceu, en gran medida, a distribución de especies tradicionais que,
como o carballo ou o castiñeiro, sufriron un notable retroceso nos últimos tempos debido á menor
rendabilidade económica. Nas beiras dos ríos e polo xeral en áreas húmidas medran amieiros,
salgueiros ou freixos. Pola contra, nas áreas máis secas están presentes as sobreiras e as aciñeiras.
Dentro das formacións arbustivas atópanse os breixos, que invaden amplas áreas como
sotobosque ou como cuberta arbórea, debido á intensiva deforestación, as xestas, que ocupan
principalmente a Galicia interior e de montaña, e o piorno, que se estende polas serras orientais. Nas
áreas máis secas dos vales orientacións aparecen formacións de xarais, que poñen de relevo a
existencia de condicións mediterraneizantes. Nas zonas de marismas e dunas predominan especies
adaptadas á salinidade e á area (ammofila, cardo mariño), e ás pozas (xuncos, carrizos e ranúnculos
Factores da diversidade bioxeográfica.
Tema 4 - Factores de diversidade bioxeográfica
(Situación xeográfica e procesos naturais / acción antrópica)
A diversidade é un dos trazos que identifica as condicións naturais de España. Esta maniféstase
tanto nas características do relevo, os contrastes climáticos e hídricos, e a distribución dos solos,
coma nas diversas adaptacións ao medio que realizaron os seres vivos. A súa vez, a actividade
humana tamén influíu nos solos, na vexetación e na fauna; unhas veces favorecendo o
desenvolvemento de determinadas especies, e outras poñendo en perigo a súa supervivencia. Non
obstante, e malia a intensa e secular explotación dos recursos, España é actualmente un dos países
da Unión Europea onde a biodiversidade é máis elevada.
Esto é debido a que posúe unhas condicións naturais que favorecen a existencia de ambientes
moi diferentes, o que permitiu o desenvolvemento de comunidades vexetais e animais moi variadas.
Esta notable diversidade explícase por diferentes factores; uns están relacionados directamente coa
situación xeográfica e cos procesos naturais, e outros coa actividade humana.
- A situación xeográfica de España, entre o norte de África e o extremo suroccidental de Europa
e, á súa vez, entre o Mediterráneo e o Atlántico. Esta situación permítelle ter influencias de
ámbitos con características climáticas, florísticas e faunísticas moi diversas, como son as
rexións eurosiberiana, mediterránea, saharo-arábiga e macaronésica.
- Durante as glaciacións cuaternarias, amplos sectores da península ibérica e dos dous
arquipiélagos tiveron unhas condicións máis cálidas ca as do centro e norte de Europa, polo
que serviron desta forma de refuxio a numerosas especies vexetais e animais.
Algunhas destas especies, desaparecidas actualmente do resto de Europa, aínda perduran en
determinadas rexións españolas. Á súa vez, moitas quedaron illadas e evolucionaron, de tal
xeito que deron lugar a endemismos, dos que España posúe un amplo patrimonio.
- As península do sur de Europa, así como algúns arquipiélagos son as rutas máis empregadas
polas aves para desprazárense entre Europa e África. Grazas a súa localización, España
representa un papel esencial nas rutas das aves migratorias, ben como área de nidificación de
numerosas especies, punto de invernada, ou simplemente como zona de descanso. Estes
desprazamentos tamén favorecen a dispersión de sementes e, con iso, o incremento da
diversidade vexetal.
- A existencia dun relevo moi contrastado entre chairas e montañas, áreas costeiras e de interior,
zonas continentais e arquipiélagos, que multiplica a variedade de condicións ambientais. A iso
súmase a diversidade litolóxica, onde rochas de diferente composición, cronoloxía e grao de
meteorización favorecen a formación de distintos tipos de solos e, con iso, de diferentes
condicións para que se instale a vexetación e a fauna.
- Unhas condicións climáticas moi diversas con notables constantes entre as rexións de clima
mediterráneo e oceánico, e entre estas e as que se dan no arquipiélago de Canarias. Ademais,
tanto no territorio peninsular como nos arquipiélagos hai unha gran diversidade de climas
locais, en función da altitude dos territorios e a súa diferente exposición ás masas de aire.
- A distribución dos recursos hídricos, moi desigual en España, tanto espacial coma
estacionalmente, o que tamén inflúe na localización da flora e a fauna:
· Nas rexións de clima oceánico ou en numerosas áreas de montaña, a auga achegada pola
precipitación supera a que é consumida pola evaporación, polo que un volume considerable
pode circular polos ríos.
· En contrapartida, nas rexións mediterráneas e en amplos sectores de Canarias, a maior parte
da auga de chuvia evapórase ou é empregada polos seres vivos, por estas causas, na
maioría dos casos, os cursos de auga só se activan tras as chuvias torrenciais. Moitas
especies desenvolveron mecanismos para adaptarse a estes contrastes.
- A incidencia da actividade humana sobre a biodiversidade tivo consecuencias de diferente
signo.
· Nunhas ocasións contribuíu á diversificación de ecosistemas -por exemplo, mediante
algunhas prácticas agrarias-, ou á conservación dalgunhas especies, sobre todo aquelas das
que se podía beneficiar.
· Noutras, en cambio, favoreceu a súa extinción. Na actualidade, existen notables contrastes
entre áreas intensamente explotadas durante séculos, e outras que, ao quedaren nunha
posición marxinal dos fluxos económicos, preservaron boa parte da súa biodiversidade.
Nas últimas décadas o número de especies amenazadas incrementouse significativamente;
sobre todo, o daqueles que se atopan en perigo de extinción. O maior número de especies
ameazadas rexístrase entre as aves, seguidas da flora e, a maior distancia, dos mamíferos e
os réptiles. Este incremento está moi vinculado á expansión de actividades humanas que
implican, directa ou indirectamente, a destrucción de hábitats e a contaminación do medio. Non
obstante, este proceso coincide no tempo cunha etapa en que se están desenvolvendo
numerosas estratexias de conservación, polo que cabe esperar que, nun futuro próximo, se
reduza o grao de ameaza.
Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións.
Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións
(Os transvases, a desalinización, a recuperación dos acuíferos e o saneamento dos ríos)
España é un terriotroio onde a auga é escasa e está desigualmente repartida. Podemos
considerar a España como un área xeográfica árida porque as precipitacións unicamente
superan os 1000 mm anuais nos lugares de clima propiamente oceánico, onde chegan os
efectos das borrascas atlánticas, e nalgunhas zonas de montaña. Nas terras de clima interior
e mediterráneo as chuvias son escasas e irregulares, con veráns secos, e con intensa
evaporación. Do elevado grao de aridez de boa parte das terras de España derívase a
escaseza dos seus recursos hídricos.
As confederacións hidrográficas son entidades adscritas ao Ministerio de Medio
Ambiente que teñen como función xestionar os recursos hídricos do territorio que se lles
asignou. Os recursos hídricos son importantes nas confederacións do Norte, Douro, Texo e
Ebro. Pola contra mañteñen un precario equilibrio as do Guadiana, Xúcar, Pirineo Oriental
e Canarias e son claramente deficitarias as confederacións do Guadalquivir, Sur, Segura e
Baleares. Por elo, as políticas hídricas están orientadas á obtención de auga. Cabe
diferenciar entre a política de transvasamentos, a desalinización da auga do mar, a recuperación
dos acuíferos e os plans de saneamento dos ríos.
As políticas de transvasamentos
A desigual distribución dos recursos hídricos presentou a posibilidade dunha política de
transvasamentos, ao derivar augan dun río a outro. De feito o abastecemento de cidades
como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Murcia, Alacante, Sevilla ou Cádiz depende de
pequenos transvasamentos de augas e de complexos sistemas de distribución.
Para levar a cabo grandes transvasamentos son necesarias obras que, en ocasións,
atopan unha forte oposición. De feito, dos proxectos existentes, unicamente se cumpriu a
primeira fase do transvasamento Texo-Segura. A condución de auga a gran distancia require
custosos traballos de enxeñaría e de bombeo, e pérdese moita auga por evaporación.
Doutra banda, a cesión de caudais dun río a outro pode producir cambios nos acuíferos,
limitacións para ampliar o uso da auga nas cuncas fluviais de orixe, e tamén producir cambios
na achega de sedimentos. Parece que se abandonou o polémico Plan Hidrolóxico Nacional
que propuña unha serie de medidas entre as cales salientaba o transvasamento de caudais
do Ebro cara ás terras deficitarias de auga de Levante e do Sur.
A desalinización da auga do mar
Na actualidade, búscase satisfacer a demanda de auga das áreas deficitarias coa
instalación de plantas desalgadoras. Esta solución resulta custosa e o seu funcionamento
consume moita enerxía. No entanto, a técnica para desalgar a auga do mar está a realizar
numerosos progresos para abaratar os seus custose mais o seu consumo de enerxía, e a
agua que se obtén é de boa calidade. En España funcionan plantas desalgadoras nas illas
Canarias e Almería, e estanse a construír novas instalacións ao longo da costa mediterránea.
A recuperación dos acuíferos
As augas subterráneas, cuxa renovación pode representar decenas de milleiros de
anos, explótanse a partir da perforación de pozos e o bombeo de auga. Este aproveitamento
foi moi intenso nas terras mediterráneas, para regar as hortas, e tamén para aquelas terras
que non contan con outro recurso hídrico, como o Campo de Níxar, áreas do Maestrazgo e
algúns lugares da Mancha. A extracción de auga dos acuíferos non soamente fixo diminuír
o seu nivel, senón que tamén provocou o desecamento total ou parcial de áreas lacustres
e palustres.
Nas áreas litorais, o risco máis grave é a salinización da auga dos acuíferos. Para poder
extraer auga doce, as perforacións alcanzaron ás veces os 600 m de profundidade. A falta
de presión da auga doce rompe o equilibrio entre a presión que exerce esta e a auga do mar,
que penetra nos acuíferos e provoca a salinización dos solos de cultivo e a perda da súa
fertilidade. Esta auga non é apta para algúns usos industriais nin para o consumo.
A crecente urbanización da costa mediterránea e a agricultura e mais a gandaría
intensiva favoreceron a filtración das augas residuais, xurros e produtos químicos que
corromperon a calidade de moitas augas subterráneas. Para resolver estes problemas
actualmente se propón inxectar auga para recargar algúns acuíferos e proceder á depuración
das augas que conteñen.
Os plans de saneamento dos ríos En España aplícanse plans de saneamento dos ríos coa finalidade de reducir a
progresiva deterioración da calidade das súas augas e acadar un bo estado ecolóxico, o que
significa que os seus leitos van poder ter a capacidade de xerar vida.
Estes plans supoñen un maior control sobre as verteduras industriais e urbanas, así como a
instalación de colectores e plantas depuradoras de auga,para converter algúns ríos cloaca en ríos de augas
limpas. Algúns exemplos témolos nos ríos Ego (País Vasco), Cuadiaro (Andalucía) ou Besós (Cataluña).
Un dos obxectivos do Plan Nacional de Calidade das Augas 2007-2015 é a restauración dos ríos españois co fin de devolver ao seu estado natural ríos, corgos,regueiros e brañais.
Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España.
España caracterízase por unha gran diversidade de tempo atmosférico e de climas, que é o resultado da combinación dun amplo número de factores e de elementos climáticos. Os factores son os aspectos que exercen unha influencia permanente e inalterable sobre o clima. Poden agruparse en dous conxuntos: factores xeográficos e factores termodinámicos.
Os factores xeográficos
Os factores xeográficos que explican os climas españois son a latitude, a situación, a influencia do mar e o relevo.
a) A latitude de España, situada na zona temperada do hemisferio norte, determina a existencia de dúas estacións ben marcadas (verán e inverno), separadas por dúas de transición (primavera e outono). En Canarias, pola súa localización no extremo sur da zona temperada, en contacto co dominio intertropical, os contrastes entre estacións son menos marcados.
b) A situación da Península, entre dúas masas de auga de caracterísitcas térmicas distintas (o océano Atlántico e o mar Mediterráneo) en entre dous continentes (Europa e África) convértea nunha encrucillada de masas de aire de características distintas. Canarias recibe tamén influencias atmosféricas variadas debido á súa insularidade e á súa proximidade ás costas africanas.
c) A influencia do mar é escasa na Península, froito da súa grande anchura, das súas costas pouco recortadas e da existencia de relevos montañosos paralelos á costa. Este feito establece claras diferencias entre unha estreita periferia, aberta ó mar, e un ancho núcleo de terras interiores con tendencia climática continental. Pola súa parte, a influencia do mar é decisiva nos dous arquipiélagos.
d) O relevo inflúe tamén no clima a causa da disposición, da altura e da orientación.
