martes, 24 de abril de 2012

O SISTEMA URBANO GALEGO

As cidades do sistema urbano español constitúen unha rede urbana xerarquizada propia dun país industrializado. Estas exercen certa influencia cara á súa área circundante a partir das funcións e servizos que ofrecen. As cidades conforman unha rede de relacións e de influencias na súa área circundante porque son nós de comunicacións, centros de produción e distribución de bens e provedores de servizos. O territorio vinculado a unha cidade debido á atracción que esta exerce é o hinterland ou área de influencia, mentres que os núcleos que realizan esta atracción son os lugares centrais. Polo xeral, canto maior é a cidade, máis ampla á a gama de servizos e funcións que ofrece de xeito que, polo menos potencialmente, a súa área de influencia tamén é maior. Nun mundo globalizado, ás áreas de influencia transformáronse, xa que os medios de transporte e comunicación poden facer que esta área se estenda cada vez máis lonxe e de xeito máis intenso. Dentro dun mesmo sistema urbano existen grupos de cidades especialmente vinculadas entre si. Cada un deses grupos constitúe o que se denomina subsistema urbano, que pode ser entendido como un sistema que forma parte doutro maior. No sistema de cidades españolas pódense distinguir distintos subsistemas urbanos. O subsistema galego é un subsistema policéntrico, en que a capital da Comunidade Autónoma (Santiago de Compostela) se localiza nun lugar intermedio entre as dúas metrópoles rexionais (A Coruña e Vigo). As cidades concéntranse fortemente ao longo da costa occidental. Non existe unha gradación piramidal nos tamaños das cidades maiores, os núcleos urbanos manteñen relacións bidireccionais, non xerárquicas. A distribución dos centros urbanos galegos caracterízase polo acusado desequilibrio, tanto demográfico coma funcional, entre as provincias occidentais e as orientais. De xeito que o denominado Corredor Atlántico, que discorre entre as dúas rexións urbanas da Coruña-Ferrol e Pontevedra-Vigo, e que pasa por Santiago -capital rexional e nodo integrador entre o litoral e a Galicia interior-, concentra máis do 60% da poboación total, máis do 70% do emprego non agrario e arredor do 80% da renda rexional. Dentro da xerarquía urbana galega non existe un único núcleo que exerza un papel claramente reitor sobre o conxunto da comunidade autónoma, senón que predomina o policentrismo. Este modelo de organización territorial está composto por dúas ou máis cidades centrais, cunha ampla área de influencia, e un conxunto de cidades intermedias, que funcionan como subcentros e que aseguran un crecemento plural: - Dúas metrópoles rexionais (Vigo e A Coruña) que sustentan os servizos máis cualificados, un desenvolvido sector terciario e un sistema empresarial competitivo. - Cinco cidades medias (Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol) que exercen un papel equilibrador dentro do territorio, cunha certa especialización no sector servizos na maior parte dos casos. - Un numeroso conxunto de vilas, de tamaño moi variable, que constitúen pequenos focos de desenvolvemento, con equipamentos sanitarios, educativos, de ocio..., que serven a unha área de influencia que non adoita superar o nivel da propia comarca. Nos últimos anos, moitas pequenas e medianas empresas atoparon nestes núcleos un lugar axeitado para a súa localización, aproveitando o prezo inferior do solo industrial, o seu emprazamento nas pricipais vías de comunicación (Lalín, Monforte de Lemos, Verín...) Ou a súa proximidade aos recursos naturais (O Barco ou As Pontes). Cada unha das sete cidades galegas exerce un papel diferente na organización do territorio, cunha serie de funcións que, aínda que variaron ao longo do tempo, sintetizan o seu carácter e as actividades dos seus habitantes: • Vigo. A enorme importancia do porto de Vigo, que ocupa o primeiro posto nacional en canto a flota pesqueira, incidiu no acelerado desenvolvemento fabril da cidade a partir de 1970. A instalación de varios estaleiros, industrias de automoción, conserveiras, químicas..., así como a súa relevante función comercial, fan que a área de influencia de Vigo exceda a da súa ampla área metropolitana e abarque, incluso, o norte de Portugal. • A Coruña. Cidade de gran tradición comercial grazas á importancia do seu porto, A Coruña une actualmente esta función coa de sede financieira, coa localización de numerosas entidades bancarias e empresas complementarias que a converteron na capital de negocios de Galicia. As actividades xudiciais (acolle a Audiencia Territorial e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), administrativas e militares ocupan tamén a boa parte da súa poboación. • Ourense. Desde 1970, Ourense converteuse na terceira cidade de Galicia por volume demográfico. Actualmente, a administración e o comercio danlle traballo á maior parte da súa poboación, aínda que, o seu papel como nó de comunicacións ferroviarias e por estrada posibilitou a instalación de industrias téxtiles, alimentarias e de automoción no moderno polígono industrial de San Cibrán das Viñas. Ourense é a cidade galega que, proporcionalmente, máis medrou na última década. • Lugo. Como capital provincial e única cidade importante dunha extensa área rural, Lugo presenta unha clara especialización cara á administración pública pero, ao mesmo tempo, cumpre importantes funcións comerciais, sanitarias e educativas. • Santiago. As fondas raíces relixiosas e artísticas da Cidade do Apóstolo, fomentaron o actual desenvolvemento da actividade turística e a súa especialización no sector servizos. Santiago conta cunha das universidades máis antigas e de maior tradición de España. Así mesmo, destaca pola súa relevante comercial (alberga o Mercado Nacional de Gando), sanitaria (Hospital Clínico Universitario) e de comunicación terrestres e aéreas, co aeroporto internacional de Lavacolla. Desde a súa designación como capital galega reforzou as funcións de carácter administrativo. • Pontevedra. A máis pequena das capitais galegas viviu unha etapa de esplendor económico e demográfico, durante os séculos XV e XVI, grazas ao auxe das actividades comercial e pesqueira. Así e todo, a pesar da súa designación como capital provincial no século XIX, non acadou o dinamismo da área metropolitana de Vigo, cun escaso desenvolvemento fabril, e, na actualidade, cumpre funcións esencialmente administrativas. • Ferrol. Emprazada na marxe dereita da ría, nun entrante protexido por terra e mar, Ferrol baseou o seu desenvolvemento na función militar e na industria naval, converténdose, desde o século XVIII, nunha das cidades máis poboadas e dinámicas de Galicia. Non obstante, debido ás sucesivas crises dos estaleiros e á súa falta de diversificación económica, nas últimas décadas atópase sumida nunha recesión demográfica e económica que parece empezar a superar coa construción do porto exterior de Caneliñas. Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/calendario-de-eventos/o-sistema-urbano/practicos/p5/ Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es

COMENTARIO PLANO BARCELONA

COMENTARIO PLANO BARCELONA Barcelona, como aquellas ciudades con una larga historia, presenta un espacio complejo en el que pueden distinguirse diversas áreas correspondientes a las diferentes etapas del desarrollo urbano: el casco antiguo, el ensanche de mediados del XIX y primer tercio del XX y la periferia. 1. El casco antiguo a) Emplazamiento y situación. Su emplazamiento al lado del mar hizo que los romanos fundaran la ciudad entre el río Llobregat y Besós, encima de un asentamiento íbero, como asentamiento de acceso para la conquista peninsular. Su función principal era la defensiva, pero a partir del siglo II laciudad conoció una época de esplendor. Su situación como capital de Cataluña, una de las regiones más desarrolladas del país, y su tamaño (la segunda en población tras Madrid), hace que su influencia sea suprarregional, articulando todo el eje Mediterráneo, uno de los más importantes del país. Esto provoca que sus funciones sean muy específicas y especializadas. b) Análisis del plano. El plano anárquico propio de la ciudad medieval, que correspondería con el actual recinto histórico de Barcelona, propio de una ciudad no planificada. Sus calles son estrechas, cortas y retorcidas propias de un crecimiento orgánico. Poco queda del plano ortogonal creado por los romanos en su fundación. Desde entonces, las principales transformaciones del casco histórico han sido: El acondicionamiento y ampliación del paseo de las Ramblas, a finales del siglo XVIII, configurándose como la calle más ancha de la ciudad. Esto provocó el derribo de parte de la muralla de la ciudad. La creación de la Vía Layetana en 1907, que une el puerto con el ensanche. Es el ejemplo más claro de aperturas de grandes vías en los cascos históricos de la época industrial, derribando edificios anteriores y terciarizando el centro de la ciudad ahora es una de las calles más importantes de la ciudad. c) Análisis de la trama. Es cerrada y compacta, especialmente en el barrio gótico, debido a que el crecimiento de la ciudad se localizó durante siglos en el espacio intramuros. El espacio público es muy limitado. d) Análisis de la edificación. No se aprecia directamente en el plano, pero podemos decir que, en sus inicios, era de baja altura y, progresivamente, ha experimentado una verticalización. En él se localizan algunos de los edificios históricos más importantes de la ciudad (Catedral, barrio gótico...) e) Análisis de los usos del suelo. Los usos del suelo tradicionales eran residenciales, comerciales y artesanales sin ninguna zonificación. Estos usos han ido evolucionando hacia una terciarización, donde el uso residencial pierde terreno debido a la falta de accesibilidad y a los altos precios del suelo. La función turística también es importante en la ciudad, por lo que muchos usos están relacionados con el mismo (restaurantes, bares, hoteles, etc.). f) Problemas actuales que afectan al casco antiguo y posibles soluciones. Como en otras ciudades, los principales problemas del casco antiguo son el deterioro físico de calles y casas, lo que da lugar a un deterioro social que provoca un envejecimiento de la población, un vaciamiento del centro (desde 1974 a 1994 perdió el 40% de su población) y la localización de las clases marginales en el centro, especialmente inmigrantes. Esto provoca un deterioro ambiental que perjudica a la imagen de la ciudad. Estos hechos, unidos a la terciarización del suelo que provoca el vaciamiento del centro fuera de horas comerciales, han provocado políticas actuales de rehabilitación física y social del centro. En Barcelona, estas políticas comenzaron a finales de los años 80 a través de medidas como la rehabilitación de edificios, la creación de espacios verdes y el fomento de uso residencial. 2. El ensanche a) Causas que determinan el ensanche urbano. El crecimiento de la población y de la ciudad dentro de un recinto amurallado era algo insostenible para Barcelona, que en el siglo XIX se asentó como la segunda ciudad del país. La insalubridad y usos del suelo no compatibles con el residencial (cementerios o fábricas) hicieron que la mortalidad se disparara durante el s. XIX, especialmente entre las clases más pobres. Por ello, la burguesía vio necesaria la edificación de una nueva ciudad fuera de llímite establecido, mucho más ordenado e higiénico que la ciudad central, y el derribo delas murallas que oprimían el crecimiento de la ciudad, producido en 1854. b) Diferentes áreas que se pueden distinguir. El ensanche de Barcelona, ideado por Ildefonso Cerdá, es el más grande y perfecto desarrollo planificado que se ha conseguido en España, sirviendo de modelo para otras ciudades españolas, como Madrid, Palma de Mallorca o San Sebastián. Realizado a finales del siglo XIX, destaca por su plano ortogonal, sus amplias manzanas achaflanadas, sus anchas calles que facilitan el tráfico y sus dimensiones, muy superiores a la de la ciudad histórica, y que crean una ciudad mucho más saludable que la anterior. El plano ortogonal se rompe con la apertura de dos calles diagonales (la Diagonal y la Meridiana) que facilitan los desplazamientos a uno y otro lado. Todo el ensanche se localiza, fundamentalmente al oeste u norte de la ciudad. Cerdá diseñó el ensanche con una trama abierta, con grandes espacios verdes en el interior de la manzana, respondiendo a los preceptos higienistas de su proyecto. La edificación no era elevada. Todo ello daba una densidad de población muy inferior a la del centro de la ciudad. Sin embargo, la especulación y los altos precios del suelo en la zona han producido una densificación, que ha provocado que haya una tipología de manzana cerrada y con edificios desarrollados en vertical. En la actualidad, los ensanches suelen contener los CBD de las grandes ciudades, es decir, los distritos de negocios donde se localizan las sedes de las más importantes empresas, bancos y administración de la ciudad. Al ensanche de Barcelona se le une, además de su función de CBD y residencial, su función turística, ya que se localizan importantes monumentos modernistas (la Sagrada Familia, la casa Batlló de Gaudí o la plaza de toros Monumental). 3. La periferia. a) Causas del crecimiento de la periferia urbana. Desde 1950, Barcelona ha experimentado un gran crecimiento demográfico debido al baby boom y al éxodo rural. Este crecimiento ha ido paralelo a un crecimiento de la ciudad hasta unos límites difusos, donde la ciudad y el campo se confunden, dando lugar a las áreas periurbanas y suburbanas que aparecen en el mapa fuera del ensanche urbano, ocupando una extensión mucho mayor a la que ocupa el mapa. Esta tendencia se ha agravado ahora debido a la desurbanización, donde la gente busca la periferia para vivir despoblando el centro. b) Diferenciación de áreas en la periferia. La periferia de Barcelona comienza donde acaba el enorme ensanche de Cerdá, y su función es residencial en su mayor parte. Así, a finales del siglo XIX comenzaron las anexiones de los municipios que tenían una continuación física con el ensanche, como Horta, Gracia o Sarriá, principalmente al oeste de la ciudad. El encajamiento de la ciudad entre el mar y la Cordillera costero-catalana no ha permitido una gran expansión posterior dentro del espacio urbano de la ciudad, sino que se ha expandido siguiendo la línea de costa hacia municipios cercanos como Badalona u Hospitalet de Llobregat. Todas estas zonas presentan un plano más irregular que el del ensanche, aunque en algunas zonas se ha mantenido el plano en cuadrícula (barrio de Gracia). En cuanto a la edificación, varía entre la VPO del régimen franquista, normalmente en trama abierta; al predominio de la edificación privada desde los 80, también en trama abierta, aunque con mayor dotación de servicios y espacios verdes. En los últimos años también han surgido barrios de unifamiliares, que en Barcelona se localizan en las zonas de sierra del oeste de la ciudad. Junto a las áreas residenciales se localizan fuera del ensanche las áreas industriales más importantes. La zona franca, localizada al sur de ciudad entre el puerto y la ronda del litoral, es una gran zona industrial creada en torno a la actividad del puerto, uno de los más importantes del mediterráneo, y ocupa una extensión muy superior al casco antiguo de la ciudad. Además, en la periferia suelen aparecen otros usos del suelo que necesitan mucho espacio para su funcionamiento, como los grandes centros comerciales o de transporte como los aeropuertos. El de Barcelona (El Prat) se encuentra al sur de la ciudad. En general, los usos urbanos de las periferias tienden a la zonificación, a diferencia del centro urbano, no encontrándonos usos mezclados. c) Problemas actuales de estas zonas y posibles soluciones. Algunas de estas zonas periféricas sufren problemas de degradación como chabolismo o deterioro de los barrios obreros más antiguos, construidos en su mayor parte con una dotación insuficiente de servicios, para alojar a la gran masa de población que emigró a Barcelona en los años 50. Para ello, se están llevando a cabo programas de actuación que permiten erradicar estos problemas.

