martes, 15 de febrero de 2011

ESTRUCTURA DIRECTRICES E ORIENTACIÓNS EXAMES XEOGRAFIA 2010-2011

XEOGRAFÍA
Directrices e Orientacións
No documento que se presenta a continuación quedan reflectidas as directrices e
orientacións asumidas polo Grupo de Traballo de Xeografía para o ano 2011.
1. Marco lexislativo
A lexislación correspondente (Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece
a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG
23 de xuño de 2008) establece o currículo de Xeografía de 2º de bacharelato, de onde
se desprenden a) os OBXECTIVOS que debe alcanzar o ensino da Xeografía e b) os
CONTIDOS; polo tanto, qué debe ensinarse e qué debe aprender e coñecer o alumno.
Tendo como marco de referencia a lexislación vixente que regula as probas e as
condicións de acceso aos ensinos de grao, e os procedementos de admisión ás
universidades do Sistema Universitario de Galicia, non debe esquecerse que o modelo
de exame condiciona o ensino da materia; por iso entendemos que deban terse
presente os obxectivos do ensino da Xeografía ao elaborarmos os modelos de exame,
e con esa meta traballaremos cara ás próximas convocatorias.
2. Desenvolvemento do currículo
De acordo co establecido na normativa vixente, a materia de Xeografía estrutura os
contidos en seis bloques: o primeiro é de contidos comúns e abrangue as destrezas e
procedementos propios da Xeografía, e os cinco restantes corresponden a contidos
específicos.
Natureza e medio ambiente en España
Os coñecementos básicos que o alumnado ha de ter no que respecta a este bloque son
os relativos á diversidade da natureza en España así como ás paisaxes naturais
resultantes de devandita diversidade, e as repercusións ambientais consecuencia das
actuacións humanas, o que supón comprender a relación dos diferentes factores. O
alumnado ha de coñecer a evolución xeolóxica e as consecuencias deste proceso, tales
como as variedades litolóxicas, as formas do relevo ou as grandes unidades
morfoestruturais, entre outras. Debe coñecer, así mesmo, os factores de todo tipo que
explican os dominios climáticos de España, do mesmo xeito que a diversidade das
cuncas hidrográficas e dos réximes fluviais, relacionándoos cos elementos do relevo e
cos trazos climáticos. No referente á diversidade hídrica é necesario coñecer o relativo
ás políticas das augas. A diversidade bioxeográfica é outro dos contidos deste bloque,
e deberase facer fincapé nos factores de diversidade, nos tipos de paisaxes vexetais
resultantes e na composición e valoración do solo. Como síntese do anterior, o
alumnado debe saber interpretar as paisaxes, así como ter coñecementos sobre as
consecuencias da acción humana sobre o medio ambiente e as respostas e solucións
para a sustentabilidade ambiental. Ha de coñecer as figuras de protección ambiental e
o patrimonio natural de España, particularizando o relativo a Galicia.
Territorio e actividades económicas
Neste bloque trátase de que o alumnado coñeza a estrutura económica de España e
saiba relacionala cos factores ambientais, sociais, históricos ou políticos explicativos
desta. Así mesmo, debe saber interpretar as paisaxes resultantes da actividade
económica (agrarios, industriais, de servizos, turísticos etc.). Hanse de coñecer os
cambios e permanencias no sector primario, tendo en conta as transformacións
recentes na actividade agraria, na gandería, a pesca e a explotación forestal, e a súa
relación coas políticas da Unión Europea, así como as diferentes paisaxes agrarias
españolas froito destes procesos. Así mesmo son fundamentais os coñecementos
relativos á pesca e aos espazos pesqueiros. En canto ao sector industrial, deberán
coñecerse procesos e factores da industrialización española, os contrastes no tecido
industrial e a situación actual da industria, así como o relativo ao sector enerxético,
coa diversidade de fontes de enerxía. A terciarización da economía española é outro
dos procesos que debe coñecerse, incidindo en aspectos tales como o dos espazos de
consumo, a organización espacial dos servizos financeiros, os transportes e as
comunicacións e o seu papel na vertebración territorial, e os espazos turísticos
(proceso de desenvolvemento, paisaxes, impactos e políticas de ordenación). En todos
os casos, teranse en conta os impactos ambientais xerados pola actividade económica.