- A disposición do relevo peninsular ten variadas repercusións.
· Os sistemas montañosos paralelos á costa frean a influencia do mar, que só penetra con claridade polo val do Guadalquivir.
· A posición (oeste-leste) da maioría dos relevos montañosos, favorece a entrada de masas de aire marítimo do oeste. Non obstante, o carácter macizo da Península fai que diminúa a súa actividade ó penetrar no interior e que as súas temperaturas se extremen.
· As concas pechadas por montañas, como as depresións do Douro e do Ebro, teñen precipitacións escasas (as masas de aire descargan a súa humidade nos sistemas montañosos que as bordean) e néboas frecuentes causadas polo estancamento do aire.
- A altura fai disminuír as temperaturas (aproximadamente 6º por cada 1000 metros de ascenso) e determina precipitacións orográficas nas ladeiras de barlovento, precipitacións "ocultas" (escarcha e rocío) e precipitacións "horizontais" (producidas polas nubes).
- A orientación crea contrastes climáticos entre os solleiros e as umbrías.
Os factores termodinámicos
Os factores termodinámicos do clima son os responsables da circulación atmosférica ou sucesión de masas de aire, que determina os distintos tipos de tempo atmosférico e de clima.
A circulación atmosférica está rexida en altura pola corrente en chorro e, en superficie, polos centros de acción, as masas de aire e as frontes.
1. A circulación en altura: a corrente en chorro
Na zona temperada na que se sitúa España, a cirulación atmosférica en altura está dirixida pola corrente en chorro ou jet stream. Trátase dunha forte corrente de vento, de estructura tubular, que circula en dirección oeste-leste entre os nove e os once quilómetros de altitude, na diferencia de altura existentente entre a tropopausa polar e a tropical. O chorro separa as baixas presións que hai sobre o polo en altura, que quedan á esquerda da súa traxectoria, das altas presións tropicais, situadas á súa dereita.
A corrente en chorro é a responsable do tempo en superficie. Este depende das variacións que experimenta a velocidade da corrente e dos seus desprazamentos estacionais.
- A velocidade da corrente é variable. Cando circula rápido (a máis de 150 km./h), presenta suaves ondulacións e ten un trazado case zonal (oeste-leste), con suaves ondulacións, que corresponden en superficie coa fronte polar e as súas borrascas. Pero cando a súa velocidade diminúe, describe profundas ondulacións: cristas ou dorsais que orixinan altas presións e vales ou valgadas que orixinan baixas presións. Ambas as dúas reflíctense en superficie e dan lugar a anticiclóns e borrascas dinámicos. As ondulacións, que poden chegar a desprenderse do chorro principal, permítenlle ó aire polar penetrar moi ó sur, e ó aire tropical desprazarse cara ó norte, o que lle dá gran variabilidade ó tempo da zona temperada.
- Os desprazamentos estacionais do chorro en latitude determinan que afecte a España principalmente en inverno, mentres que en verán se traslada cara a latitudes máis setrentionais e, polo xeral, só incide na franxa cantábrica peninsular.
2. A circulación en superficie: centros de acción, masas de aire e frontes
A circulación atmosférica está dirixida polos centros de acción, polas masas de aire e polas frontes:
a) Os centros de acción son áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica é o peso do aire sobre unha unidade de superficie. Mídese en milibares (mb) mediante o barómetro e represéntase nos mapas do tempo mediante as isóbaras ou liñas que unen puntos con igual presión. Nestes mapas, as isóbaras van de 4 en 4 mb. A presión normal é de 1013,5 mb, aínda que nos mapas do tempo adoite considerarse un valor de 1016 mb.
Unha alta presión ou anticiclón é unha zona de altas presións rodeada por outras de presión máis baixa. Os ventos circulan ó seu arredor no sentido das agullas do reloxo. Produce tempo estable. Unha baixa presión, depresión, borrasca ou ciclón é unha zona de baixas presións rodeada doutras de presión máis baixa. Os ventos circulan ó seu arredor no sentido das agullas do reloxo. Produce tempo estable. Unha baixa presión, depresión, borrasca ou ciclón é unha zona de baixas presións rodeada doutras de presión máis alta. Os ventos circulan ó seu arredor en sentido contrario ó das agullas do reloxo. Produce tempo inestable, frencuetemente chuvioso.
Pola súa orixe, os centros de acción poden ser térmicos ou dinámicos:
- Un anticiclón térmico fórmase cando unha masa de aire arrefría: o aire frío pesa máis, descene e exerce unha alta presión. Unha baixa térmica fórmase cando o aire se quenta: o aire quente pesa menos, elévase e exerce unha baixa presión.
- Os centros de acción dinámicos fórmanse en determinadas zonas nas que en altura a corrente en chorro forma cristas (áreas anticiclónicas) ou valgadas (áreas depresionarias), que se reflicten en superficie.
Os centros de acción que dirixen a circulación sobre a Península son os seguintes:
- Centros de acción anticiclónicos: o anticiclón das Azores, que no verán se despraza cara ó norte e no inverno cara ó sur; os anticiclóns polares atlánticos; o anticiclón escandinavo, e os anticiclóns térmicos do continente europeo e do interior da Península, formados polo arrefriamento do chan en inverno.
- Centros de acción depresionarios: a depresión de Islandia; a depresión do golfo de Xénova, formada cnado posicións de aire frío continental europeo chegan ó Mediterráneo, máis cálido e húmido, e as depresións térmicas do norte de África e do interior peninsular formadas polo quentamento do chan en verán.
b) As masas de aire son porcións de aire cunhas características determinadas de temperatura, humidade e presión. Estas características adquírenas nas súas rexións de orixe, tamén chamadas rexións mananciais. Debido á latitude de España, as rexións mananciais das que proceden as masas de aire que lle afectan son a zona ártica (A), a zona polar (P) e a zona tropical (T). As dúas primeiras dan lugar a masas de aire frías e a terceira orixina masas de aire cálidas. Nos tres casos, e dependendo da superficie da rexión de orixe, poden ser masas de aire marítimas húmidas (m) ou masas de aire continentais secas (c).