COMENTARIO DEL PLANO DE LA CIUDAD DE BARCELONA

El plano de una ciudad es la representación gráfica de las superficies construidas organizadas en manzanas y superficies libres (calles, plazas jardines, parques) que se suceden en el espacio y a través del tiempo, pudiendo diferenciar fundamentalmente tres grandes unidades morfológicas: el casco antiguo o histórico o ciudad preindustrial (

Gráfica da emigración galega

Galicia é, con 2.796.089 habitantes, a quinta comunidade de España con maior poboación, despois de Andalucía, Cataluña, Madrid e a Comunidade Valenciana, e en 2008 representaba o 6,03% da poboación española. As migracións condicionaron a progresiva perda de peso de Galicia na demografía española. Testemuñada desde o século XVIII, cando os campesiños galegos partían cara a Castela para traballar como xornaleiros, a emigración preséntase como un fenómeno inherente ao territorio galego. Polo tanto, o coñecemento dos procesos migratorios é fundamental para entender non só a estrutura da poboación, senón tamén a evolución económica e social de Galicia. No contexto dos movementos migratorios do século XX, hai que diferenciar dúas grandes etapas no referente aos destinos dos emigrantes que parten da nosa comunidade: a) As migracións transoceánicas (ata 1960). A mediados do século XX os galegos emigrados cara a Iberoamérica supuñan arredor do 33% do total nacional. As enormers posibilidades que ofrecían as nacións americanas, moi necesitadas de man de obra nas súas fases de creación, impulsaron as saídas masivas cara a países como Arxentina, Brasil ou Cuba. Durante varios anos superouse a cifra de 70.000 persoas embarcadas nos portos galegos, das que o 70% eran homes. Tras a finalización da Segunda Guerra Mundial, a mediados dos 40, o proceso migratorio revitalizouse, aínda que sen acadar as cantidades anteriores, e cobraron importancia novos destinos, como Venezuela, Uruguay ou, en menor medida, México e os Estados Unidos. En conxunto, as provincias occidentais superaron lixeiramente ás de Ourense e Lugo en rexistro de saídas, quizais pola proximidade aos portos da Coruña e Vigo, desde onde se realizaba a gran maioría dos embarques. b) A emigración cara a Europa. A partir de 1960, o estímulo das facilidades ofrecidas polos países de Europa occidental, inmersos nun importante proceso de industrialización tras a Segunda Guerra Mundial e o desenvolvemento posterior, favoreceu a marcha de man de obra cara a Alemaña, Francia, Suíza, Bélxica ou Gran Bretaña. Desde 1961 ata 1980 saíron dos portos galegos máis de 300.000 emigrantes, cunha porcentaxe maior de mulleres que na corrente transoceánica. Entre 1978 e 2008 o movemento migratorio experimentou importantes cambios de tendencia. Galicia pasou de ser emisora de emigrantes a receptora de inmigrantes. O retorno dos emigrantes é o máis importante de toda España. A emigración nacional iniciouse na década de 1980 despois de que a emigración internacional se paralizase como consecuencia da crise do petróleo de 1973. Os galegos emigraron ás principais áreas industriais de España. Por esta razón, o saldo migratorio de Galicia co resto das rexións españolas foi tradicionalmente negativo. Nos últimos anos esta tendencia variou ao se rexistrar un saldo positivo entre 1992 e 1994, en 2005 e, sobre todo, en 2008. As migracións interiores dentro do territorio galego seguiron a tendencia de instalarse nas zonas litorais, polo que moitas zonas do interior quedaron practicamente despoboadas. A inmigración estranxeira multiplicouse por máis de catro entre os anos 1999 e 2008. Dos pouco máis de 21.787 residentes estranxeiros rexistrados a comezos de 1999 acadouse a cifra de 95.568 persoas en 2008. A maioría dos inmigrantes procede da Unión Europea, principalmente de Portugal, que representa o 19,38% de todos os inmigrantes. Ségueno, en orde de importancia, Brasil, Colombia, Romanía e Marrocos. Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/calendario-de-eventos/a%20poboacion%20espa%c3%b1ola/practicos/p7/ Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es

Calcular e analizar o índice sintético de fecundidade dun concello, provincia, etc., a través dos datos do INE ou IGE

1.- Para analizar la fecundidad de Guatemala en 1985, disponemos de los datos de población por edad y de los nacimientos por edad de las madres. Edades Población Nacimientos Tasa de Edad media femenina al por edad de las fecundidad del grupo 30/6/85 madres ‰ 15-19 414.811 52.440 126,4 17,5 20-24 315.003 98.411 312,4 22,5 25-29 311.115 73.453 236,1 27,5 30-39 418.048 87.180 208,5 35 40-49 278.497 15.365 55,2 45 1.a. Calcular el Indice Sintético de Fecundidad (ISF) Sumamos las tasas de fecundidad, multiplicando por la longitud del intervalo: 126,4 . 5 + 312,4 . 5 + 236,1 . 5 + 208,5 . 10 + 55,2 . 10 = 6.011,7 Esto son nacimientos por 1000 mujeres. El ISF son los nacimientos medios para cada mujer, es decir aquí 6,01 hijos 1.b. ¿Cuál es el significado del ISF? Es una media de la fecundidad para las mujeres que tienen hijos en un momento determinado. Es el número de hijos que tendría un grupo de mujeres con tal de tener la fecundidad por edad del momento. Pero esto quiere decir que no es el nivel de fecundidad de una generación concreta. Por esto se habla de la fecundidad de una generación ficticia. 1.c. Calcular la Edad Media a la Maternidad (17,5 . 126,4 . 5 + 22,5 . 312,4 . 5 + 27,5 . 236,1 . 5 + 35 . 208,5 . 10 + 45 . 55,2 . 10) / 6.011,7 29,36 años 1.d.- Calcular la Tasa Bruta de Reproducción R = ISF . 0,488 = 6,01 . 0,488 = 2,93 hijas por mujer

Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros)

Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros) Gráficos e mapas sobre produción pesqueira e poboación ocupada neste sector España é unha potencia pesqueira de segundo nivel no mundo, pero é a máis importante da Unión Europea e a segunda do continente tras Noruega. Ten unha forta de 13.300 buques onde traballan unhas 60.000 persoas, e ao ano efectúa unhas capturas de 758.000 toneladas, equivalentes a uns ingresos de 1.600 millóns de euros. Mantívose unha antiga tradición pesqueira en boa parte do litoral, o que se relaciona cun elevado consumo de peixe (38 kg por persoa e ano), moi por riba da media europea e só inferior á do Xapón, Noruega e Portugal. Para cubrir esa demanda de peixe que existe en España, os recursos da plataforma continental próxima ás nosas cosas son insuficientes, polo que boa parte da frota faena en caladoiros afastados e, como complemento, un 30% do consumo corresponde a importados. O 90% das capturas corresponden a peixes, que supoñen o 80% do valor total da pesca desembarcada, destacando a crecente importancia do peixe conxelado en mar aberto, que xa constitúe máis dunha cuarta parte do total. As especies máis capturadas foron atún, bonito, bacallau e pescada (un terzo do total), xunto á sardiña, arenque e anchoa. O restante 10% das capturas correspondeu a crustáceos e moluscos, aínda que o seu valor de venda ascendeu ao 20% do desembarcado. Non obstante, a pesca é unha actividade en declive desde hai tempo, tanto polo número de mariñeiros, coma polo número de capturas ou de barcos. Algúns dos principais problemas do sector pesqueiro español son o carácter artesanal de boa parte da frota de baixura, a excesiva antigüidade dos buques, o envellecemento da poboación ocupada na pesca, o progresivo esgotamento dos caladeiros nacionais e a contaminación dalgunhas augas, as crecentes restriccións de pesca nas augas de numerosos países o que deu lugar a conflictos con Marrocos, Mauritania, Canadá... Todo isto obrigou a establecer políticas de apoio á actividade (que hoxe dependen na súa maior parte da Política Pesqueira Comunitaria (PPC) existente desde 1983) e a fomentar o desenvolvemento da acuicultura, que resulta un complemento á pesca tradicional, afectada por dificultades crecentes, polo que hoxe é obxecto de axudas para potenciar o seu desenvolvemento. A acuicultura é o cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en piscifactorías ou bateas flotantes. Coñeceu un rápido crecemento nas dúas últimas décadas, ata producir hoxe máis de 360.000 toneladas anuais, que supera nun 80% a producción obtida en 1990. As principais especies de peixes son a dourada, rodaballo e robaliza, no caso da acuicultura mariña, xunto á troita na acuicultura continental. Pero o volume de producción máis alto corresponde ao cultivo de mexillón nas rías galegas. As principais rexións produtoras correspóndense coas de maior actividade pesqueira, con Galicia (Rías Baixas, sobre todo), Andalucía (golfo de Cádiz e marismas do Guadalquivir) e Canarias á cabeza, aínda que as piscifactorías tamén se estenden polo litoral mediterráneo. A actividade pesqueira organízase, principalmente, en dous tipos de espazos, os caladoiros onde se realizan as capturas e os portos onde estas se desembarcan e, en ocasións, se transforman. Os portos onde están matriculados onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), País Vasco, Canarias e Andalucía, que son as rexións de longa tradición pesqueira. Nos grandes portos xorden a miúdo outras actividades relacionadas como a industria conserveira, os estaleiros para reparación de buques, fábricas de xeo, de redes e artes de pesca, etc. En relación cos caladoiros ou áreas de captura, hai unha distinción básica: - a maior parte da frota está composta por barcos de pequeno tamaño, que se dedican á pesca de baixura nas augas do mar territorial (12 millas desde a costa) próximas a costa. O espazo pesqueiro español, ou Caladoiro Nacional, esténdese desde a costa ata as 200 millas náuticas, que delimitan a Zona Económica Exclusiva (ZEE). Atópase organizado en oito rexións: noroeste, cantábrica, tramontana, levantina, surmediterránea, suratlántica, balear e canaria. - hai 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, faenando en augas comunitarias do Atlántico norte, ou en augas situadas na zona económica exclusiva (entre 12 e 200 millas) doutros países, pero que obteñen a metade de todas as capturas. A frota española debeu ampliar as súas áreas de actuación e os caladoiros onde pesca, ante o esgotamento progresivo dos máis próximos ás súas costas e o aumento da demanda de peixe e marisco. Iso obrigou ao goberno a negociar acordos de colaboración cos países que integran esas augas dentro da súa zona económica exclusiva, competencia que agora corresponde á Unión Europea. Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península da Terra Nova, en Canadá (bacallau e fletán). Pero tamén faena nas proximidades do Sáhara occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico sur (Angola, Namibia, Malvinas, etc.). Nas augas de corrente fría que discorre polas costas orientais de Canarias, o chamado Banco Sahariano, os barcos españois teñen frecuentes conflictos con países africanos limítrofes, polo que se precisa chegar a acordos. Estas dificultades e a crecente competencia doutras frotas, obrigou nos últimos anos a que certos buques conxeladores operen agora incluso no océano Índico (Mozambique, Somalia, illas Seicheles), aumentando os custos e riscos do seu traballo, así como en augas do Atlántico de América Latina

