martes, 24 de abril de 2012

Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións.

Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións (Os transvases, a desalinización, a recuperación dos acuíferos e o saneamento dos ríos) España é un terriotroio onde a auga é escasa e está desigualmente repartida. Podemos considerar a España como un área xeográfica árida porque as precipitacións unicamente superan os 1000 mm anuais nos lugares de clima propiamente oceánico, onde chegan os efectos das borrascas atlánticas, e nalgunhas zonas de montaña. Nas terras de clima interior e mediterráneo as chuvias son escasas e irregulares, con veráns secos, e con intensa evaporación. Do elevado grao de aridez de boa parte das terras de España derívase a escaseza dos seus recursos hídricos. As confederacións hidrográficas son entidades adscritas ao Ministerio de Medio Ambiente que teñen como función xestionar os recursos hídricos do territorio que se lles asignou. Os recursos hídricos son importantes nas confederacións do Norte, Douro, Texo e Ebro. Pola contra mañteñen un precario equilibrio as do Guadiana, Xúcar, Pirineo Oriental e Canarias e son claramente deficitarias as confederacións do Guadalquivir, Sur, Segura e Baleares. Por elo, as políticas hídricas están orientadas á obtención de auga. Cabe diferenciar entre a política de transvasamentos, a desalinización da auga do mar, a recuperación dos acuíferos e os plans de saneamento dos ríos. As políticas de transvasamentos A desigual distribución dos recursos hídricos presentou a posibilidade dunha política de transvasamentos, ao derivar augan dun río a outro. De feito o abastecemento de cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Murcia, Alacante, Sevilla ou Cádiz depende de pequenos transvasamentos de augas e de complexos sistemas de distribución. Para levar a cabo grandes transvasamentos son necesarias obras que, en ocasións, atopan unha forte oposición. De feito, dos proxectos existentes, unicamente se cumpriu a primeira fase do transvasamento Texo-Segura. A condución de auga a gran distancia require custosos traballos de enxeñaría e de bombeo, e pérdese moita auga por evaporación. Doutra banda, a cesión de caudais dun río a outro pode producir cambios nos acuíferos, limitacións para ampliar o uso da auga nas cuncas fluviais de orixe, e tamén producir cambios na achega de sedimentos. Parece que se abandonou o polémico Plan Hidrolóxico Nacional que propuña unha serie de medidas entre as cales salientaba o transvasamento de caudais do Ebro cara ás terras deficitarias de auga de Levante e do Sur. A desalinización da auga do mar Na actualidade, búscase satisfacer a demanda de auga das áreas deficitarias coa instalación de plantas desalgadoras. Esta solución resulta custosa e o seu funcionamento consume moita enerxía. No entanto, a técnica para desalgar a auga do mar está a realizar numerosos progresos para abaratar os seus custose mais o seu consumo de enerxía, e a agua que se obtén é de boa calidade. En España funcionan plantas desalgadoras nas illas Canarias e Almería, e estanse a construír novas instalacións ao longo da costa mediterránea. A recuperación dos acuíferos As augas subterráneas, cuxa renovación pode representar decenas de milleiros de anos, explótanse a partir da perforación de pozos e o bombeo de auga. Este aproveitamento foi moi intenso nas terras mediterráneas, para regar as hortas, e tamén para aquelas terras que non contan con outro recurso hídrico, como o Campo de Níxar, áreas do Maestrazgo e algúns lugares da Mancha. A extracción de auga dos acuíferos non soamente fixo diminuír o seu nivel, senón que tamén provocou o desecamento total ou parcial de áreas lacustres e palustres. Nas áreas litorais, o risco máis grave é a salinización da auga dos acuíferos. Para poder extraer auga doce, as perforacións alcanzaron ás veces os 600 m de profundidade. A falta de presión da auga doce rompe o equilibrio entre a presión que exerce esta e a auga do mar, que penetra nos acuíferos e provoca a salinización dos solos de cultivo e a perda da súa fertilidade. Esta auga non é apta para algúns usos industriais nin para o consumo. A crecente urbanización da costa mediterránea e a agricultura e mais a gandaría intensiva favoreceron a filtración das augas residuais, xurros e produtos químicos que corromperon a calidade de moitas augas subterráneas. Para resolver estes problemas actualmente se propón inxectar auga para recargar algúns acuíferos e proceder á depuración das augas que conteñen. Os plans de saneamento dos ríos En España aplícanse plans de saneamento dos ríos coa finalidade de reducir a progresiva deterioración da calidade das súas augas e acadar un bo estado ecolóxico, o que significa que os seus leitos van poder ter a capacidade de xerar vida. Estes plans supoñen un maior control sobre as verteduras industriais e urbanas, así como a instalación de colectores e plantas depuradoras de auga,para converter algúns ríos cloaca en ríos de augas limpas. Algúns exemplos témolos nos ríos Ego (País Vasco), Cuadiaro (Andalucía) ou Besós (Cataluña). Un dos obxectivos do Plan Nacional de Calidade das Augas 2007-2015 é a restauración dos ríos españois co fin de devolver ao seu estado natural ríos, corgos,regueiros e brañais.