Estas caracterísitcas orixinais pódense modificar se as masas de aire percorren grandes distancias. Unha masa de aire fría que descende en latitude, requéntase pola base e inestabilízase; pola contra, unha masa de aire cálida que ascende en latitude arrefríase pola base e estabilízase. Unha masa de aire orixinariamente seca que realiza un percorrido mariño, humedécese e inestabilízase; unha masa de aire orixinariamente húmida que realiza un percorrido continental, desécase e estabilízase.
c) As frontes son superficies que separan dúas masas de aire de características distintas. Polo tanto, a ambos os dous lados dunha fronte prodúcese un cambio brusco das propiedades do aire. A fonte máis importante para España é a fronte polar, que separa as masas de aire tropical e polar. As súas ondulacións constitúen as borrascas de dúas frontes, cálida e fría, separadas por un sector cálido. Como a fronte fría avanza máis rapidamente, o sector cálido estréitase ata desaparecer (oclusión). Con iso remata a enerxía da borrasca.
Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/diversidade-climatica/tema/
Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es
Formación e evolución xeomorfolóxica da P. I. e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais.
TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUCTURAIS:
Unidades morfoestructurais son as formas e a disposición interna que adopta o relevo.
Resultan de movementos tectónicos que se orixinan no interior da Terra e dan lugar a
levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuación da
erosión e da sedimentación. Ambos procesos están condicionados pola natureza das rochas.
Na Península atópanse presentes as grandes unidades morofestructurais do relevo
continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, e concas sedimentarias ou
depresións.
a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como
resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses (formación de
montañas) desta mesma era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa,
cuarcita e xistos. Son moi ríxidas, polo que, ante novos empuxes oroxénicos, non se pregan
senón que se fracturan ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos predominantemente
horizontais, que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península.
b) Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento
(rexuvenecemento) dun bloque ou dun zócolo como consecuencia dos movementos oroxénicos
alpinos. Polo tanto, os seus materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade, estes macizos
presentan cumes suaves e arredondados, ó ser superficies de erosió elevadas. Na Península, son
macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo
Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica.
c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas que xurdiron na
oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente
calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distínguense dous tipos:
- Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos
dos zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica).
- Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais
ou fosas mariñas longas e profundas (Pirineos e cordilleiras Béticas).
Na actualidade as cordilleiras de pregamento presentan fortes pendentes e formas
escarpadas, xa que, pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou.
d) As concas sedimentarias ou depresións son zonas afundidas formadas na era terciaria
e cheas con sedimentos, principalmente de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas
sedimentarias son de dous tipos:
- As concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócalo a causa
das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e
Guadiana).
- As depresións prealpinas, localizadas a ambos lados das cordilleiras alpinas (depresións
do Ebro e do Guadalquivir). A súa orixe explicouse pola descompresión posterior ó
levantamento das cordilleiras, que provocou o afundimento dalgúns fragmentos; ou porque,
ó levantarse os antigos xeoxinclinais, quedaron nos seus flancos fosas mariñas pouco
profundas que acabaron colmándose.
Hoxe estas concas sedimentarias son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque
non foron afectados por oroxéneses posteriores.
FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS
O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que
se alternaron fases oroxénicas coun outras de calma, nas que predominou a erosión e a
sedimentación.
a) Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha
banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda
a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos
Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto
case na súa totalidade polos mares paleozoicos.
b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese
herciniana. Dos mares que cubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras
hercinianas, formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ó oeste elevouse o Macizo
Hespérico, arradado pola erosión durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou
meseta inclinada cara ó Mediterráneo. Ó noroeste apareceron os macizos de Aquitania,
Catalano-Balear e do Ebro, e ó sueste, o Macizo Bético-Rifeño. Todos eles foron tamén
arrasados pola erosión e durante a era primaria convertidos en zócolos.
c) A era secundaria ou Mesozoico (225-68 millóns de anos) foi un período de calma no que
predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras hercinianas.
A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de transgresión
mariña, unha fonda penetración do mar, que deposito no seu bordo oriental unha cobertoira non
moi potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga). Tamén se depositaron
enormes espesuras de sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e
bética.
d) Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como
resultado desta:
- Levantaronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica
e bética entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pirineos entre os
macizos de Aquitania, Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras
Béticas, entre os macizos Bético-Rifeño e o Hespérico.
- Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o
macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pirineos, e a do Guadalquivir, paralela ás
Béticas.
- A Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara
ó Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos ríos
peninsulares. En segundo lugar formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu
bordo oriental pregáronse os materiais plásticos depositados polo mar na era secundaria,
orixinando a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da
Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas levantou Serra Morena. Por último, o zócolo da
Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Estas
últimas deron lugar á chamada estructura xermánica, constituida por bloques levantados
ou rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (fosas tectónicas ou graben). Os bloques
levantados formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central
e Montes de Toledo), e os afundidos crearon as depresións interiores ou concas
sedimentarias da Meseta (as das submeseta norte e sur). As fallas tamén deron lugar á
actividade volcánica en zonas como o Campo de Calatrava, Olot-Ampurdán e cabo de
Gata.
A partir dos movementos oroxénicos alpinos estableceuse a rede fluvial. Os ríos erosionaron
fortemente as cordileiras novas, crearon rañas (acumulacións de seixos ós pés das montañas)
e colmaron as depresións interiores e exteriores da Meseta, que actualmente son zonas
practicamente chás.
Nesta era tamén orixinouse o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias, cando a
oroxénse alpina rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes
masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas.
e) Durante a era cuaternaria (1,7 millóns de anos ata a actualidade) producíronse o
glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.
- O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pirineos, cordilleira Cantábrica, Sistema
Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de val.
Os glaciares de circo redúcense á cabeceira do val (circo). O xeo e o desxeo rompen as
rochas das paredes do circo, de modo que este faise cada vez maior e as súas formas fanse
ercarpadas. Na Península, pola súa latitude, a maior parte dos glaciares foron de circo e
cando se fundiron os xeos orixinaron pequenos lagos.