Mapa de riscos: xeolóxicos, climáticos (inundacións, temporais e secas)

Os riscos naturais son trazos ambientais que ameazan o benestar ou a vida humana polas consecuencias catastróficas que poden producir. Os máis frecuentes en España son de orixe xeolóxica e climática, e poden ocasionar cuantiosas perdas humanas e materiais, como danos en infraestructuras, edificios e colleitas. As características xeolóxicas do territorio español, a súa situación climática na zona temperada do planeta, e a presenza de abundantes cursos fluviais e espazos de vexetación frondosa, favorecen a existencia dun amplo catálogo de perigos naturais. Estes riscos teñen a súa orixe nas características xeolóxicas e xeomorfolóxicas do país, así como nas súas condicións atmosféricas. Os riscos xeolóxicos proceden do interior da Terra, en forma de sismos e erupcións volcánicas, ou do exterior, como os movementos de ladeira. Os sismos ou tremores de terra débense á posición da Península na zona de contacto entre as placas africana e euroasiática, polo que ameazan principalmente o sur e o sueste peninsular. De forma secundaria, afectan aos Pirineos e a Cataluña, onde están motivados polos movementos de asentamento da cordilleira, que aínda non finalizaron. As erupcións volcánicas limítanse ás illas Canarias de La Palma, El Hierro, Tenerife e Lanzarote. Nesta área sucedéronse diversas erupcións ao longo da historia polo que require unha vixilancia constante para tratar de predicir posibles erupcións e así poder minimizar os seus riscos. As maiores ameazas localízanse nas illas cun vulcanismo histórico, entre as que destaca Tenerfe, onde a actividade volcánica se combina cunha elevada ocupación humana do territorio. Na Península Ibérica existen outros sectores en que tiveron lugar fenómenos durante o Terciario ou Cuaternario, creando paisaxes volcánicas como as que podemos contemplar no cabo de Gata (Almería), o Campo de Calatrava (Cidade Real) e o Campo de Olot (Xirona). Os movementos de ladeira son rápidos desprazamentos de grandes masas de terra ou de rochas por unha vertente. Poden ser de dous tipos: - Os esvaramentos son propios de rexións húmidas con fortes pendentes cubertas por herba ou prados, que non suxeitan suficientemente un solo saturado por fortes chuvias. Poden producirse a partir dun horizonte arxiloso do solo ou dunha fractura da vertente. - Os desprazamentos acontecen en vertentes en cuxo cumio tñen lugar roturas de rochas. Os fragmentos rotos rodan pola vertente; acumúlanse no lugar onde se suaviza a inclinación, e poden desprenderse se se producen tensións locais (conxelación, infiltración de auga, etc.). En España as áreas con este tipo de risco son moi amplas, localizándose sobre todo en zonas con pendentes elevadas (áreas de montaña, acantilados, etc.). Os danos que ocasionan poden ser elevados, sobre todo cando afectan persoas, vivendas ou infraestruturas varias. Os riscos climáticos son os que teñen a súa orixe en situacións atmosféricas extremas. En España os máis frecuentes son as inundacións e as secas. - As inundacións están motivadas por intensas precipitacións caídas en pouco tempo ou pola rápida fusión da neve. Os desbordamentos de ríos, corgas, barrancos e torrentes son, sen dúbida, o perigo natural que se presenta con maior frecuencia en España e o que orixina un maior número de efectos catastróficos. En moitas ocasións estes efectos negativos increméntanse por actuacións humanas inadecuadas, como a instalación de edificacións en áreas inundables, a obturación da desembocadura dos leitos de auga, etc. As inundacións poden estar xeradas polo desbordamento de grandes cursos fluviais, a causa de chuvias abundantes e prolongadas, ou ben pola enchente súbita do caudal en corgas e barrancos, como consecuencia de precipitacións torrenciais. Estas últimas son as máis perigosas, porque o tempo de reacción para a evacuación da poboación é moi curto. As rexións españolas máis afectadas polas inundacións son o País Vasco e Navarra, a depresión do Ebro, o litoral mediterráneo peninsular, a costa atlántica andaluza, as Illas Baleares, e as illas de Tenerife e Gran Canaria no arquipiélago canario. Nos últimos anos leváronse a cabo obras de enxeñaría hidráulica para intentar reducir o perigo de inundación. Así mesmo, apróbanse normas que prohiben a construción de vivendas en áreas que presentan risco ante este tipo de episodios. - As secas son déficits pluviométricos temporais e prolongados respecto ás precipitacións medias dun territorio. A seca é un risco silecioso pero constante. Vaise manifestando pouco a pouco, pero cando a falta de chuvias alcanza un nivel de urxencia, os problemas comezan a manifestarse con toda a súa crueza. Prodúcense entón restriccións no abastecemento de agua das cidades, así como na que se utiliza para a rega agrícola. O conxunto do territroio español que presenta un risco máis elevado fronte a seca son as rexións do sur e sueste peninsular, así como as Canarias. As solucións a estes episodios de seca non son fáciles e algunha delas, como a perforación de pozos, entraña perigos medioambientais de gran dimensión, domo a sobreexplotación dos acuíferos. A actual lexislación española contempla medidas tales como transvasamentos, plantas de desalinización e reutilización de augas depuradas. Así mesmo, é importante concienciar a poboación sobre a necesidade dun uso racional da auga como primeira medida para minimizar estas situacións. Outros riscos climáticos menos frecuentes son a sarabia, as tormentas con grande aparato eléctrico, as ondadas de frío, os temporais de neve, as ondadas de calor e os termporais de vento. As tormentas de sarabia se producen na primaveira e no verán ocasionando danos nas produccións agrarias; os temporais de frío e neve, vinculados a vagas de frío intenso, que orixinan problemas de circulación viaria e danos nos cultivos; os temporais de vento que sacoden as costas españolas, ocasionando danos en praias, instalacións portuarias e paseos marítimos a causa da forte ondanada, as vagas de calor, que poden causar víctimas mortais como consecuencia das altas temperaturas, e os aludes de neve en zonas de montaña, que supoñen o escorregamento de capas superficiais de neve nas ladeiras das montañas. As actuacións fronte aos riscos naturais son de catro tipos: - A construción de infraestruturas para mitigar os máis frecuentes: drenaxe, plantación de árbores e reforzo das vertentes; reforestación e acondicionamento da canle dos ríos, e as obras hidráulicas para controlar as inundacións e paliar a seca. - A creación de sistemas de previsión e de vixilancia nas áreas con máis risco: redes de vixilancia sísmica, volcánica e hidrolóxica, e plans de xestión da seca. - As accións de emerxencia para protexer a poboación cando ser produce un fenómeno extremo. En España, estas accións coordínaas Protección Civil. - A prevención dos riscos mediante o establecemento de normas que os eviten, e a educación e a información da cidadanía. Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-6-riscos-e-problemas-ambientais/practicos/mapa-de-riscos-xeoloxicos-e-climaticos/ Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es

Mapas de erosión, desertización e incendios

A vexetación e os solos son esenciais para o funcionamento dos ecosistemas e a alimentación da poboación. Cando a presión humana degrada ambos elementos, prodúcense unha serie de reaccións en cadea e, con elas, un severo problema ambiental: a desertización. Deste xeito, un territorio pode parecer un deserto sen selo previamente e, ao escasear nel os recursos, orixinarse graves problemas económicos e sociais. As causas que inciden na desertización son múltiples e, cando se combinan varias de forma simultánea sobre un mesmo territorio, os seus efectos adversos increméntanse. Entre as causas de orixe antrópica destacan a deforestación, os incendios forestais provocados, a degradación do solo por malas prácticas agrícolas ou sobrepastoreo, a sobreexplotación dos acuíferos, a degradación das augas superficiais e subterráneas, e a artificialización do solo producida por explotacións mineiras, grandes infraestructuras ou crecementos residenciais. Se estas accións se combinan con algúns procesos naturais, como a seca prolongada ou os procesos erosivos en zonas de pendentes acusadas, o risco de desertización é aínda maior. Os efectos da desertización maniféstanse de forma combinada. A contaminación dos solos ou a auga e a erosión xeran á súa vez a deterioración e a perda de recursos edáficos, hídricos e biolóxicos dunha zona. Isto comporta en moitas ocasións a reducción da productividade agrícola e a diminución da biodiversidade. Todo isto limita a calidade de vida das persoas que habitan as áreas desertizadas, pois pódense producir grandes fames, migracións, crises económicas, pobreza e inestabilidade social. Os procesos de desertización afectan actualmente máis dun terzo da superficie terrestre continental, uns 35 millóns de km2, cifra que podería ampliarse se se cumpren as prediccións máis pesimistas asociadas ao cambio climático. O avance deste proceso en calquera continente provoca problemas ambientais, socioeconómicos e políticos considerables. Por isto, algúns organismos internacionais, en colaboración cos países implicados, están desenvolvendo actualmente programas de loita contra a desertización. A desertización é un problema ambiental moi significativo en España xa que preto do 18% do territorio corre un risco elevado de padecelo. É a consecuencia dunha excesiva presión humana sobre rexións fráxiles, principalmente de clima árido, semiárido ou cunha longa estación seca. As comunidades autónomas máis afectadas son Murcia, Valencia e Canarias, con altos niveis de risco de desertización na maior parte do seu territorio. Séguenas Andalucía, Castela-A Mancha, Cataluña e Madrid, con case a metade da súa área en risco, mentres que Aragón e Baleares teñen un terzo da súa superficie ameazada por este proceso. En España a erosión do solo ten unha notable incidencia nos procesos de desertización. Unha das principais causas débese á degradación da vexetación que está asociada a diversas actividades humanas ou aos incendios forestais. Tamén inflúen factores naturais, como as características do propio solo ou as condicións climáticas, pero na maioría dos casos o causante da erosión adoita ter unha orixe antrópica. As maiores taxas de perda de solo concéntranse nas cuncas hidrográficas do Guadalquivir, Ebro, Xúcar, así como nalgunhas zonas dispersas do sur peninsular. España publicou recentemente o Programa de Acción Nacional contra a Desertización, que pretende determinar os factores que contribúen a este problema ambiental e establecer as medidas prácticas para loitar contra el. Entre elas, o programa proponse dedicar unha atención especial ás medidas preventivas en terras aínda non degradadas, pero que estean sometidas a riscos potenciais de desrtización. Os incendios forestais son unha das causas que aceleran o proceso de desertización dun territorio. Provocan graves danos aos ecosistemas, tanto á vexetación e á fauna coma ao solo, ao tempo que xeran importantes perdas económicas e poñen en perigo a vida das persoas. Trátase dun fenómeno relativamente frecuente nos países da ribeira mediterránea, que afecta especialmente a España. Desde a década dos anos setenta do século pasado, o número de incendios foi aumentando, se ben se aprecia un descenso nos últimos anos. A superficie queimada, pola súa banda, foise reducindo lixeiramente durante ese período. Galicia é a comunidade autónoma que mostra unha maior superficie queimada por ano, seguida de Castela e León, Andalucía e a Comunidade Valenciana. Se se ten en conta a superficie queimada con respecto á de cada comunidade, Galicia segue estando en primeiro lugar, mentres que a Comunidade Valenciana e Cantrabria ocupan o segundo e terceiro posto respectivamente. Polo que respecta á orixe dos incendios, esta é antrópica en máis do 60% das ocasións e de orixe natural en menos dun 10% dos casos, sendo o resto de orixe descoñecida. É dicir, que a maior parte dos incendios que se producen en España son provocados. Para que se produza un incendio forestal é necesarios que se combinen tres elementos: unha masa vexetal abundante, unha fonte de calor e a existencia de osíxeno. O risco de incendio incrementa por factores como, por exemplo, os períodos de seca, o abandono das áreas rurais ou a introdución de especies inadecuadas nos procesos de repoboación forestal. Tamén son axentes determinantes os conflitos de intereses por razóns urbanísticas, gandeiras, agrícolas ou industriais. Nas últimas décadas incrementáronse os plans para loitar contra os incendios forestais, aínda que este problema ten unha solución complexa. Non só é necesario investir nos medios de extinción humanos e materiais e nos sistemas de vixiancia e control, senón tamén na prevención e na sensibilización. Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-6-riscos-e-problemas-ambientais/practicos/mapas-de-erosion-desertizacion-e-incendios/ Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es