Particularizarase no territorio galego, sobre todo naqueles aspectos que teñan unha
maior incidencia.
Poboación e urbanización
En relación a este bloque de coñecemento o alumnado deberá coñecer os principais
trazos da poboación de España e os cambios recentes canto a dinámica, estrutura ou
distribución. Polo tanto ha de saber analizar e interpretar a dinámica demográfica, o
movemento natural e a mobilidade espacial da poboación facendo fincapé nos
cambios recentes en España relativos á emigración e inmigración; así mesmo hase de
saber analizar e interpretar a estrutura demográfica en relación ao sexo, á idade e á
actividade económica. Por outra banda hase de coñecer o proceso de urbanización en
España, o fenómeno urbano, incidindo nos distintos tipos de cidades ao longo deste,
nas transformacións na morfoloxía das cidades e no impacto ambiental da
urbanización. Particularizarase en Galicia, sobre todo nos aspectos cunha maior
singularidade no devandito territorio, tanto na dinámica demográfica como no sistema
de poboamento e na rede e xerarquía urbanas.
A organización político-administrativa española, contrastes e políticas rexionais
No referente a este bloque trátase de que o alumnado coñeza o proceso histórico da
organización territorial do Estado español, e o actual sistema das comunidades
autónomas; os contrastes e desequilibrios territoriais e as políticas rexionais. Incidirase
nas particularidades de Galicia canto á súa ordenación territorial así como na súa
posición no territorio español e a incidencia das políticas rexionais.
España en Europa e no Mundo
Neste bloque trátase de que o alumnado coñeza o concepto de globalización mundial,
o significado da Unión Europea e a posición e o papel de España no mundo
globalizado, en xeral, e na Unión Europea en particular. Hase de incidir nos seguintes
contidos: en primeiro lugar, nos procesos de mundialización, nas desigualdades
territoriais e no novo escenario xeopolítico; en segundo lugar, na posición de España
no espazo mundial, e particularmente na de Galicia; en terceiro lugar, na Unión
Europea: natureza e contrastes físicos, proceso de construción, estrutura e políticas
comunitarias; e en cuarto, na situación de España na UE, incidencia da aplicación das
políticas comunitarias, e o caso concreto de Galicia.
O bloque de contidos comúns é un tema transversal que fai referencia ás destrezas e
habilidades que ha de ter o alumnado na súa preparación xeográfica e que cabe
resumir nas seguintes: identificar e explicar a localización e distribución dos
fenómenos xeográficos e as súas implicacións; coñecer as fontes de información
propias da xeografía; ler e interpretar mapas e planos; analizar e interpretar as
paisaxes resultantes da relación de diferentes variables; ou coñecer e utilizar a
linguaxe xeográfica. En función destas esixencias establecemos os materiais que o
alumnado ha de saber traballar, estruturándoos por bloques de coñecemento.
Natureza e medio ambiente en España
Ler, analizar e interpretar perfís, mapas temáticos do relevo, da litoloxía, de solos,
climáticos, de formacións vexetais, de concas e vertentes hidrográficas.
Analizar mapas sinópticos de superficie, identificando os centros de acción e as
frontes, e facendo un comentario do tipo de tempo.
Comentar climogramas analizando os réximes térmicos e pluviométricos e, en función
destes, o dominio climático representado.
Analizar e comentar gráficos de réximes fluviais para relacionar as variacións
estacionais co sistema de alimentación da conca.
Territorio e actividades económicas
Ler, describir e explicar mapas temáticos de distribución de usos do solo, de variables
socioeconómicas, de localización de actividades ou de fluxos.
Analizar datos a partir da información presentada en táboas estatísticas ou en gráficos,
para explicar a evolución, a situación das distintas actividades económicas e as
consecuencias territoriais.
Comentar textos relacionados con cuestións actuais relativas aos sectores produtivos,
aos cambios recentes e aos seus impactos sobre o territorio, e comentar paisaxes das
actividades económicas no territorio.