Os glaciares de val fórmanse cando a espesura do xeo acumulado no circo é grande. Entón
o xeo das capas inferiores desprázase val abaixo. O xeo contén fragmentos rochosos que
escavan o val, dándolle a típica forma de “U”. Tamén escavan pequenas cubetas que, ó
fundirse o xeo, se converten en lagos. Na Península, só os Pirineos se viron cubertos por
unha potente capa de xeo, da que partían glaciares que crearon vales en “U” e lagos.
- A época glaciar caracterizouse pola formación de terrazas fluviais, antigos chans de
inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As terrazas son froito das
alternancias climáticas do Cuaternario: nos períodos galciais, ó atoparse a auga xeada nas
montañas, os ríos perderon forza erosiva e depositaron aluvións no seu leito. Nos períodos
posglaciais, ó aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal e a forza erosiva
dos ríos, de modo que afondaron o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os aluvións
acumulados anteriormente, constituíndose así as terrazas. Os sucesivos ciclos glaciais e
posglaciais do Cuaternario deron lugar a terrazas graduadas. Na Península, as máis
características son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro
VOCABULARIO SELECTIVIDADE 2011-2012
Aluvión: Material case sempre detrítico que presenta unha granulometría diversa (gravas, areas, cantos) e forma depósitos sedimentarios de orixe fluvial. Estos materiais transportados polos ríos, sufriron o desgaste progresivo das súas aristas como consecuencia do choque e frotamento ó que estiveron sometidos.
Foz: Corte profundo, case vertical, que pode chegar a formar un río ao circular sobre materiais duros. Son formas propias do relevo cárstico e do relevo sobre rocas metamórficas.
Litosfera: Capa ríxida e sólida que constitúe a corteza exterior sólida do globo terrestre, situada por riba da astenosfera ou capa viscosa, e que abarca uns 50 Km baixo os continentes e 10 Km. Baixo os océanos. Os continentes e fondos mariños forman parte dela.
Meseta: Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficosde importancia e os seus rebordes poden ser montañosos. En España é a unidade pricipal do relevo peninsular, resto do antigo macizo surxido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordes montañosos.
Penechaira: Forma do relevo que soe ocupar grandes extensións e que, por efecto da erosión, presenta unha superficie suavemente ondulada, sen apenas diferenza de altura ente os vales e os interfluvios. Está formada por materiais antigos e erosionados.
Somontano ou pé de monte: Terreo ou rexión situado na ladeira dunha montaña. Terras chás, aínda que levemente inclinadas, formadas entre as serras exteriores e o centro da depresión do Ebro, que están constituídas por materiais grosos e duros dos relevos montañosos, transportados polos ríos.
Tectónica de placas: Teoría xeolóxica que explica os diferentes fenómenos xeolóxicos a partir dos movementos das placas litosféricas ríxidas sobre a aenosfera branda, movementos que se deben ás correntes de convección existentes no manto.
Aridez: A aridez é a relación entre a temperatura e a humidade nun espacio dado. A aridez aumenta coa temperatura e coa escaseza de precipitacións. Existen diversos índices para calculala: o índice de Gaussen mide a aridez mensual, un mes é árido cando 2TºC ≥ Pmm. O índice de Lautensach-Meyer determina a aridez xeral dunha zona a partir do número de meses con déficit de agua (menos de 30mm de precipitación).
Barlovento: Parte dun relevo ou zona orientada cara ó lugar de onde vén o vento. É dicir, ladera dun relevo montañoso exposta ao fluxo ascendente do vento. Ao elevarse o aire, arrefríase, se condensa o vapor de auga que contén e produce precipitacións. En España, a ladera de barlovento dependerá de onde proceda a masa de aire húmida e a disposición do relevo; por exemplo na Cordillera Cantábrica será a vertente norte. Oponse a sotavento.
Inversión térmica: Aumento da temperatura do aire ó aumenta-la altura, cando debera de disminuir segundo o gradiente térmico normal. Así atopamos o aire máis quente sobre o máis frío. E un fenómeno que se produce sobre todo no inverno cando o aire frío, máis pesado, acumúlase no fondo dos vales. Isto débese a que a superficie de contacto co chan, a baixas temperaturas, é maior nas zonas baixas que nos cumes.
Isóbara: Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha mesma presión atmosférica. Nos mapas do tempo, as isobaras trazanse cada 4mbs. Cando o seu valor supera o da presión normal (1013mb) constitúen anticiclones, cando se sitúa por baixo, borrascas.
Isohieta: Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran a mesma cantidade de precipitacións. O seu valor exprésase en mm. En España os valores máis elevados (superiores a 800mm) corresponden ás zonas montañosas e ao norte peninsular; os valores máis baixos (inferiores a 300mm) danse na zona do sureste peninsular e nas illas de Lanzarote e Fuerteventura.
Umbría: É unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val expostas á sombra e oposta á solana. As súas temperaturas máis baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis amplos. En España é a orientada ao norte.
Cunca fluvial: É a rexión na que as augas se escurren seguindo liñas converxentes e que constitúe a área de alimentación dun río. A delimitación das cuncas hidrográficas en España débese a que o relevo marca claramente as liñas divisorias de augas. Cada cunca organízase administrativamente desde 1926 dentro dunha Confederación Hidrográfica, coa finalidade de estudar e explotar as infraestructuras no territorio da cuenca, e xestionar o dominio público hidráulico da mesma.
Estiaxe: Periodo durante o cal os ríos ou outras correntes de auga alcanzan o seu caudal máis baixo. A este nivel dáselle o nivel 0 e, a partir del, mídese a altura das augas. En España, os estiaxes son especialmente acusados nos ríos mediterráneos da metade meridional da Península.
Marisma: Terreo pantanoso, de auga salada, situado nas proximidades da costa, case sempre próximo ás desembocaduras de ríos. Un exemplo en España serían as marismas do Guadalquivir.
Laurisilva: Tipo de bosque que se localiza nalgunhas illas dos arquipiélagos das Azores, Madeira e Canarias. É moi esixente en humidade, e prefire as vertentes das illas montañosas onde se forman néboas frecuentes. Ao non existiren grandes contrastes estacionais, a maior parte das especies non perden a folla durante todo o ano. O estrato arbóreo está formado por diversas especies, polo que se trata dun bosque pluriespecífico.