Parques Nacionais de España

Parques Nacionais de España 1. Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici Situado en el Pirineo leridano, constituye un verdadero paraíso natural en el que el agua es el principal protagonista gracias a sus torrentes, cascadas, a sus característicos meandros de alta montaña (las aigüestortes) y sobre todo, a la presencia de los más de 300 lagos y estanys (lagunas glaciares). Conforma una magnífica representación de los ecosistemas de la alta montaña de la cordillera axial pirenaica y una impresionante muestra de la acción de los glaciares del cuaternario. Sus impresionantes riscos, y los bosques de abeto, pino negro, pino silvestre y hayas que cubren el Parque, junto con sus pastizales, dan cobijo a una rica y variada fauna, destacando el urogallo, el pito negro, el sarrio o el quebrantahuesos (en peligro de extinción). 2. Parque Nacional Marítimo-Terrestre del Archipiélago de Cabrera Situado al sureste de la isla de Mallorca, el Archipiélago de Cabrera constituye desde 1991 el mejor ecosistema insular del Mediterráneo, cuyas características hacen que posea una gran diversidad faunística y florística, cobijando una importante comunidad aviar residente, invernante y de paso, y dando sustento a una gran riqueza natural y paisajística, con uno de los fondos marinos mejor conservados de nuestro litoral. 3. Parque Nacional de Cabañeros Situado en los Montes de Toledo, simbolizan la máxima representación del ecosistema de bosque mediterráneo, siendo además de gran importancia por su buen estado de conservación. Sus sierras y macizos dan cobijo a una gran variedad de aves y mamíferos entre las que se encuentran tanto especies mediterráneas de muy alto valor de conservación y en constante vigilancia y seguimiento como el buitre negro o el águila imperial, como especies de afinidad atlántica como el tejo, el abedul o el acebo. Además, en Cabañeros existen grandes poblaciones de ungulados. 4. Parque Nacional de La Caldera de Taburiente Situado en el interior de la isla canaria de La Palma, el Parque Nacional de La Caldera de Taburiente presenta una escarpada orografía caracterizada por ser un enorme circo de 8 kilómetros de diámetro con aspecto de caldera, donde múltiples erupciones volcánicas, grandes deslizamientos, la fuerza erosiva del agua y el tiempo han ido modelando su geomorfología, convirtiéndola en un escarpado paisaje con casi 2.000 m de desnivel y con una red de arroyos y torrentes espectacular y de gran fuerza erosiva. En este medio se han desarrollado una gran variedad de especies vegetales y animales, que incluyen un gran número de endemismos de gran valor natural, entre las que destacan las formaciones de pino canario. 5. Parque Nacional de Doñana Situado en la margen derecha del río Guadalquivir a su paso por el sur de las provincias de Huelva y Sevilla, se caracteriza por presentar un mosaico de ecosistemas (las marismas, las dunas vivas y las arenas estabilizadas o "cotos") que albergan una biodiversidad única en Europa. Destaca la marisma por su extraordinaria importancia como lugar de paso, cría e invernada para miles de aves europeas y africanas. En el Parque viven especies únicas y en serio peligro de extinción, como el águila imperial ibérica o el lince, además de presentar una variada avifauna y un extraordinario conjunto de valores naturales. 6. Parque Nacional Marítimo-Terrestre de Las Islas Atlánticas de Galicia Este Parque Nacional está formado por los archipiélagos de las islas Cíes, Ons y Onza, Sálvora e islotes adyacentes, la isla de Cortegada, Malveiras y otras islas próximas en la ría de Arousa y se caracteriza por albergar una singular y rica variedad faunística, una gran variedad de formaciones vegetales y un espectacular mosaico de variados paisajes. El Parque integra el medio marino y el terrestre. El medio marino es muy rico tanto en la flora como en la fauna asociada, albergando más de 300 tipos de algas y numerosos invertebrados asociados a este tipo de vegetación; existen además dos especies de tortugas, otras de marsopa y ballena, una especie de foca y cuatro de delfines. Entre las aves cabe mencionar la mayor colonia de cría de España de cormorán moñudo, la presencia del arao (rara y amenazada en España) y una población insular de chova piquirroja. El medio terrestre se divide en tres ecosistemas principales: los acantilados, las playas y la marisma. La gran diversidad de estos ecosistemas se manifiesta en una gran riqueza de su flora y fauna. Este medio posee 200 especies vegetales, 55 de ellas son endemismos (además de otras muchas cuya área de distribución está limitada a este tipo de ambientes). Respecto a su fauna se han inventariado más de 150 especies de vertebrados e invertebrados, entre los que aparecen 63 protegidos por distintos convenios internacionales. 7. Parque Nacional de Garajonay Situado en la parte alta de la isla de La Gomera, engloba los bosques de laurisilva o "monteverde", constituyendo el ecosistema de este tipo mejor conservado de todo el archipiélago canario y que representa los últimos vestigios supervivientes de las ancestrales selvas subtropicales que hace millones de años poblaron el área mediterránea y gracias a la cual se genera un ambiente característico de continua humedad y persistentes nieblas. Esta magnífica vegetación se asienta sobre materiales volcánicos relativamente recientes, con formaciones como roques y fortalezas que confieren al Parque un alto interés geológico. 8. Parque Nacional de Monfragüe El Parque Nacional de Monfragüe está situado en la provincia de Cáceres, y representa uno de los enclaves más extensos y representativos de bosque y matorral mediterráneo. Fue el primer espacio natural protegido en Extremadura. Este área natural puede considerarse como un valle surcado por los ríos Tajo y Tietar, de unos 30 Km. de longitud por unos 7 Km. de anchura. Las sierras que delimitan este valle -que apenas alcanzan los 800 m. de altitud-, acogen a una importante variedad de biotopos: encinares, bosque y matorral mediterráneo, roquedos, embalses y arroyos, permitiendo la existencia de una rica y variada vida vegetal y animal. El Tajo y su afluente, el Tiétar, proporcionan el medio acuático y esculpen en la cuarcita grandes farallones donde se asientan espectaculares colonias de buitres leonados y nidifican el halcón peregrino, el águila perdicera, y el búho real. En sus orillas y cauces podemos encontrar al martín pescador, mitos, cormoranes y ruiseñores, además de otros relacionados con el medio acuático como la nutria. 9. Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido Situado en el Pirineo oscense, domina su orografía el macizo de Monte Perdido (3.355 m), con las cimas de Las Tres Sorores, desde donde derivan los valles de Ordesa, Pineta, Añisclo y Escuaín. Presenta un mosaico de ecosistemas donde se encuentra una gran diversidad florística y faunística, debido a la combinación de modelados glaciares y kársticos, de cañones y valles, y la variabilidad altitudinal, climática y de orientaciones existente en todo el Parque. Constituye un paisaje de grandes contrastes: la extrema aridez de las zonas altas, donde el agua de lluvia y deshielo se filtra por grietas y sumideros, contrasta con los verdes valles cubiertos por bosques y prados, donde el agua forma cascadas y atraviesa cañones y barrancos. Gracias a ello, Ordesa cuenta con diversas formaciones vegetales que van desde los bosques de ribera hasta los pastizales de alta montaña, pasando por bosques donde el pino silvestre, las hayas, el pino negro y los abetos dominan sobre el resto de las especies. 10. Parque Nacional de Los Picos de Europa El Parque Nacional de Los Picos de Europa se encuentra entre Asturias, León y Cantabria, en la Cordillera Cantábrica. Representa los ecosistemas ligados al bosque atlántico y presentan la mayor formación caliza de la Europa Atlántica, con importantes procesos kársticos, simas que llegan a los 1.000 m, erosión glaciar muy patente y presencia de lagos. La vertiente norte de las formaciones montañosas que lo conforman es de carácter eurosiberiano, mientras que por los valles que la atraviesan desde el sur penetran especies mediterráneas. La presencia de especies como el lobo, el oso, el salmón, el rebeco o las grandes rapaces como el buitre leonado y el águila real, constituyen el gran valor natural de este Parque, que alberga además a más de 140 aves distintas, entre las que destacan el pito negro y el urogallo. 11. Parque Nacional de Sierra Nevada El Parque Nacional de Sierra Nevada está situado entre las provincias de Granada y Almería, y representa en la Red de Parques Nacionales los ecosistemas de media y alta montaña mediterránea. En él se encuentran los dos picos más altos de la Península Ibérica, el Veleta (3.392 m) y el Mulhacén (3.482m), y son precisamente estas características altitudinales las que han propiciado el desarrollo de más de 2.000 especies vegetales (66 endemismos exclusivos), de gran vistosidad y colorido, que viven en el Parque. Anfibios, reptiles, mamíferos, aves y una rica entomofauna ( 80 endemismos exclusivos), conforman la fauna de Sierra Nevada, especialmente ligada a los hábitats de la alta montaña. La cabra montés, habitual de las altas cumbres, es la especie más característica. 12. Parque Nacional de Las Tablas de Daimiel Este Parque constituye el último representante de un ecosistema denominado "tablas" fluviales o desbordamiento de los cursos medios de los ríos, en este caso el Cigüela y el Guadiana, y que conforman un tipo de humedal característico del centro peninsular que está en clara regresión. Este humedal es hábitat y lugar de supervivencia de la avifauna, que utiliza estas zonas como área de invernada, mancada y nidificación, creando una Zona Integral de aves acuáticas. Destacan por su importancia y adaptación, el somormujo lavanco, el zampullín común y el zampullín cuellinegro, las garzas, las garcillas, los martinetes y todo tipo de anátidas ibéricas. En cuanto a la flora, son las plantas acuáticas las que adquieren un protagonismo casi único, al estar desprovisto el Parque de vegetación arbórea, a excepción de los tayares. 13. Parque Nacional del Teide Situado en el interior de la isla de Tenerife, contiene el majestuoso Pico del Teide, volcán asentado sobre una extensa y antigua caldera volcánica, llamada Las Cañadas, en el que los conos volcánicos y las coladas de lava forman uno de los paisajes más impresionantes que se pueden contemplar. Presenta una original y vulnerable fauna autóctona, con una importante representación de invertebrados en cuanto a número y exclusividad, y con una gran riqueza de especies vegetales,muchas de ellas de carácter endémico. 14. Parque Nacional de Timanfaya El Parque Nacional de Timanfaya está situado en la isla de Lanzarote y representa los episodios volcánicos más recientes, ocurriendo la última erupción en 1824 y el episodio más relevante el que transcurrió en 1730. Es de gran belleza y curiosidad observar los procesos de colonización vegetal que han sufrido los materiales volcánicos desnudos, siendo de especial relevancia los que han llevado a cabo las comunidades liquénicas, cubriéndolos de diversas tonalidades. No se puede olvidar su riqueza biológica y el gran número de endemismos vegetales y animales. Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-6-riscos-e-problemas-ambientais/practicos/mapas-dos-espazos-protexidos/ Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es

