martes, 24 de abril de 2012

Mapa de riscos: xeolóxicos, climáticos (inundacións, temporais e secas)

Os riscos naturais son trazos ambientais que ameazan o benestar ou a vida humana polas consecuencias catastróficas que poden producir. Os máis frecuentes en España son de orixe xeolóxica e climática, e poden ocasionar cuantiosas perdas humanas e materiais, como danos en infraestructuras, edificios e colleitas. As características xeolóxicas do territorio español, a súa situación climática na zona temperada do planeta, e a presenza de abundantes cursos fluviais e espazos de vexetación frondosa, favorecen a existencia dun amplo catálogo de perigos naturais. Estes riscos teñen a súa orixe nas características xeolóxicas e xeomorfolóxicas do país, así como nas súas condicións atmosféricas. Os riscos xeolóxicos proceden do interior da Terra, en forma de sismos e erupcións volcánicas, ou do exterior, como os movementos de ladeira. Os sismos ou tremores de terra débense á posición da Península na zona de contacto entre as placas africana e euroasiática, polo que ameazan principalmente o sur e o sueste peninsular. De forma secundaria, afectan aos Pirineos e a Cataluña, onde están motivados polos movementos de asentamento da cordilleira, que aínda non finalizaron. As erupcións volcánicas limítanse ás illas Canarias de La Palma, El Hierro, Tenerife e Lanzarote. Nesta área sucedéronse diversas erupcións ao longo da historia polo que require unha vixilancia constante para tratar de predicir posibles erupcións e así poder minimizar os seus riscos. As maiores ameazas localízanse nas illas cun vulcanismo histórico, entre as que destaca Tenerfe, onde a actividade volcánica se combina cunha elevada ocupación humana do territorio. Na Península Ibérica existen outros sectores en que tiveron lugar fenómenos durante o Terciario ou Cuaternario, creando paisaxes volcánicas como as que podemos contemplar no cabo de Gata (Almería), o Campo de Calatrava (Cidade Real) e o Campo de Olot (Xirona). Os movementos de ladeira son rápidos desprazamentos de grandes masas de terra ou de rochas por unha vertente. Poden ser de dous tipos: - Os esvaramentos son propios de rexións húmidas con fortes pendentes cubertas por herba ou prados, que non suxeitan suficientemente un solo saturado por fortes chuvias. Poden producirse a partir dun horizonte arxiloso do solo ou dunha fractura da vertente. - Os desprazamentos acontecen en vertentes en cuxo cumio tñen lugar roturas de rochas. Os fragmentos rotos rodan pola vertente; acumúlanse no lugar onde se suaviza a inclinación, e poden desprenderse se se producen tensións locais (conxelación, infiltración de auga, etc.). En España as áreas con este tipo de risco son moi amplas, localizándose sobre todo en zonas con pendentes elevadas (áreas de montaña, acantilados, etc.). Os danos que ocasionan poden ser elevados, sobre todo cando afectan persoas, vivendas ou infraestruturas varias. Os riscos climáticos son os que teñen a súa orixe en situacións atmosféricas extremas. En España os máis frecuentes son as inundacións e as secas. - As inundacións están motivadas por intensas precipitacións caídas en pouco tempo ou pola rápida fusión da neve. Os desbordamentos de ríos, corgas, barrancos e torrentes son, sen dúbida, o perigo natural que se presenta con maior frecuencia en España e o que orixina un maior número de efectos catastróficos. En moitas ocasións estes efectos negativos increméntanse por actuacións humanas inadecuadas, como a instalación de edificacións en áreas inundables, a obturación da desembocadura dos leitos de auga, etc. As inundacións poden estar xeradas polo desbordamento de grandes cursos fluviais, a causa de chuvias abundantes e prolongadas, ou ben pola enchente súbita do caudal en corgas e barrancos, como consecuencia de precipitacións torrenciais. Estas últimas son as máis perigosas, porque o tempo de reacción para a evacuación da poboación é moi curto. As rexións españolas máis afectadas polas inundacións son o País Vasco e Navarra, a depresión do Ebro, o litoral mediterráneo peninsular, a costa atlántica andaluza, as Illas Baleares, e as illas de Tenerife e Gran Canaria no arquipiélago canario. Nos últimos anos leváronse a cabo obras de enxeñaría hidráulica para intentar reducir o perigo de inundación. Así mesmo, apróbanse normas que prohiben a construción de vivendas en áreas que presentan risco ante este tipo de episodios. - As secas son déficits pluviométricos temporais e prolongados respecto ás precipitacións medias dun territorio. A seca é un risco silecioso pero constante. Vaise manifestando pouco a pouco, pero cando a falta de chuvias alcanza un nivel de urxencia, os problemas comezan a manifestarse con toda a súa crueza. Prodúcense entón restriccións no abastecemento de agua das cidades, así como na que se utiliza para a rega agrícola. O conxunto do territroio español que presenta un risco máis elevado fronte a seca son as rexións do sur e sueste peninsular, así como as Canarias. As solucións a estes episodios de seca non son fáciles e algunha delas, como a perforación de pozos, entraña perigos medioambientais de gran dimensión, domo a sobreexplotación dos acuíferos. A actual lexislación española contempla medidas tales como transvasamentos, plantas de desalinización e reutilización de augas depuradas. Así mesmo, é importante concienciar a poboación sobre a necesidade dun uso racional da auga como primeira medida para minimizar estas situacións. Outros riscos climáticos menos frecuentes son a sarabia, as tormentas con grande aparato eléctrico, as ondadas de frío, os temporais de neve, as ondadas de calor e os termporais de vento. As tormentas de sarabia se producen na primaveira e no verán ocasionando danos nas produccións agrarias; os temporais de frío e neve, vinculados a vagas de frío intenso, que orixinan problemas de circulación viaria e danos nos cultivos; os temporais de vento que sacoden as costas españolas, ocasionando danos en praias, instalacións portuarias e paseos marítimos a causa da forte ondanada, as vagas de calor, que poden causar víctimas mortais como consecuencia das altas temperaturas, e os aludes de neve en zonas de montaña, que supoñen o escorregamento de capas superficiais de neve nas ladeiras das montañas. As actuacións fronte aos riscos naturais son de catro tipos: - A construción de infraestruturas para mitigar os máis frecuentes: drenaxe, plantación de árbores e reforzo das vertentes; reforestación e acondicionamento da canle dos ríos, e as obras hidráulicas para controlar as inundacións e paliar a seca. - A creación de sistemas de previsión e de vixilancia nas áreas con máis risco: redes de vixilancia sísmica, volcánica e hidrolóxica, e plans de xestión da seca. - As accións de emerxencia para protexer a poboación cando ser produce un fenómeno extremo. En España, estas accións coordínaas Protección Civil. - A prevención dos riscos mediante o establecemento de normas que os eviten, e a educación e a información da cidadanía. Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-6-riscos-e-problemas-ambientais/practicos/mapa-de-riscos-xeoloxicos-e-climaticos/ Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es