Maquis: Matogueira arbustiva que pode alcanzar dous metros de altura, composto, entre outras especies, por lestiscos e palmeiras.
Vexetación clímax: Vexetación que se estableceu por sí mesma nun determinado lugar, en determinadas condicións climáticas, en ausencia de accións antrópicas por un longo tempo, é dicir, é o estado de equilibrio ou cuasi equilibrio asintótico dun ecosistema local.
Vexetación antrópica: Vexetación introducida polo home nun espacio determinado da biosfera polo seu valor económico, ou a degradación da cuberta vexetal existente. Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana, denomínase vexetación secundaria. Un exemplo sería a repoboación de piñeiros e eucaliptos na paisaxe vexetal de clima oceánico
Esteiro:Desembocadura dun río cuio cauce se ensancha en forma de V, e dento do cal a marea flúe e reflúe. A maioría dos esteiros son resultado dunha elevación relativa do nivel do mar; e en algúns acumúlanse depósitos mentras que outros mantéñense relativamente libre por efecto do refluxo da marea.
Landa:Formación arbustiva leñosa e densa, que aparece nas zonas de clima oceánico de solos pobres. Constitúe unha degradación do bosque caducifolio ó degradarse por sobreexplotación ou incendio. As especies máis comúns son o toxo, a xesta e o breixo. Adoita usarse como cama para os animais e como abono.
Ría:Entrante costeiro que resulta da invasión do mar no tramo final dun val fluvial. Algunhas son curtas e de boca estreita e outras amplas e profundas (en embudo).
Tómbolo:Illotes rochosos unidos ao litoral por unha barra de area. Poden ser dobres cando son dúas as barras areentas quedando entón unha lagoa entre ambas as dúas.
Avaliación de impacto ambiental:Procedemento administrativo que permite identificar os posibles efectos amtientais dunha acción humana durante a fase en que aínda está en proxecto, propoñendo medidas para evitalos, reducilos ou compensalos. Por exemplo, antes de realizar unha estrada, unha presa ou un porto, analízanse as posibles consecuencias ambientais e establécense medidas para diminuír os efectos negativos que esa obra poida ter sobre o medio.
Ecosistema:Comunidade natural unitaria ou, polo menos, homoxénea integrada por uns determinados seres vivos (animais, plantas, bacterias), compoñentes abióticos (o ambiente físico) e uns fluxos de enerxía e materiais.
Efecto invernadoiro:Situación que se dá no planeta de forma natural pero que, nas últimas décadas, se acentuou pola actividade humana. A acumulación de emisións de gases procedentes da queima de combustibles fósiles crea unha capa que, como o teito dun invernadoiro, impide saír ao espazo a calor emitida pola terra e os océanos. Esta calor acumúlase e favorece o quecemento global.
Paisaxe:Calquera parte do territorio, tal como é percibida polas poboacións, cuxo carácter resulta da acción de factores naturais ou humanos e das súas interrelacións.
Acuicultura: Técnica de cultivo de especies accuáticas vexetais e animais en ambientes físicos controlados, co obxectivo de mater as condicións que estas especies atopan no seu ambiente natural.
Agricultura ecolóxica: Tipo de agricultura que prescinde de utilizar produtos químicos (fretilizantas, insecticidas, sementes modificadas, etc.) para aumentar a fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso de fármacos nas explotacións gandeiras. Supón apostar por unha menor produtividade, a cambio de produtos máis saudables e un maior respecto ás candicións ambientais de cada área. A súa maior limitación é que se obteñen produtos máis custosos e, por tanto, de prezos algo superiores no mercado.
Denominación de orixe: Certificación de calidade que se outorga a produtos dun determinado territorio do que toman o seu nome, que asegura certas características comúns que todos deben cumprir. Resulta cada vez máis frecuente en produtos agrarios (viños, aceites, carnes, legumes, queixos, doces, etc.).
Desagrarización: Proceso de reducción do emprego agrario, ante o maior dinamismo doutras actividades e a mecanización das tarefas do campo.
Explotación intensiva: Forma de explotación agraria localizada sobre unha superficie reducida de terreo, que proporciona altos rendementos grazas aos elevados investimentos que recibe en traballo ou no emprego de técnicas avanzadas.
Política Agrícola Común (PAC): Política europea composta por unha serie de normas e mecanismos que regulan a produción, o comercio e o tratamento dos produtos agrícolas na Unión Europea co fin de incrementar a produción agraria fomentando o progreso técnico, asegurando o desenvolvemento racional da produción agrícola e gandeira, así como o emprego óptimo dos factores de produción, en particular, da man de obra. O seu orzamento está cercano ao 50% do orzamento comunitario.
Política Pesqueira Comunitaria (PPC): Política europea que vai encamiñada a unha explotación sustentable do medio mariño e dos seus recursos e a fomentar o cultivo de especies polo sistema da acuicultura, así como a negociar acordos con países non comunitarios para poder pescar nos seus caladoiros.
Silvicultura: Explotación económica dos bosques, dos que se obtén, sobre todo, madeira, pero tamén, resina, froitos silvestres, etc.
Transxénicos: Plantas modificadas xeneticamente, é dicir, sometidas a unha alteración dos seus xenes procedentes doutros organismos para dotalas de certas propiedades: resistencia ás malas herbas e a certas pragas, maior rendemento, etc.
Economías de escala:Falamos de economía de escala cando unha empresa consigue aforrar custes en virtude da súa produción a grande escala. Pero empregamos o termo moitas veces en relación co concepto de economías externas; neste caso, o concepto expresa as vantaxes que para unha empresa comporta a súa localización nun determinado entorno: cando se produce unha concentración xeográfica das industrias, por exemplo, as fábricas benefícianse de infraestruturas colectivas e repártense o custe destas. Situadas perto dun grande mercado de consumo, por exemplo, economizan en gastos de transporte, benefícianse da concentración de man de obra especializada ou de incentivos fiscais,… Por iso, a concentración urbana e portuaria da actividade industrial responde a este efecto de economías de aglomeración, as cales, por saturación, poden dexenerar en deseconomías externas.
Enerxías renovables:Enerxías renovables son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.