2. Mobilidade espacial da poboación

Mobilidade espacial da poboación: O éxodo rural A inmigración A dinámica da poboación non depende só da relación entre nacementos e defuncións (crecemento natural), senón tamén da mobilidade da poboación ou saldo migratorio: se a inmigración é maior que a emigración, o saldo é positivo e a poboación aumenta; se a emigración é maior que a inmigración, o saldo é negativo e a poboación diminúe. Os movementos migratorios prodúcense por causas distitntas e coñeceron diferentes fases, tipos e épocas. O impulso de emigrar vai freado polo desexo de permanencia no lugar de orixe ao que só se sobrepón no caso de dárense situacións intolerables no lugar de orixe ou se a atracción do lugar de destino é moi intensa. As causas das migracións son diversas e as súas consecuencias, complexas. Os movementos migratorios españois adoitan clasificarse en migracións transoceánicas históricas, ata mediados do século XX, cuxo principal punto de destino foron diversos países de América Latina, e migracións modernas, desde finais da década de 1950, que presentaron unha dobre vertente: as migracións interiores campo-cidade e as migracións exteriores, cara aos países industriais de Europa Central e Occidental. As migracións campo-cidade tiveron lugar cando aumentou a poboación rural, diminuíu a poboación empregada na agricultura e aumentou a demanda de man de obra na industria e nos servizos. Desde 1961 producíronse 20 millóns de desprazamentos interiores, e calcúlase que desde principios do século pasado esa cifra ascende a 30 millóns. A metade dos españois vive nun municipio distinto do que naceu, e case unha cuarta parte nunha provincia diferente á do seu nacemento. Por iso, as migracións interiores tiveron unha grande influencia sobre a distribución da poboación en España e sobre as variacións espaciais na súa composición. O éxodo rural O éxodo rural: de 1900 a 1975 No primeiro terzo do século XX rexistráronse fortes correntes migratorias desde as zonas rurais ás cidades impulsadas polas novas actividades industriais e de servizos das áreas urbanas. Estes movementos interrompéronse durante a guerra civil e a inmediata posguerra, para rexurdir con moita máis forza nos anos cincuenta, e sobre todo, nos sesenta e primeira metade dos setenta. Nesta época, a economía española experimentaba un elevado ritmo de crecemento, apoiado na industrialización e o turismo, que estimularon a construción de vivendas e infraestruturas, así como os servizos ás empresas e á poboación. Ao mesmo tempo, produciuse a mecanización de gran parte das tarefas agrarias, o que provocou un éxodo masivo de poboación no medio rural. Só nos anos sesenta do século XX cambiaron de residencia 4,2 millóns de españois, o 60% dos cales se trasladaron a outras provincias. Na distribución espacial destas migracións interiores cabe distinguir os seguintes espazos de orixe e destino: - Os espazos emisores eran as áreas rurais do interior peninsular, ou espazos con sistemas agrarios en crise: Andalucía, Estremadura, as dúas Castelas, Aragón, Asturias, Galicia, etc. - Os espazos atractores foron Madrid, Cataluña e o País Vasco, que se atopaban en pleno proceso de industrialización. A chegada de inmigrantes provocou o crecemento das grandes áreas urbanas, como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Zaragoza e Sevilla. Tamén creceron cidades máis pequenas, como Tarragona, Valladolid, Vigo, Avilés ou Huelva, e as principais áreas turísticas do país. Novas pautas das migracións interiores: de 1975 á actualidade As migracións interiores masivas de carácter laboral finalizan bruscamente a mediados dos anos setenta do século XX, como consecuencia da crise económica que se produciu a causa da alza do prezo do petróleo. Desta maneira, entre 1975 e 1985 debilitáronse os fluxos migratorios interprovinciais. Continúan; con pouca intensidade, os movementos de poboación nova desde o medio rural ata as cidades, ao mesmo tempo que se inician os movementos de retorno de emigrantes en sentido oposto. Coa recuperación económica de mediados dos anos oitenta do século pasado, os fluxos reactívanse; aínda que sen alcanzar a intensidade dos tempos do éxodo rural nin os niveis doutros países europeos. Destaca un modelo migratorio novo, en que as migracións interprovinciais (económicas e motivadas por cambios de emprego) perden importancia a prol das migracións intraprovinciais, orixinadas por cambios no lugar de residencia, pero non necesariamente de emprego. Na actualidade, a maior parte dos fluxos migratorios son de curta distancia, e están ligados á expansión urbana. O crecemento das principais cidades desborda os termos municipais e trasládase aos municipios veciños. Ese cinto de municipios próximos ás grandes cidades é o que experimenta un maior crecemento demográfico, debido sobre todo á inmigración de poboación nova. Este proceso é posible a causa da confluencia dun conxunto de factores técnicos (a mellora das infraestruturas de trasporte arredor das cidades), económicas (a carestía do solo e a vivenda incita os mozos a buscar vivendas máis baratas nos arredores das cidades) e culturais e ambientais (moitos mozos buscan novos estilos de vida máis ligados á natureza, fuxindo da deterioración do medio ambiente das áreas urbanas). Estas migracións ligadas á expansión das cidades e o crecemento da súa periferia son paralelas á continuación do baleirado do medio rural debido non só á emigración, senón tamén ao seu crecemento natural negativo, consecuencia do seu avellentamento. A inmigración A partir dos últimos decenios do século XX iniciouse unha nova etapa nas migracións. O desenvolvemento económico trasformou España dun país tradicionalmente emigrante a un país receptor de inmigración. De país de emigración a país de inmigración: os novos fluxos migratorios Tras a entrada de España na Unión e a superación da crise económica da primeira metade dos anos oitenta do século XX, o país comezou a converterse en destino dos fluxos migratorios internacionais. En 1985, España só contaba cuns 250.000 residentes estranxeiros, o que supoñía un 0,6% da poboación total. Na actualidade, esta cifra supera xa os 5,2 millóns, representando o 11,3% da súa poboación. A conxunción dun descenso da emigración e un aumento sen precedentes da inmigración exterior propiciou que o saldo migratorio en España sexa claramente positivo desde os anos oitenta do século pasado. No estudio da inmigración estranxeira a España podemos distinguir dúas fases en que non ´so se produciu un cambio substancial no número de estranxeiros presentes no país, senón tamén na súa composición. Durante a primeira fase (nos anos oitenta do século pasado), a maior parte dos estranxeiros residentes en España procedían de occidente, o centro e o norte de Europa. Este continxente respondía basicamente a dúas motivacións: - Numerosos xubilados europeos elixiron España para retirárense e poder gozar do seu clima e estilo de vida. Estes cidadáns concentráronse na costa mediterránea da Península e nos arquipiélagos de Baleares e Canarias, onde seguen representando unha porcentaxe elevada das súas poboacións. - Outro grupo importante foi o dos traballadores das multinacionais europeas que se foron asentando especialmente en Madrid e Barcelona. - Ademais, existía unha colonia crecente de marroquís que comezaron a acudir a España durante esa época na busca de traballo. Nunha segunda fase, durante a década de 1990 e os primeiros anos do noso século, chegaron ao noso país numerosos cidadáns de Europa do Leste, así como latinoamericanos e asiáticos, á vez que continuaba o fluxo de norteafricanos. Aínda que os inmigrantes proveñen de moi distintos países, certas nacionalidades están máis representadas en función da proximidade xeográfica e dos lazos históricos e culturais. Así, a maior parte dos inmigrantes procede agora de América Latina, norte de África e Europa. Entre os primeiros destacan os ecuatorianos, colombianos, bolivianos e peruanos; entre os segundos predominan os marroquíes; e entre os terceiros, os máis numerosos son agora os romaneses, seguidos de británicos, búlgaros, alemáns e italianos. Tamén existe un importante colectivo de chineses. Distribución espacial e actividade de poboación inmigrante Os estranxeiros conéntranse nas áreas máis dinámicas do territorio español, é dicir, onde hai máis oportunidades de emprego. Destacan especialmente Madrid, xunto co litoral mediterráneo e as illas. Non obstante, os inmigrantes chegaron a practicamente todos os recantos do territorio, se ben a maior parte se concentra nas grandes cidades. Tamén existe un importante número de estranxeiros, sobre todo africanos, en áreas rurais con agricultura intensiva. Polo tanto, a súa localización espacial está moi relacionada co tipo de traballo que desempeñan. En xeral, os inmigrantes ocupan postos de traballo que non eran cubertos pola poboación española, polo que non hai propiamente unha situación de competencia coa poboación autóctona. O tipo de traballo está relacionado en gran medida coa nacionalidade: os cidadáns do centro e o oeste de Europa ocupan empregos ben remunerados e localízanse sobre todo en Madrid e Barcelona, aínda que tamén en actividades de servizos en áreas turísticas; os hispanoamericanos, ao compartiren un mesmo idioma cos españois, realizan actividades fronte ao público; traballan preferentemente no sector servizos. Os marroquís e subsaharianos están especialmente representados na construción e a agricultura; os europeos do leste están representados en moi variadas actividades; e os chineses dedícanse preferentemente ao comercio. Efectos da inmigración Os inmigrantes co seu traballo contribuíron de forma decisiva ao crecemento económico de España nos últimos tempos. Ademais, a chegada de estranxeiros freou o proceso de envellecemento da poboación, xa que entre eles predominan os adultos novos e as súas taxas de natalidade son superiores ás da poboación española. Este feito é importante desde o punto de vista de mantemento do sistema de pensións e seguridade social: coa chegada masiva de inmigrantes prodúcese unha diminución da porporción de poboación dependente, e un aumento do número de contribuíntes. En canto á integración social dos inmigrantes, a situación é moi diferente segundo os colectivos, pois algúns poden integrarse moito máis facilmente ca outros en función da súa lingua e a súa cultura

1. Movementos naturais de poboación

Movementos naturais de poboación: Natalidade, mortalidade e fecundación no réxime demográfico actual Desequilibrios territoriais no movemento natural de poboación A poboación é o conxunto de seres humanos que vive nun territorio determinado. Para estudar unha poboación trabállase basicamente tres variables: a dinámica que seguiu a poboación, preferentemente a natalidade, a mortalidade e a fecundidade; a estrutura da poboación por idades e sexos, e a distribución da poboación no territorio, utilizando para iso o concepto de densidade de poboación. A dinámica que decide o movemento natural da poboación é moi sinxela: se os nacementos son máis numerosos que as defuncións, a poboación ten un crecemento natural ou vexetativo positivo. Pola contra, se a mortalidade é máis elevada que a natalidade, a poboación tende a diminuír. Natalidade, mortalidade e fecundación no réxime demográfico actual Natalidade Desde comezos do século XX, a natalidade en España amosou unha tendencia descendente, que se intensificou a finais da década de 1970. Esta propensión á baixa situou a España, ao redor de 1990, nun dos índices de fecundidade máis baixos de Europa. O descenso da natalidade fixo que o número de nados se achegase ao número de falecidos, o que se traduciu nun escaso crecemento natural da poboación. A baixa natalidade houbo que lle sumar unha espereanza de vida cada vez máis prolongada, de xeito que se incrementou a porcentaxe de persoas con idades superiores aos 65 anos. Como consecuencia disto, a poboación española entrou nunha fase de avellentamento progresivo. A partir do cambio de século, as estatísticas amosan unha repunta da natalidade, de maneria que no ano 2007 se situaba nun 11%, a cifra máis alta rexistrada desde 1979. Este cambio de tendencia foi debido á chegada á idade fértil das mulleres nadas nos anos de forte crecemento demográfico, así como á chegada masiva de inmigrantes estranxeiros novos, atraídos polo crecemento da economía española. Os estudos publicados en 2009 auguran que este crecemento da poboación se irá reducindo en moi poucos anos, debido á crise económica que diminuirá o número de inmigrantes, ao que hai que sumar a entrada de xeracións con menor número de mulleres nas idades máis fecundas. As previsións do Instituto Nacional de Estatística indican que a poboación española podería chegar a un crecemento vexetativo por debaixo do 1% en 2017, e coa probabilidade de seguir diminuíndo, polo que a diferenza entre o número de nacementos e o de defuncións tenderá a se igualar. Mortalidade Ao longo do século XX, a mortalidade en España caeu debido ao importante descenso da mortalidade infantil e ao aumento da esperanza de vida. En 1900, a taxa de mortalidade era do 28,3‰, mentres que na década de 1980 chegou a ser do 7,4 ‰. No entanto, a partir de 1985 rexistrouse un lixeiro aumento, debido ao progresivo avellentamento da poboación. En 2007, a taxa de mortalidade era do 8,6‰. A primeira causa de falecemento foron as enfermidades cardiovasculares, cunha maior incidencia na poboación masculina, a partir dos 45 anos. Entre os 15 e os 44 anos, o maior número de defuncións ocasiónanos os accidentes de tráfico e a SIDA. A poboación masculina é tamén a máis afectada. A incidencia destas causas de falecemento segue unha tendencia decrecente. A taxa de mortalidade infantil en España é moi baixa: 3,5 por cada mil nados vivos en 2007, de maneira que se sitúa ao nivel dos países máis avanzados do mundo. Nupcialidade e fecundidade Ata hai pouco, o número de matrimonios por cada 1000 habitantes era un dato significativo porque gardaba relación directa coa natalidade, pero actualmente resulta un dato pouco fiable, dado o aumento de parellas de feito e de familias monoparentais. A taxa media de fillos por muller, que no ano 2007 foi de 1,4, prevese que se sitúe no 1,5, pero aínda que as mulleres teñan máis fillos, a poboación non medrará porque haberá menos mulleres en idade de procrear. O que non semella que vaia cambiar é a idade media de maternidade, estabilizada, en 2007, ao redor dos 31 anos. Este atraso na maternidade, que antes se situaba nos 25 anos de media, débese, entre outras causas, á dificultade que representa ter fillos sen contar antes cunha situación laboral sólida. Para que unha poboación se manteña estable, é necesario que unha xeración sexa relevada pola seguinte. Esta substitución acádase cunha media de 2,1 fillos por muller. Nos últimos anos, a inmigración modificou a tendencia á baixa da natalidade, pero isto non garante a substittución xeracional. Desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación Actualmente, todas as comunidades autónomas posúen baixas taxas de natalidade, de mortalidade e de crecemento natural. Non obstante, existen certos contrastes debidos á diferente estrutura por idades, é dicir, ao grao de xuventude ou envellecemento da poboación. Esta estrutura depende á súa vez de causas herdadas e actuais: - As causas herdadas son o distinto comportamento tradicional da natualidade e as diferenzas de desenvolvemento económico, causantes das migracións. Estas aféctanlle principalmente á poboación nova e provocan o envellecemento das rexións emigratorias (onde descende a natalidade e aumenta a mortalidade) e o rexuvenecemento das inmigratorias. En España, as migracións tiveron lugar entre 1950 e 1975, desde as rexións agrarias do interior ás urbano-industriais da periferia de Madrid. A crise de 1975 detivo estas migracións e afundiu a natalidade nas rexións máis afectadas. - As causas actuais son os novos factores de desenvolvemento económico a partir da crise e a inmigración estranxeira, que desde 1995 achega poboación nova e elevación da natalidade. a) As comunidades autónomas con maior dinamismo demográfico contan, respecto á media española, con taxas de natalidade máis elevadas, taxas de mortalidade máis baixas e crecemento natural máis alto. En xeral, presentan unha estrutura demográfica relativamente máis nova, causada por un comportamento tradicional máis natalista (Andalucía, Murcia e as cidades de Ceuta e Melilla), por ser foco de inmigración interna en épocas pasadas (Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares) ou por recibir unha forte inmigración estranxeira desde a década de 1990 (todas elas). As excepcións neste grupo son Canarias, onde a favorable estrutura por idades compensa a baixa natalidade, e Navarra, onde a desfavorable estrutura por idades se compensa cunha natalidade relativamente máis alta. b) As comunidades autónomas en declive demográfico teñen, respecto á media española, taxas de natalidade máis baixas, taxas de mortalidade máis altas e crecemento natural máis baixo, negativo en moitos casos. Presentan unha estrutura demográfica fortemente envellecida, por sufrir unha intensa emigración en épocas pasadas (Galicia e as comunidades do interior peninsular); pola prolongada incidencia da crise industrial de 1975 (rexións de antiga tradición industrial da cornixa cantábrica), e por contar na actualidade con menor inmigración estranxeira