Poboación e urbanización
Gráficos lineais que representen a evolución da poboación, do movemento natural e
doutros aspectos demográficos.
Pirámides de poboación para analizar a estrutura demográfica, os factores que
explican a devandita estrutura e as consecuencias que poidan derivarse.
Mapas temáticos onde se reflicta a situación das diferentes variables demográficas;
trátase de ler, interpretar e comentar a distribución da variable cartografada, os
factores explicativos, os contrastes e as consecuencias.
Mapas de fluxos sobre mobilidade humana.
Planos urbanos, para comentar aspectos tales como o proceso urbanizador en España
ou a estrutura das cidades.
Mapas de nodos e redes para comentar o sistema urbano, as relacións interurbanas e
as xerarquías urbanas.
A organización político-administrativa española, contrastes e políticas rexionais.
Mapas históricos de España que reflictan os cambios na división político-organizativa.
Mapas coas diferentes divisións político-administrativas.
Mapas temáticos a escala de comunidade autónoma onde se reflictan a diversidade
territorial en función de variables económicas, sociais ou ambientais.
Gráficos e táboas de datos estatísticos que reflictan a diversidade territorial
socioeconómica ou ambiental e as transformacións, e sobre a mundialización e os
desequilibrios.
España en Europa e no Mundo
Mapas físicos de Europa para que se analicen e comenten os aspectos relativos á
diversidade xeográfica do continente e se contextualice España.
Mapas que reflictan o proceso de construción da Unión Europea.
Mapas temáticos que reflictan a diversidade territorial da UE.
Gráficos e táboas de datos estatísticos que reflictan a diversidade territorial
socioeconómica ou ambiental, e as transformacións.
As probas de acceso
Estrutura
Tal como sinalamos con anterioridade, mantense a estrutura da proba de
acceso das convocatorias do curso 2009-10. Por conseguinte, as partes desta
son as seguintes:
Primeira pregunta: definir cinco conceptos xeográficos básicos relacionados cos
bloques de coñecemento. Trátase de que o alumnado saiba usar
axeitadamente a terminoloxía xeográfica.
Segunda pregunta: localizar e relacionar os elementos xeográficos que se
propoñan no documento de referencia.
Terceira pregunta: desenvolver unha pregunta teórica referida aos temas
principais dos bloques de coñecemento. Nesta pregunta incluiranse
orientacións para o seu desenvolvemento.
Cuarta pregunta: desenvolver unha pregunta práctica consistente na lectura,
interpretación, explicación e análise crítica dun documento gráfico relacionado
coas destrezas e habilidades xeográficas fundamentais, e que se recollen no
apartado anterior, estruturado por bloques de coñecemento.
3.2. Valoración da proba
A PRIMEIRA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 2 puntos (0,40 por
concepto definido correctamente). A resposta ha de ser breve, concreta e
precisa (que corresponda ao concepto). Valorarase a utilización de termos con
significado xeográfico.
A SEGUNDA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 2 puntos.
Valorarase a correcta localización e relación dos elementos xeográficos
solicitados.
A TERCEIRA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Hase de
responder ás cuestións seguindo as orientacións propostas; valorarase a
organización dos contidos nunha secuencia expositiva, o nivel explicativo do
seu desenvolvemento e a capacidade de establecer relacións comparativas,
ademais do uso do vocabulario xeográfico.
A CUARTA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Requírese a
correcta comprensión e interpretación do documento (superando a mera
descrición elemental), e sempre que sexa posible a explicación das causas dos
fenómenos representados e as posibles consecuencias derivadas. Especifícanse
os puntos básicos aos que debe atender a resposta:
· De carácter xeral. Tipoloxía da imaxe: sistema de representación,
información contida e estrutura (tipo de datos, escala); ámbito territorial,
secuencia temporal e significado respecto ao fenómeno tratado (por ex. no
caso dun gráfico de variacións de taxas de actividade, se o período temporal
constitúe unha ou varias etapas significativas).
· Comentario (análise e explicación) dos acontecementos reflectidos (por ex.
no caso dun diagrama climático, réxime de precipitacións e temperaturas)
aludindo aos aspectos relacionados (no caso anterior, situacións
atmosféricas e formacións vexetais asociadas).