Difusión industrial:Á hora de explicar a difusión industrial, tradicionalmente acudíuse ao modelo centro/periferia; este modelo de organización territorial explicaba a dualidade entre espazos industrializados e espazos dependentes -xurdidos a partir da Revolución Industrial no interior dos Estados (cidade/campo) e a nivel planetario (Norte/Sur, Primeiro/Terceiro Mundo). Nos tempos actuais, a difusión industrial corresponde a: 1) o espallamento da actividade industrial fóra dos núcleos urbanos e no entorno rural -por mor dunha menor cantidade de custes de instalación nestas áreas, e sabendo que as grandes aglomeracións urbanas ofrecen xa deseconomías externas-; 2) o fenómeno da deslocalización industrial, polo que -debido aos efectos da globalización económica- as principais empresas multinacionais (EMN) encamiñan os seus investimentos cara ás economías industriais emerxentes, onde gozan tamén de menores custes de explotación -sobre todo en man de obra-.
Fondos estruturais:Os Fondos Estruturais son instrumentos da Unión Europea encamiñados a promover un desenvolvemento armonioso do conxunto da Unión, encamiñados a reforzar a súa cohesión económica e social. No período 2007-2013, a Unión Europea conta con dous Fondos Estruturais: o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Fondo Social Europeo (FSE). OFEDERten como obxectivo reducir as diferenzas que existen entre os niveis de desenvolvemento das rexións europeas para que as rexións menos favorecidas se recuperen do retraso que sufren. Desde 1975 concede axudas para a construción de infraestruturas e a realización de investimentos produtivos capaces de xerar emprego, sobre todo en beneficio das empresas. O FSE, instaurado en 1958, está destinado a fomentar as oportunidades de emprego e movilidade xeográfica e profesional dos traballadores, así como facilitar a súa adaptación ás transformacións industriais e aos cambios dos sistemas de produción, especialmente mediante a formación e a reconversión profesional. Financia principalmente actividades de formación para favorecer a inserción profesional dos desempregados e dos sectores máis desfavorecidos da poboación.
Subcontratación:A subcontratación, outsourcing ou tercerización é o proceso económico no que unha empresa move ou destina os recursos orientados a cumplir certas tarefas cara a una empresa externa por medio dun contrato. Por exemplo, unha compañía dedicada ás demolicións pode subcontratar a unha empresa dedicada á evacuación de residuos para a tarefa de desfacerse dos escombros das unidades demolidas.
Industrias verdes:Unha industria verde é aquela na que o valor central non é o crecemento económico senón o desenvolvemento sostible -a través do respeto ao medio ambiente e o uso preferente de enerxías alternativas ou renovables-. Unha industria verde crea valor económico, medioambiental e social. Por tanto, nelas un valor fundamental é o de evitar a contaminación industrial e o deterioro da paisaxe.
Materias primas estratéxicas:No novo contexto de desenvolvemento industrial de potencias emerxentes como China, unha serie de materias primas estratéxicas acadan nos mercados internacionais un valor notable pola súa asociación a industrias de tecnoloxía punta e a escaseza das mesmas. En moitos casos estamos diante de recursos que son causa de guerras neo-imperialistas para abastecer ás grandes potencias industriais. Ademáis dos tradicionais petróleo, gas e uranio, están na lista outras que condicionan o crecemento da produción ou a riqueza mundiai e que son clave por razóns políticas ou estratéxicas para a economía das potencias, as grandes multinacionais e para o sector armamentista: coltan, diamantes, manganeso, cobalto, aluminio, cobre, xermanio, grafito, cromo, níquel, platino, titanio,…
Parque tecnolóxico:Un parque tecnológico é unha instalación industrial que: a) mantén relacións formais e operativas coas universidades, centros de investigación e outras institucións de educación superior; b) está diseñado para alentar a formación e crecemento de empresas baseadas no coñecemento e doutras organizacións de alto valor engadido pertencentes ao sector terciario, normalmente residentes no propio parque; c) posúe un organismo estable de xestión que impulsa a transferencia de tecnoloxía e fomenta a innovación entre as empresas e organizacións usuarias do parque.
Balanza de pagamentos:A balanza de pagamentos é unha conta que rexistra todas as transacións monetarias entre un país e o resto do mundo. Estas transacións poden incluír pagamentos polas exportacións e importacións do Estado en cuestión de bens, servizos, capital financieiro e transferencias financieiras. As fontes de fondos para un país (exportacións, ingresos por empréstimos e investimentos) rexístranse como datos positivos, mentres as importacións ou os investimentos en países estranxeiros se rexistran como datos negativos. Das subdivisións nas que se estrutura a balanza de pagamentos dun país, a balanza comercial é das máis coñecidas, na que entran o valor das exportacións e das importacións
Economía somerxida:Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais. Permite a subsistencia marxinal dun sector máis ou menos amplo da poboación que non recibe as contrapartidas sociais legalmente recoñecidas.
Ecoturismo:Chamamos ecoturismo a unha nova tendencia do Turismo Alternativo, diferente ao Turismo tradicional. Neste enfoque para as actividades turísticas priviléxiase asustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio natural e cultural; nesta alternativa turística preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o ambiente e a comunidade local, e mantendo sempre un respeto ético polas leis laborais e os dereitos humáns dos traballadores implicados.
Franquicia:Cadeas de establecementos pertencentes a empresas xuridicamente diestintas ligadas por un contrato no que unha (a franquiadora) lles concede a outras as concesionarias) a licenza para explotar unha marca ou unha fórmula comercial mediante o pagamento dunha cantidade determinada, achegándolle a asistencia, a publicidade, etc. Este feito, xunto a unha organización do espazo interno e a creación dun ambiente de seguridade e confort ambiental moi similares en todos os casos, confírelles unha personalidade bastante estandarizada. As empresas concesionarias aprovéitanse dos beneficios das compras centralizadas e das campañas publicitarias únicas.
Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte (PEIT):O Plan Estratéxico de Infraestruturas do Trasporte (PEIT), elaborado polo Ministerio de Fomento de España, é un plan que proxectaba actuacións en infraestruturas e transportes ao longo do período 2005-2020. A planificación permitía crear un marco estable para a política de transporte, coordinar os labores entre administracións e incorporar unha visión europea da política de transporte., fomentando a inserción das nosas vías de comunicación en eixos transeuropeos. Entre os obxectivos do PEIT están o fortalecemento da cohesión social e territorial, incrementar a calidade e seguridade do transporte, contribuir á movilidade sostible e atender á intermodalidade.