O sector servizos e o proceso de terciarización da economía en España e Galicia

O sector servizos e o proceso de terciarización da economía en España e Galicia - Características do sector terciario - Causas da terciarización - Contrastes na localización dos servizos O sector servizos abrangue todas aquelas actividades que non se poden considerar agrícolas ou industriais. En España este sector ocupa o mirande número de traballadores. Por iso, considérase que vivimos nunha sociedade terciaria. Nos países desenvolvidos máis da metade da poboación activa traballa no sector terciario ou servizos, que medrou en importancia tanto polo número de persoas que ocupa como pola riqueza que xera. A distribución dos servizos no territorio amosa grandes desigualdades e desequilibrios, dado que tenden a se concentrar nas zonas con maiores niveles de renda. Características do sector terciario O sector terciario ou servizos abrangue o conxunto de prestacións orientadas a satisfacer as necesidades e demandas da sociedade. É un sector moi heteroxéneo formado por actividades moi diversas. As características principais que definen o sector terciario son: - Actividades intanxibles e inmateriais. O que se ofrece e se valora é a calidade da prestación que se realiza, por exemplo, un servizo médio ou unha asesoría. - Actividades imposibles de almacenar. Os servizos préstanse cando son necesarios ou requiridos, polo que se adoitan localizar preto dos posibles usuarios. - Actividades moi diversas. Desde administracións públicas, servizos financieiros, comerciais, culturais e de lecer, sanitarios e educativos, dirección, administración e asesoría de empresas, servizos de limpeza e mantemento, asistencia social, comunicacións, etc. - Actualmente, téndese a diferenciar o terciario clásico do terciario superior ou cuaternario, sector que reúne as actividades máis cualificadas: investigación, telecomunicacións, alta tecnoloxía... - É un sector que abrangue dende grandes empresas con milleiros de traballadores a pequenos empresarios. Causas da terciarización Desde hai tres décadas, pódese dicir que España ten unha economía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregos e a produción que se xera no país proceden deste sector. A tendencia é que esta proporción continúe aumentando nos próximos anos, tal e como ocorre en todos os países do noso medio. Por iso adóitase afirmar que en España vivimos un proceso de terciarización da economía. O rápido crecemento que experimentaron as actividades de servizos é o resultado das profundas transformacións que viviu a sociedade española, que hoxe presenta as seguintes características: - É unha sociedade de consumo, en que o aumento do nivel de renda elevou a capacidade de compra e, con isto, o desenvolvemento do comercio e toda unha serie de servizos destinados á poboación. - É unha sociedade do benestar, en que aumentou a oferta de todo tipo de servizos sociais (educativos, sanitarios, culturais, deportivos...), ofrecidos por institucións públicas e privadas. - É unha sociedade de ocio, en que aumenta a importancia do turismo e de diversos servizos relacionados co gozo do tempo libre (hostalaría, restauración, espectáculos, etc.). - É unha sociedade capitalista avanzada, en que o sector financieiro e de seguros ocupa un lugar destacado no control dos cartos e o crédito, básicos para o funcionamento das empresas e o propio consumo familiar. - É unha sociedade do coñecemento, en que cobran protagonismo unha serie de servizos avanzados que melloran a calidade e competitividade das empresas (enxeñaría, deseño, servizos informáticos, asesoría técnica...), xunto a centros de investigación e centros tecnolóxicos para promover a I+D (investigación e desenvolvemento tecnolóxico). - É unha sociedade rede, en que tanto as persoas coma os produtos ou a información, teñen cada vez maior mobilidade, xerando densas redes de fluxos ás que os territorios queren estar conectados, o que aumenta a demanda de todo tipo de transportes e telecomunicacións. - É unha sociedade regulada, porque a súa complexidade esixe unha administración pública eficaz que xestione o seu funcionamento. Todo isto supón unha gran diversidade de servizos, desde os máis especializados e modernos ata os máis tradicionais e precarios. Contrastes na localización dos servizos A localización do emprego en actividades de servizos mostra importantes diferenzas se se considera o volume total de persoas ocupadas nas diferentes provincias. As de Madrid, Barcelona e Valencia concentran case 5 millóns de empregos, equivalentes a máis dunha terceira parte do total, seguidas por outras provincias litorais, xunto a Sevilla e Zaragoza. Se se considera en cambio a proporción do emprego terciario sobre o total, as diferenzas disminúen, cos valores máis altos en Madrid, o litoral mediterráneo (agás Cataluña) e ambos os arquipiélagos. Esa distribución relaciónase coa influencia de diversos factores: - Ante todo, relaciónase coa repartición da poboación e o seu nivel de renda, pois a maioría destas actividades buscan estar cerca dos seus clientes potenciais e, polo tanto, aumentan en territorios con altas densidades e elevado nivel de ingresos. - Tamén inflúe a presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo, sobre todo, nas áreas litorais, pois iso engade un volume importante de consumidores dalgúns tipos de servizos. - Un terceiro factor é a densidade de empresas no territorio, pois son as principais demandantes dalgúns servizos (desde o transporte e as telecomunicacións, aos servizos informáticos, xurídicos, de mantemento e reparación, de deseño e enxeñaría, etc.). - Por último, as administracións central, autonómica e local distribúense por todo o territorio, pero a presenza de funcionarios e contratados nelas é maior naqueles provincias e cidades onde se localiza a capitalidade nacional ou autonómica. En resumo, os servizos teñen hoxe unha gran importancia e dinamismo, ata converterse na principal fonte de emprego actual e para o futuro. Por esa razón, e porque as diferentes actividades tamén mostran diversas tendencias de localización, xeran paisaxes específicas e, en ocasións, son fonte de impactos negativos; a Xeografía interésase cada vez máis por este sector que conta con máis de 14 millóns de empregos e dous terzos do valor da produción total obtida en España, así como a maior perspetiva de crecemento. O sector servizos en Galicia Máis do 60% do PIB de Galicia corresponde ao sector servizos, que experimentou un gran crecemento e diversificación nas últimas décadas. O turismo, o comercio, os transportes e mais os servizos sociais son exemplos desta transformación. O sector terciario de Galicia adquiriu unha importancia decisiva na creación de postos de traballo, xa que en 2008 os servizos ocupaban o 63% do emprego galego. A distribución xeográfica está pouco equilibrada; os servizos concéntranse nas capitais provinciais e nos grandes núcleos urbanos, principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. Distínguense dous subsectores: - Os servizos non destinados á venda son os servizos sociais financiados polos organismos oficiais, como a educación, a saúde e a administración pública. Así, en 2006 o 56% do gasto público que realizou a Xunta estivo destinado a sanidade e educación. - Os servizos destinados á venda abranguen o comercio, o turismo, os transportes, os servizos ás empresas, que diversificaron a súa oferta en actividades como asesoramento xurídico, servizos informáticos e administrativos, recursos humanos ou publicidade e os servizos financieiros, que potencian o crecemento da economía a través da concesión de créditos a particulares e empresas, e o investimento en proxectos empresariais. En canto ó turismo, Galicia recibiu en 2007 máis de 3.700.000 turistas. Esta afluencia masiva de visitantes representou ao redor do 5,5% do PIB e proporcionoulle emprego ao 6,1% da poboación ocupada. Actualmente a Comunidade dispón de máis de 54.000 prazas hoteleiras e de numerosos servizos e equipamentos complementarios. Os turistas que visitan Galicia proceden na súa maioría do territorio español (80,4%) e en menor medida do estranxeiro (19,6%), sobre todo de países da UE, como Portugal, Reino Unido, Alemaña, Francia e Italia. A nosa Comunidade ofrece diversos tipos de turismo: turismo de sol e praia, turismo cultural, turismo rural e turismo termal. Sen embargo, no ano 2008 Galicia recibiu uns 200.000 visitantes menos que o ano anterior, por mor da recesión económica. Ademais, a imposibilidade de competir no mercado internacional cos destinos masivos de praia determinou a orientación da política turística cara a outros campos, como o gastronómico, cultural, or congresos ou o deportivo, co fin de atraer un turismo de maior calidade e asegurar a ocupación hoteleira durante todo o ano. Respecto ao comercio, Galicia incrementou nas últimas décadas o comercio interior como consecuencia do crecemento demográfico e económico. Na actualidade representa un 10% do PIB e emprega a un 17% da poboación ocupada. Caracterízase pola coexistencia de numerosos pequenos establecementos xunto con grandes empresas comerciais nacionais e multinacionais. Actualmente, o pequeno comercio está vivindo unha crise que se manifesta na redución de establecementos tradicionais e na perda de emprego. Os intercambios co exterior son cada vez máis importantes debido á apertura progresiva da economía galega. A balanza comercial nos últimos anos foi positiva xa que as exportacións superaron ás importacións. Así, durante o ano 2008, Galicia vendeu ao estranxeiro produtos por valor de 15.614 millóns de euros e importou o equivalente a 15.463 millóns. As exportacións céntranse na venda de material de transporte, confección, e peixe, crustáceos e moluscos. As importacións que destacan polo seu volume son os produtos enerxéticos e o material de transporte, que concentran o 40,5% do total. O desafío máis importante do comercio exterior galego é manter o superávit da balanza comercial alcanzado en 2007 e 2008, tras décadas de déficit comercial. Finalmente, nos transportes hai que salientar que a situación periférica e o relevo accidentado de Galicia son factores que explican que as infraestruturas de transporte e comunicación co resto do Estado fosen tradicionalmente moi deficientes. Así e todo, nas últimas décadas, os investimentos públicos destináronse a modernizar e ampliar a rede de estradas, os ferrocarrís, os portos e os aeroportos.

Situación actual da industria en España e Galicia.