· Comparación dos resultados comentados con aspectos ou feitos similares
noutros ámbitos territoriais ou durante outros períodos que axuden á
comprensión e explicación do fenómeno (por ex. nun gráfico de
inmigración, correntes *inmigratorias comparables noutros períodos ou
noutros ámbitos territoriais).
· Achega crítica, se é posible, sobre algún aspecto derivado da interpretación
do fenómeno no contexto mundial actual.
4. Relación de conceptos
Acuicultura
Plan Xeral de
Ordenación Municipal Sotavento
Acuífero Enerxías Alternativas Poboación Activa
Albufeira Ensanche
Política Agraria Común
(PAC)
Anticiclón Erosión Pregamento
Área Periurbana Especie Xerófila Produto Interior Bruto
Aridez Esperanza de Vida Provincia
Atmosfera Esteiro Rambla
Balanza de Pagamentos Estiaxe Reciclaxe
Barlovento Estrato Sedimentario Reconversión Industrial
Biosfera Explotación Intensiva Réxime de Tenencia
Borrasca Falla Réxime Demográfico
Campiña Fonte de Enerxía Réxime Fluvial
Caudal Fosa Tectónica Rexión
Censo de Poboación Fronte Rexión Pesqueira
Chuvia Aceda Glaciar Ría
Cidade Dormitorio Globalización Saldo Migratorio
Clima Hidrosfera Secaño
Cliserie I+D Sedimentación
Comunidade Autónoma Industria Básica Solaina
Concentración Parcelaria
Industria de Bens de
Consumo Solo Urbanizable
Contaminación
Atmosférica Inflación Taxa de Fecundidade
Contaminación Industrial Landa Tempo
Corrente en Chorro (Jet-
Stream) Litosfera Terciarización
Cunca Fluvial Maquis Terraza Fluvial
Déficit Comercial Meseta Tómbolo
Deforestación Microclima Transgresión Mariña
Delta Minifundio Transición Demográfica
Desertización Municipio UE (Unión Europea)
Devesa Oroxenia Vexetación Clímax
Economía Somerxida Parroquia Xerarquía Urbana
Edafoxénese Penichaira Zócolo
Efecto invernadoiro Placa Tectónica
5. Modelo de exame
XEOGRAFÍA
1.- Defina brevemente e con precisión os seguintes termos: erosión, réxime fluvial,
Landa, produto interior bruto, poboación activa. (Puntuación máxima de 2 puntos).
2.- Atendendo ao mapa, conteste as seguintes cuestión (puntuación máxima de 2
puntos):
a) cite as tres comunidades autónomas con maior produción de enerxía eólica.
b) indique as razóns xeográficas e económicas do aproveitamento desta fonte de
enerxía en España.
FONTE. http://www.ign.es/espmap/mapas_industria_bach/Industria_Mapa_05.htm
3.- Desenvolva a cuestión: Os problemas das cidades españolas (puntuación máxima 3
puntos)
Orientación para o desenvolvemento:
a) Problemas derivados da aglomeración e da difusión da urbanización
b) A contaminación atmosférica e o clima urbano
c) Os residuos urbanos
4.-Comente a seguinte figura (puntuación máxima 3 puntos):
0
10
20
30
40
50
60
70
80
90
100
X F M A MAI XÑ XL AG S O N D
0
20
40
60
80
100
120
140
160
180
200
Altitude, 454
m
X F M A MAI XÑ XL AG S O N D
Media/pp
total
ºC 6 6,7 9,3 11 13 16,2 18,1 18,7 16,8 13,1 8,9 6,2 12
mm 153 122 107 82 93 55 28 33 46 85 135 122 1.061
http://www.aularagon.org/files/espa/atlas/Climogramas.xls
Orientacións para o comentario:
a) Comente o réxime de precipitacións e a distribución das temperaturas.
b) Identifique e localice xeograficamente o clima. Explique os factores atmosféricos
e xeográficos que inflúen nel.
c) Sinale a influencia deste clima no medio.
6. Recursos