Taxas aeroportuarias:As taxas aeroportuarias son o prezo que en moitos países pagan os viaxeiros, tanto en voos nacionais como internacionais, polo uso dos aeroportos.
Tour operadores:Axencias intermediarias entre o establecemento turístico e as acencias retallistas. Ofrecen paquetes turísticos a un prezo global con todo incluído (transporte, aloxamento e pensión alimenticia).
oboación Activa:Poboación que ten un emprego ou que o busca. A poboación activa pode estar ocupada (aquela que desempeña un emprego remunerado) ou estar desocupada ou en paro.
Esperanza de Vida:Número medio de anos que unha persoa ao nacer espera vivir, supoñendo que as condicións de mortalidade permanezcan constantes.
Réxime Demográfico:Cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presenta características homoxéneas.
Censo de Poboación:O censo de poboación é o reconto da poboación dun país, que se refire a un momento determinado no tempo e que inclúe as súas características máis importantes, tanto de tipo sociodemográfico coma económico: idade, sexo, estado civil, lugar de nacemento, nacionalidade, nivel de instrución, actividade económica, etc. En España realízase cada dez anos; desde 1981, nos anos rematados en 1. É un documento estático que reflicte o estado da poboación no momento que se realiza.
Saldo Migratorio:Diferenza entre o número de inmigrantes e o de emigrantes nun determinado territorio. Se o balance é negativo, significa que hai máis emigración que inmigración; mentres que o balance positivo indica o contrario, máis inmigración cá emigración.
Taxa de Fecundidade:A taxa de fecundidade relaciona o número de nacementos nun ano co número de mulleres en idade de ter fillos, e exprésase en tantos por mil. A taxa de fecundidade é igual ao número de nacementos multiplicado por 1000, dividido polo número de mulleres entre 15 e 49 anos. A taxa é alta se o valor e superior a 150‰, media se está situada entre 150‰ e 75‰ e baixa se é inferior a 75‰.
Transición Demográfica:Etapa de transición entre o réxime demográfico antigo e o moderno que se caracteriza por un descenso brusco da mortalidade e un descenso suave da natalidade, o que xera un crecemento natural elevado. Para explicar cada etapa os demógrafos remiten ao chamado modelo de transición demográfica. Este modelo é unha teoría que serve para explicar como a poboación do Reino Unido pasou dun crecemento case nulo, debido a unha elevada mortalidade (réxime demográfico antigo), a un crecemento practicamente nulo tamén motivado por unha baixa natalidade (novo réxime demográfico). Este modelo aplícase á dinámica da poboación de moitos países europeos, entre eles España.
Padrón Municipal:O padrón municipal é un rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada cá don censo. A súa principal vantaxe é a de tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro municipio ten a obriga legal de empadroarse nel. De aí que sexa denominado padrón continuo de poboación. Isto quere dicir que en calquera momento se pode coñecer a cantidade de poboación dun municipio, así como as súas principais características. Este dato é de vital importancia para os concellos, xa que reciben reciben máis ou menos financiamento en función da poboación que teñan.
Área suburbana:Territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona de transición entre o núcleo urbano propiamente e o espazo rural adxacente.
Área metropolitana:Unha área ou zona metropolitana é unha rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo iso organizado dun xeito centralizado. Tamén se lle coñece como rede urbana.
O concepto de área metropolitana é indispensable para comprender a realidade urbana do noso tempo: se trata dun fenómeno que principalmente se desenvolve a partir do século XIX, relacionado nos seus inicios coa Revolución Industrial e que, sobre todo, a final do século XX afecta á maioría das cidades grandes e medias, xa non só producido polo desenvolvemento económico e social nos países desenvolvidos, senón tamén, debido ás altas taxas de crecemento demográfico, nos países emerxentes e do Tercer Mundo.
Cualificación do solo:Determinación do plan urbanístico consistente en detallar ou establecer pormenorizadamente o destino do chan previamente clasificado (urbano, urbanizable e non urbanizable). Con ela determínanse os usos e a edificabilidade (intensidade de ocupación por edificacións e tipoloxías edificatorias que deben realizarse en cada tipo de chan).
Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU):O Plan Xeral de Ordenación Urbana, (P.X.O.U.), é un instrumento de plan xeral definido na normativa urbanística de España como un instrumento básico de ordenación integral do territorio dun ou varios municipios, a través do cal se clasifica o chan, se determina o réxime aplicable a cada clase de chan, e se definen os elementos fundamentais do sistema de equipamentos do municipio en cuestión.
Unidade Veciñal de Absorción (UVA):Trátase dunha solución formulada durante os anos 50 e 60 do século XIX cando o masivo éxodo rural en Barcelona e Madrid produciu a creación de barrios e poboados chabolistas de crecemento espontáneo por todo a área suburbana das cidades. Entón empézase a aplicar un plan de Absorción do chabolismo horizontal e constrúense barrios de baixo custo con materiais pobres e edificios de moi baixa calidade en moitos casos de carácter temporal. Crean as Unidades de Absorción Veciñal que pretenden formular unha solución, pero que na práctica transforman o chabolismo horizontal nun chabolismo vertical de edificios paupérrimos con escasos servizos. Nacen así as UVAs ou Poboados Dirixidos que en Madrid se poden citar algúns como o de Hortaleza que aínda perdura, pero a lista é interminable.
Xentrificación:O aburguesamento, ou xentrificación é un proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio deteriorado e con pauperismo é progresivamente desprazada por outra dun maior nivel adquisitivo á vez que se renova. O termo é un neoloxismo que procede do inglés "gentrification". Deriva de gentry, que podería tal vez traducirse como fidalgo ou burgués. Propuxéronse outros termos como aburguesamento, elitización ou aristocratización. A gentrificación comeza cando un grupo de persoas de certo nivel económico descobren un barrio que, a pesar de estar degradado e descapitalizado, ofrece unha boa relación entre a calidade e o prezo e deciden instalarse nel. Estes barrios adoitan estar situados preto do centro da cidade ou contar con determinadas vantaxes, como estar situados preto de polos de emprego, etc.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