Tema 8: A reestruturación dos espazos industriais Situación actual da industria en España e Galicia. - Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da incorporación á Unión Europea. - Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización. España é un país integrado no conxunto dos países industriais do mundo. Pero o desenvolvemento en España da actividade industrial non acadou un nivel notable ata a segunda metade do século XX. A crise industrial de 1974, que evidenciou a necesidade de cambiar os sistemas de produción, coincidiu coa revolución tecnolóxico-informática. Desenvolveuse así unha nova etapa denominada postindustrial ou informacional e tamén terceira revolución industrial que deu lugar a novos modelos de empresas cunha importancia crecente das novas tecnoloxías, a innovación e a investigación. O ingreso de España na Unión Europea supuxo a fin de todo proteccionismo e a apertura do mercado á competencia exterior, o que provocou unha reconversión industrial e o peche de moitas industrias non competitivas. Situación actual da industria española A industria española despois da súa entrada na Unión Europea viviu un proceso de modernización produtiva, aínda que tivo que superar un período de crise a partir do ano 1990 que se agudizou no ano 1993. A mediados dos noventa a industria española, xa recuperada, convertérase no sector de actividade máis produtivo grazas á moderación salarial e á flexibilidade na contratación laboral. A economía crecía por riba da media europea e aumentaba o investimento español nos países da Unión Europea mentres que en Portugal, o norte de África e Latinoamérica se instalaban empresas españolas. A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, produción e demanda aínda que vai perdendo importancia dentro do conxunto de actividades económicas a causa da terciarización xeral do emprego. No entanto, en 2007 xorde a crise financieira en Estados Unidos e aféctalle a economía mundial. Na Unión Europea iniciouse unha tendencia xeral á baixa, que en España se reflicte cunha recesión da carteira de pedidos, un aumento dos stocks e unha desaceleración do emprego. Os desafíos da industria española A industria española presenta diversos problemas estruturais que afectan negativamente á súa competitividade fronte á economía europea e á global: - Existe un escaso número de grandes empresas, xa que dominan as pequenas e medianas empresas; estas teñen a vantaxe de adaptarse mellor ás demandas do mercado e presentar menos conflictos laborais, porén, non permite facer economías de escala, nin grandes investimentos en novas tecnoloxías. O Instituto da Mediana e Pequena Empresa Industrial fomenta a innovación das PEMEs e a colaboración tecnolóxica entre elas. - A produtividade industrial é inferior á da Unión Europea, feito que incrementa o custo laboral. Un dos recursos para mellorar a produtividade é a aplicación das innovacións derivadas das TIC, pero o gasto español neste sentido está moi por debaixo do gasto da UE. - O nivel de intensidade tecnolóxica é baixo e a porcentaxe de investimento en I+D é insuficiente (só o 1,4% de industrias manufactureiras españolas presentan un nivel alto de intensidade tecnolóxica e unicamente 22 empresas españolas figuran na listaxe das mil empresas comunitarias que máis invisten en innovación). Isto provoca unha balanza tecnolóxica deficitaria: as principais empresas de automóbiles, maquinaria eléctrica, aparellos electrodomésticos e produtos farmacéuticos fabrican con patentes estranxeiras, que son unha boa fonte de ingresos para os países que as crean, pero un enorme gasto para países como España que deben pagar para a súa aplicación. É fundamental, polo tanto, dedicarlle unha porcentaxe máis elevada do PIB a I+D e fomentar a mellora do sistema educativo e a formación técnica laboral. Consecuencias da incorporación de novos Estados á UE A incorporación de novos países á UE afecta a industria española por diversas causas: estes países gozan dunha maior proximidade ao grande eixe industrial europeo que constitúen os países nórdicos, Alemaña e o Norte de Italia; ademais, a súa estrutura productiva é similar á española, a man de obra, máis barata, e a súa produtividade e cualificación en alta tecnoloxía, maior. Así mesmo o investimento do capital estranxeiro permitiulles a implantación de empresas de alta tecnoloxía co que aumentou o seu potencial industrial dentro da UE. Un dos sectores da industria española máis afectados é o dos automóbiles, no que España mantivo un bo ritmo de exportacións; o sector está dominado por empresas de capital estranxeiro que poden deslocalizar as industrias na procura de menores custos, o que tería consecuencias negativas para as industrias de compoñentes. España debería orientar o seu tecido industrial a unha maior calidade e produtividade para lle facer fronte á competencia dos novos países da UE que tenden a desprazar a España do seu segmento do mercado exportador. Os espazos industriais españois nun mundo global O actual tecido industrial español estase a incorporar á globalización económica, de maneira que as nosas zonas industriais se configuran como puntos dunha rede de produción a nivel mundial. Esta rede caracterízase pola concentración de capital e de decisión en poucas empresas multinacionais moi poderosas, co que o papel da economía estatal se reduce. Numerosas decisións tómanse fóra de España xa que aquí hai poucas sedes centrais de grandes empresas. Isto explica que, malia ser unha potencia industrial, non teña un papel relevante na economía mundial. Globalización e deslocalización Nunha economía globalizada as empresas buscan a competitividade para aumentar a súa conta de mercado; de aquí derívanse as causas da deslocalización: a busca de menores custos laborais e das mellores condicións fiscais e técnicas. Por esta razón trasládanse ao Leste de Europa, Sueste asiático, China... Por outro lado, a localización dos establecementos industriais flexibilizouse de maneira que a empresa pode deslocalizar parte do proceso produtivo. Este é o caso dalgunhas fábricas téxtiles españolas que desprazaron ao Norte de África os procesos que esixen unha considerable ma de obra, mentres que o deseño dos tecidos, proceso de maior valor engadido, se fai en España. As consecuencias das deslocalizacións son o aumento da taxa de paro e a perda de emprego do sector secundario que cad avez tende máis a terciarizarse. As políticas industriais, por parte dos gobernos, proporciónanlles axudas ás empresas para frear o proceso de deslocalización e o aumento do paro. O proceso de industrialización de Galicia En 1955, cando outras comunidades españolas comezaban o seu despegamento industrial, preto do 70% da poboación galega aínda se dedicaba ás actividades agrícolas. Así pois, o proceso industrializador en Galicia estivo marcado por un evidene atraso debido non só á falta de iniciativas locais senón tamén á deficiente organización do sector primario e á súa posición periférica e mal comunicada con respecto aos centros de decisión. Ata as décadas centrais do século XX, as únicas actividades fabrís, limitadas case exclusivamente ao sector naval e ás conserveiras, foran desenvolvidas grazas a inestimentos exteriores como os levados a cabo pola burguesía catalana en certos núcleos costeiros. Posteriormente, as actuacións do goberno central en materia de desenvolvemento -os Polos de Desenvolvemento Industrial- apoiaron un incipiente, aínda que tardío, desenvolvemento industrial. A instalación de Citroën Hispania en Vigo (1957), grazas a un certo aperturismo económico a partir da década dos anos cincuenta, supuxo o inicio do proceso de internacionalización e diversificación da economía galega. Desde 1960, paralelamente á modernización do sector agrario, chegaron a Galicia varias multinacionais alimentarias (como Nestlé), que favoreceron o desenvolvemento das actividades primarias ao garantir e estabilizar a demanda industrial dos nosos productos agrícolas. En definitiva, as grandes empresas localizadas en Galicia contan con capital eminentemente foráneo e están máis vinculadas á industria española ou europea no seu conxunto que á do resto da comunidade autónoma. Estrutura e principais áreas industrias galegas Na actualidade, o sector secundario ocupa en torno ao 29% da poboación activa galega, similar á porcentaxe española (30%), o que indica un importante desenvolvemento do sector nas últimas décadas. Non obstante, algúns dos subsectores empresarias localizados en Galicia supoñen un gran custo ambiental. Tal é o caso da celulosa de Pontevedra, a refinería da Coruña, ou as industrias de base localizadas no concello lucense de Cervo (Alúmina-Aluminio) e no coruñés de Cee (Carburos Metálicos). As empresas industriais galegas, salvo excepcións, caracterízanse polo seu pequeño tamaño, o que as fai pouco competitivas, ao teren dificultades para incorporar innovacións tecnolóxicas. Os principais subsectores industriais localízanse ao longo do Corredor Atlántico, sobre todo na área metropolitana de Vigo e no Golfo Ártabro, que conta con mellores infraestruturas de comunicación e cunha rede empresarial consolidada: - A construción naval -sector que sufriu unha forte reconversión, da que logrou saír gracias ás subvencións estatais e ás axudas do Fondo Social Europeo- localízase fundamentalmente nas cidades de Ferrol (Navantia) e Vigo (Barreras), aínda que existen arredor de cen empresas polo xeral de pequeno tamaño relacionadas co ramo ao longo da costa galega que empregan máis de 10.000 traballadores. - A industria automobilística concéntrase fundamentalmente en Vigo e a súa comarca arredor de Citroën Hispania. Así e todo, algunhas empresas dedicadas á fabricación de carrocerías e vehículos especiais aséntanse noutras localidades galegas como Santiago (Castrosúa e URO, vehículos especiais). - O sector alimentario conta cunha ampla representación en Galicia, dada a vocación agropecuaria e mariñeira do territorio. Destacan as industrias de conserva de peixe, as de máis longa tradición da nosa comunidade, situadas preferentemente nas Rías Baixas e, sobre todo, na de Arousa (Ribeira, Pobra do Caramiñal, Vilagarcía, Vilanova...); os conxelados de produtos do mar -coa multinacional galega Pescanova-; o sector lácteo e o das augas minerais, localizados nas provincias de Ourense e Pontevedra, e o grupo Coren, que, empezando como cooperativa no ano 1961, se converteu na primeira empresa agroalimentaria de España, especializada en produtos avícolas. - O ramo da madeira está composto por industrias de primeira transformación, representadas por empresas de gran tamaño presentes nos mercados internacionais -como a Financieira Madereira FINSA, con sede en Santiago- así como por un bo número de pequenas e medianas empresas (serradoiros, carpinterías, fabricación de mobiliario...) con carácter familiar e espalladas por todo o territorio, tanto nas provincias do interior como na costa. - A industria téxtil e da confección adquiriu un enorme desenvolvemento desde os anos oitenta do século pasado, cunha cobertura empresarial de alto nivel tecnolóxico e moitos pequenos centros de produción nas catro provincias. Os principais núcleos de implantación do sector son o eixe Arteixo-A Coruña, grazas ao dinamismo do grupo Inditex e á proliferación de multitude de pequenos talleres, Vigo-Redondela, Ourense, e, en menor medida, Santiago, Lalín ou Ferrol

Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos:

Bloque II: Territorio e actividades económicas en España Tema 1: Cambios e permanencias no sector primario Cuestión teórica • Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos: - Tipos: terras labradas, prados e pastos, áreas forestais, restantes usos do solo. - Factores: condicións naturais (dominios atlántico, mediterráneo e subtropical e áreas montañosas e chairas) e estrutura da propiedade. • Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española: - A poboación rural - As explotacións agrarias - Técnicas e sistemas agrarios - Estrutura gandeira - Política Agrícola Común Ata o século XIX, todos os países mantiñan un predominio do sector primario (o que inclúe as actividades agrarias e outras ligadas á extracción de recursos naturais, como a pesa e a explotación forestal), e boa parte da súa poboación activa dedicábase a obter alimentos e outros bens de primeira necesidade. Só entón, algúns países iniciaron un proceso de industrialización, que fixo que o sector secundario se convertese no máis importante dentro do seu territorio. Nas últimas décadas, os países desenvolvidos mantiveron a redución progresiva do sector primario, e agora tamén do secundario fronte ao rápido crecemento do sector terciario ou de servizos. Na actualidade o sector primario só dá emprego ao 4,5% dos ocupados en España, e xera unha proporción algo inferior (4%) do PIB; moi por debaixo do secundario (29% dos ocupados) e, sobre todo, do terciario (66%). De todos os xeitos, a producción final agraria é hoxe un 30% superior á de hai un cuarto de século grazas ao seu maior grao de tecnificación que permite aumentar a productividade do traballo e, pese á perda de importancia dentro da economía española e a dos restantes países desenvolvidos, as actividades do sector primaria aínda manteñen un gran valor estratéxico (autonomía alimentaria, achega de materias primas, manter poboación e emprego en áreas rurais, preservar o medio ambiente...). Por todos estes motivos, a Unión Europea mantén desde hai décadas unha Política Agraria Común (PAC), que busca a supervivencia desta actividade influíndo decisivamente sobre o sector agrario español. Os grandes tipos de usos do solo Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes. A grandes trazos, identifícase cato grandes tipos de usos de solo: - As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total). Esténdese, sobre todo, polas grandes cuncas e vales interiores, de relevo predominantemente chan ou ondulado vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir), algunhas depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga, etc.) E o litoral mediterráeno. Son, en cambio, escasas tanto nas rexións do norte peninsular, coma nas áreas de montaña e o arquipiélago canario. Neste último, as condicións climáticas, topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou bne produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos. - Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total). Están destinados á produción de herba para alimento do gando, e ocupan as áreas máis húmidas, topográficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo. Pódense distinguir tres tipos de situacións: · As pradarías permanentes constitúen o uso máis característico do solo nas rexións de clima oceánico próximas ao litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandaría vacúa. · No oeste da Península Ibérica predominan os pastos estacionais, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandaría máis diversificada (bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo. · Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os pastos de altura, utilizados tradicionalmente por unha gandaría trashumante -principalmente ovina- que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas. - As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total). A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipiélagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana. Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos, etc.), así como a súa utilización para a caza. - Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da superficie total). Nesta sección inclúense desde os terreos ermos improdutivos ata as áreas urbanizadas, as ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís) e os espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros). Factores explicativos da distribución de usos do solo A distribución dos usos do solo en España vén determinada por varios factores: - As condicións naturais: En España distínguense tres dominios: · O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e oeste peninsular, degradándose cara ao interior. · O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e as illas Baleares. Caracterízase pola existencia dunha estación seca no verán, e mostra un predominio das terras labradas. · O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos alisios. Outra división é a existente entre áreas montañosas e chairas. Nas primeiras, as condicións especiais de elevada altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico favorecen un uso do solo para pastos e bosques. En cambio, nas chairas, a ocupación humana foi históricamente máis intensa, polo que predominan as terras cultivadas. Exceptúanse as penechairas occidentais, onde os solos son de pouca calidade, o que explica o seu uso para pastos e non para cultivos. - A evolución histórica e a estrutura da propiedade. Na econocía de subsistencia, cultivos, pastos e bosque complementábase, poñéndose en uso a maior superficie de terra posible para asegurar a alimentación da poboación. O desenvolvemento da economía de mercado, desde hai máis dun século, conduciu ao abandono das terras de cultivo pouco rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar o cada vez máis demandado gando; tamén produciu a destrución de certos bosques compensada coa repoboación doutros, o que produciu cambios no mapa de usos do solo. Nos territorios dominados pola gran propiedade, son habituais os usos extensivos con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles. En troques, a pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendimentos. Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre. Tradicionalmente foi, case en exclusiva, un espazo agrario onde se desenvolvían as actividades agrícolas, gandeiras e forestais. Non obstante, desde a década de 1970, introducíronse outras actividades, como as residenciais, industriais, de servizos, recreativas e paisaxístico-conservacionistas. Como consecuencia, o espazo rural volveuse máis heteroxéneo e complexo. A poboación rural A poboación ocupada nas actividades agrarias é escasa (4'5% en 2007) e envellecida (máis do 50% tiña entre 40 e 64 anos). Non obstante, existen diferenzas territoriais entre as baixas cifras de poboación agraria de Madrid e do País Vasco, en torno ao 1%, e os valores máis altos de Estremadura, Murcia e Galicia, superiores ao 8%. Pola súa banda, o envellecemento rural é máis adecuado nas comunidades do interior peninsular. A causa principal desta situación foi o éxodo rural, acontecido entre 1960 e 1975. Estivo motivado pola mecanización das tarefas agrarias e pola atracción exercida pola industria e polos servizos urbanos, que provocaron o despoboamento das áreas rurais máis atrasadas da montaña e do interior peninsular. Desde 1975, a crise económica desacelerou o éxodo rural e incrementou a actividade agraria a tempo parcial. As tendencias demográficas que se apuntan desde a década de 1990 son dobres: - Unha continuación do descenso demográfico e do envellecemento nas áreas rurais máis desfavorecidas. Os motivos son o crecemento natural negativo; a emigración; a xubilación de moitos agricultores maiores; e os plans de prexubilación e de abandono da actividade, que lles afectan sobre todo ás explotacións menos rendibles e a unha parte das traballadas a tempo parcial. - Certa recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis dinámicas. Está relacionada co asentamento de inmigrantes para realizar tarefas agrarias; coas novas actividades residenciais, industriais e de servizos en zonas rurais periurbanas e turísticas; e coas subvencións destinadas a evitar o despoboamento rural e a instalar novos agricultores. As explotacións agrarias Unha explotación agraria é unha unidade económica que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo agricultor ou gandeiro, xunto ás instalacións complementarias (granxas, almacéns, silos...), aínda que non todas as terras sexan da súa propiedade e estean dispersas polo territorio. En España contabilízanse hoxe un millón de explotacións agrarias, cifra moi inferior aos 2,9 millóns censadas en 1962. Unha parte dese descenso débese ao abandono de terras polos que se xubilaron, emgraron ou cambiaron de actividade. Pero tamén é resultado dun proceso de concentración, por venda ou arrendamento de parte desas trerras aos que permanecen no campo. Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións a 24,8 hectáreas, pero aínda existen fortes contrastes: a metade non chega ás 5 hectáreas, mentres só un 5% supera as 100 hectáreas; aínda que reúnen máis da metade da terra e dos ingresos obtidos. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre: - Explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles, en progresivo abandono ou traballadas só a tempo parcial ao non permitiren uns ingresos suficientes, o que supón unha baixa produtividade. - Empresas agrarias, ben de particulares, sociedades ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse modernizando e son rendibles, o que permite aumentar a súa produción e manter os empregados. Existen importantes diferenzas rexionais en canto ao tamaño medio das súas explotacións agrarias: - As rexións dominadas por cultivos de secaño ou devesas presentan explotacións de maior tamaño medio: máis de 50 hectáreas en Castela e León, ou máis de 30 en Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Madrid. - As rexións húmidas e de especialización gandeira, xunto aos regadíos do litoral mediterráneo e as illas, contan con explotacións máis pequenas: menos de 12 hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade Valenciana e Canarias. O réxime de tenza estable a relación entre propiedade e explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre tenza directa (explotación traballada polos seus propietarios), arrendamento (se explotan terras alleas a cambio dunha renda anual) e parzaría (se explotan terras a cambio dunha porcentaxe da colleita). Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa e tende a desaparecer o sistema de parzaría (só un 2% do total). Un medio para conseguir explotacións agrarias rendibles de dimensión suficiente foi a creación de cooperativas, en que os propietarios son socios ou cooperativistas, que poñen as súas terras ou a súa produción en común. Nalgúns casos compártense as tarefas do campo, pero predominan as dedicadas a transformar os produtos (elaboración de viños e aceites, por exemplo) e comercializalos. En España hai arredor de 4.000 cooperativas agrarias, que xa xeran o 45% da produción final agraria. Técnicas e sistemas agrarios As técnicas e os sistemas agrarios experimentaron cambios desde a década de 1960. As transformacións técnicas consistiron na incorporación de avances como a mecanización de tarefas, a seleción xenética das sementes e razas gandeiras, ou o uso de fertilizantes químicos e produtos fitosanitarios. As transformacións nos sistemas agrarios supuxeron unha crecente intensificación da produción e un paralelo aumento do rendementos. A agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o que permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son: - Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que teñen meiores condicións competitivas, abandonando o resto. A substitución do policultivo polo monocultivo provoca maior rendabilidade para o agricultor, aínda que a cambio, os riscos son superiores en caso dunha mala colleita ou se se produce un descenso de prezos neste produto. - Maior investimento de capital para incorporar maquinaria (tractores, colleitadoras, motores para rega, etc.), produtos químicos (fertilizantes, herbicidas, praguicidas, etc.) Ou sementes seleccionadas e transxénicas, manipuladas xeneticamente. Este tipo de investimentos reduce a necesidade de traballadores e aumenta os rendementos, aínda que tamén pode ter consecuencias negativas: os residuos químicos poden contaminar o solo ou as augas, e existe un debate sobre os posibles riscos para a saúde derivados do concurso de productos transxénicos. - Forte incremento da superficie en regadío, que de ocupar pouco máis dun millón de hectáreas en 1900, duplicou esa cifra en 1970 e hoxe supera os 3,4 millóns. Este aumento permite multiplicar ata por seis as produccións obtidas en secaño, pero tamén provoca a sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga. - Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado ou cultivo baixo plástico. No enarenado altérnanse capas de area e esterco, permitindo cultivar terrras moi pouco fértiles; sobre todo, no sureste peninsular. O cultivo baixo plástico asóciase ao uso de técnicas avanzadas como o cultivo hidropónico, sen solo, a rega por goteo, ou a creación de microclimas controlados a distancia con medios informáticos. Estructura gandeira Nos últimos anos, a gandería coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por: - Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos. - A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento. - Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. - Importantes modificacións na súa distribución territorial, que resulta cada vez menos dependentes das condicións naturais, ao aumentar a importancia da gandaría estabulada. No pasado, a gandaría tiña como funcións principais as de fornecer animais de labor as tarefas agrícolas (gando bovino e equino) e a produción de la (gando ovino). A produción de carne e leite para a alimentación era complementaria, ao seren produtos que só unha parte da poboación podía incluír como parte habitual da súa dieta. O gando bovino era máis frecuente nas rexións húmidas, e o ovino e caprino nas secas, pero resultaba frecuente certa mestura de especies no territorio. O gando porcino e aviario era bastante habitual, en pequenas cantidades, dentro das explotacións familiares. Na actualidade, esa situación modificouse por completo: - Case desapareceu a utilización de animais de labor ante o avance da mecanizació, e tamén perdeu importancia a produción de la ante os baixos prezos e o aumento das importacións. - Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos. Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia estacional dos rabaños, entre os pastos de montaña no verán e os de chaira no inverno, que foron a base da prosperidade económica de numerosas comarcas hoxe en declive. - A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que va unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produció e por conseguite, maior rendabilidade. Os diversos tipos de especies tiveron un crecemento moi desigual, que tamén modificou a súa distribución espacial: - O gando bovino ou vacún conta hoxe cuns 6,5 millóns de cabezas, que se destinan nun 80% á produción de carne e coiros. Localízanse, sobre todo, nas áreas montañosas e nas devesas occidentais, aínda que as granxas intensivas para a engorda de becerros proliferaron tamén en territorios con escaseza de pastos, totalmente dependentes da compra de pensos. O outro 20% do gando vacún dedícase, a produción de leite, pero a súa evolución foi máis negativa ante a competencia doutros países europeos e o establecemento de cotas leiteiras pola PAC, que eliminaron moitas explotacións familiares de pequeno tamaño. Este sector se localiza especialmente nas rexións cantábricas. - O gando ovino conta con 24 millóns de cabezas, e sufriu un forte retroceso hai catro décadas ao caer o prezo da la e emigraren moitos pastores. Porén, nos últimos anos foise recuperando ao aumentar a demanda de carne de cordeiro e leite. A súa distribución é bastante dispersa con maior importancia no interior peninsular, onde aproveitan pastos estacionais: Castela-A Mancha, Castela e León, Estremadura e Aragón suman o 70% do total. - O gando caprino conta con 3 millóns de cabezas e sempre foi complementario do anterior, utilizado para a fabricación de queixos e consumo de carne. Alcanza a súa importancia en terreos áridos ou montañosos con pastos escasos e de pouca calidade, como os de sueste peninsular e Canarias. - O gando porcino conta con preto de 24 millóns de cabezas e experimentou un rápido crecemento nas últimas décadas. Mantense a importancia da raza ibérica, criada nas devesas salmantinas, estremeñas e onubenses, que xera produtos de alta calidade e crecente demanda nacional e internacional. Pero tamén proliferan as granxas onde se realiza a engorda rápida de animais, localizadas sobre todo en Cataluña, Aragón, Murcia e algunhas provincias próximas a grandes mercados de consumo, como son Segovia e Toledo. - O gando aviario é a que rexistrou un maior aumento nos últimos tempos, con granxas que funcionan como verdadeiras fábricas automatizadas que chegan a superar, en ocasións, os 50.000 animais, a partir do consumo intensivo de pensos e un sistema de produción continua. O aumento rexistrado no consumo de carne de polo e ovos ten a súa orixe na expansión das granxas avícolas, mentras outros tipos de granxas (pavos, paspallases, avestruces, parrulos, etc.) Teñen escasa importancia ata o momento. A súa localización é pareceida á das granxas porcinas, con Cataluña na cabeza. Política Agraria Común (PAC) As áreas rurais españolas cunha importante presenza de actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes problemas: - Escasa competitividade dunha parte dos produtos, que só poden ser rendibles para o agricultor grazas ás políticas de subvención e ao establecemento de prezos protexidos. - Progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais españolas, onde os maiores de 65 anos representan un terzo da poboación, mentres a poboación nova, con menos de 16 anos é só dun 10%, así como dos propietarios das explotacións agrarias (máis da metade supera os 50 anos). - Redución dos empregos agrarios debido aos procesos de mecanización e o abandono de terras pouco produtivas. - Ingresos medios inferiores aos que obteñen os que traballan na industria ou nos servizos. - Crecentes impactos ambientais ao aumentar a demanda de agua e intensificarse a explotación da terra mediante o uso, ás veces excesivo, de agroquímicos que contaminan solos e acuíferos. Ante esta situación todos os países desenvolvidos manteñen unha política agraria que trata de asegurar a viabilidade do sector, e así manter a presenza no camo dun certo número de agricultores e gandeiros; procurando, deste xeito, elevar as súas rendas tanto por razóns económicas coma sociais e ambientais. Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC). Aínda que a PAC coñeceu importantes cambios ao longo do tempo, a súa influencia sobre o sector agrario español concretouse nunha serie de accións: - Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos agrícolas e gandeiros (cereais, oleaxinosas, leguminosas, leite, etc.), con subvencións aos produtores en función da superficie cultivada ou do número de cabezas de gando coas que contan. - Esixencia de reducción de superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as grandes leiteiras. - Apoio á forestación de terras agrícolas, para reducir a superficie total cultivada e mellorar a calidade do medio ambiente, así como á agricultura e gandería ecolóxicas. - Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos agricultores. - Apoio á diversificación económica do mundo rural, que evite a excesiva especialización agraria de certas e comarcas e favoreza empregos alternativos para mulleres e mozas (turismo rural, artesanía e industria, etc.). - Axudas especias para áreas de montaña e zonas desfavorecidas. Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas: - Absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non corresponde ao peso relativo do sector. - Supón un protecionismo do seu mercado interior, que frea as posibilidades de que países do Terceiro Mundo exporten a el os seus produtos, moitas veces máis baratos. - Como as axudas se vinculan ao tañamo da explotación, favorece unha repartición moi desigual: só un 20% das exportacións repartiu o 80% das axudas.