martes, 24 de abril de 2012

Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos:

Bloque II: Territorio e actividades económicas en España Tema 1: Cambios e permanencias no sector primario Cuestión teórica • Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos: - Tipos: terras labradas, prados e pastos, áreas forestais, restantes usos do solo. - Factores: condicións naturais (dominios atlántico, mediterráneo e subtropical e áreas montañosas e chairas) e estrutura da propiedade. • Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española: - A poboación rural - As explotacións agrarias - Técnicas e sistemas agrarios - Estrutura gandeira - Política Agrícola Común Ata o século XIX, todos os países mantiñan un predominio do sector primario (o que inclúe as actividades agrarias e outras ligadas á extracción de recursos naturais, como a pesa e a explotación forestal), e boa parte da súa poboación activa dedicábase a obter alimentos e outros bens de primeira necesidade. Só entón, algúns países iniciaron un proceso de industrialización, que fixo que o sector secundario se convertese no máis importante dentro do seu territorio. Nas últimas décadas, os países desenvolvidos mantiveron a redución progresiva do sector primario, e agora tamén do secundario fronte ao rápido crecemento do sector terciario ou de servizos. Na actualidade o sector primario só dá emprego ao 4,5% dos ocupados en España, e xera unha proporción algo inferior (4%) do PIB; moi por debaixo do secundario (29% dos ocupados) e, sobre todo, do terciario (66%). De todos os xeitos, a producción final agraria é hoxe un 30% superior á de hai un cuarto de século grazas ao seu maior grao de tecnificación que permite aumentar a productividade do traballo e, pese á perda de importancia dentro da economía española e a dos restantes países desenvolvidos, as actividades do sector primaria aínda manteñen un gran valor estratéxico (autonomía alimentaria, achega de materias primas, manter poboación e emprego en áreas rurais, preservar o medio ambiente...). Por todos estes motivos, a Unión Europea mantén desde hai décadas unha Política Agraria Común (PAC), que busca a supervivencia desta actividade influíndo decisivamente sobre o sector agrario español. Os grandes tipos de usos do solo Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes. A grandes trazos, identifícase cato grandes tipos de usos de solo: - As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total). Esténdese, sobre todo, polas grandes cuncas e vales interiores, de relevo predominantemente chan ou ondulado vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir), algunhas depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga, etc.) E o litoral mediterráeno. Son, en cambio, escasas tanto nas rexións do norte peninsular, coma nas áreas de montaña e o arquipiélago canario. Neste último, as condicións climáticas, topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou bne produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos. - Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total). Están destinados á produción de herba para alimento do gando, e ocupan as áreas máis húmidas, topográficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo. Pódense distinguir tres tipos de situacións: · As pradarías permanentes constitúen o uso máis característico do solo nas rexións de clima oceánico próximas ao litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandaría vacúa. · No oeste da Península Ibérica predominan os pastos estacionais, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandaría máis diversificada (bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo. · Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os pastos de altura, utilizados tradicionalmente por unha gandaría trashumante -principalmente ovina- que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas. - As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total). A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipiélagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana. Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos, etc.), así como a súa utilización para a caza. - Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da superficie total). Nesta sección inclúense desde os terreos ermos improdutivos ata as áreas urbanizadas, as ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís) e os espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros). Factores explicativos da distribución de usos do solo A distribución dos usos do solo en España vén determinada por varios factores: - As condicións naturais: En España distínguense tres dominios: · O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e oeste peninsular, degradándose cara ao interior. · O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e as illas Baleares. Caracterízase pola existencia dunha estación seca no verán, e mostra un predominio das terras labradas. · O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos alisios. Outra división é a existente entre áreas montañosas e chairas. Nas primeiras, as condicións especiais de elevada altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico favorecen un uso do solo para pastos e bosques. En cambio, nas chairas, a ocupación humana foi históricamente máis intensa, polo que predominan as terras cultivadas. Exceptúanse as penechairas occidentais, onde os solos son de pouca calidade, o que explica o seu uso para pastos e non para cultivos. - A evolución histórica e a estrutura da propiedade. Na econocía de subsistencia, cultivos, pastos e bosque complementábase, poñéndose en uso a maior superficie de terra posible para asegurar a alimentación da poboación. O desenvolvemento da economía de mercado, desde hai máis dun século, conduciu ao abandono das terras de cultivo pouco rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar o cada vez máis demandado gando; tamén produciu a destrución de certos bosques compensada coa repoboación doutros, o que produciu cambios no mapa de usos do solo. Nos territorios dominados pola gran propiedade, son habituais os usos extensivos con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles. En troques, a pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendimentos. Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre. Tradicionalmente foi, case en exclusiva, un espazo agrario onde se desenvolvían as actividades agrícolas, gandeiras e forestais. Non obstante, desde a década de 1970, introducíronse outras actividades, como as residenciais, industriais, de servizos, recreativas e paisaxístico-conservacionistas. Como consecuencia, o espazo rural volveuse máis heteroxéneo e complexo. A poboación rural A poboación ocupada nas actividades agrarias é escasa (4'5% en 2007) e envellecida (máis do 50% tiña entre 40 e 64 anos). Non obstante, existen diferenzas territoriais entre as baixas cifras de poboación agraria de Madrid e do País Vasco, en torno ao 1%, e os valores máis altos de Estremadura, Murcia e Galicia, superiores ao 8%. Pola súa banda, o envellecemento rural é máis adecuado nas comunidades do interior peninsular. A causa principal desta situación foi o éxodo rural, acontecido entre 1960 e 1975. Estivo motivado pola mecanización das tarefas agrarias e pola atracción exercida pola industria e polos servizos urbanos, que provocaron o despoboamento das áreas rurais máis atrasadas da montaña e do interior peninsular. Desde 1975, a crise económica desacelerou o éxodo rural e incrementou a actividade agraria a tempo parcial. As tendencias demográficas que se apuntan desde a década de 1990 son dobres: - Unha continuación do descenso demográfico e do envellecemento nas áreas rurais máis desfavorecidas. Os motivos son o crecemento natural negativo; a emigración; a xubilación de moitos agricultores maiores; e os plans de prexubilación e de abandono da actividade, que lles afectan sobre todo ás explotacións menos rendibles e a unha parte das traballadas a tempo parcial. - Certa recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis dinámicas. Está relacionada co asentamento de inmigrantes para realizar tarefas agrarias; coas novas actividades residenciais, industriais e de servizos en zonas rurais periurbanas e turísticas; e coas subvencións destinadas a evitar o despoboamento rural e a instalar novos agricultores. As explotacións agrarias Unha explotación agraria é unha unidade económica que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo agricultor ou gandeiro, xunto ás instalacións complementarias (granxas, almacéns, silos...), aínda que non todas as terras sexan da súa propiedade e estean dispersas polo territorio. En España contabilízanse hoxe un millón de explotacións agrarias, cifra moi inferior aos 2,9 millóns censadas en 1962. Unha parte dese descenso débese ao abandono de terras polos que se xubilaron, emgraron ou cambiaron de actividade. Pero tamén é resultado dun proceso de concentración, por venda ou arrendamento de parte desas trerras aos que permanecen no campo. Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións a 24,8 hectáreas, pero aínda existen fortes contrastes: a metade non chega ás 5 hectáreas, mentres só un 5% supera as 100 hectáreas; aínda que reúnen máis da metade da terra e dos ingresos obtidos. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre: - Explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles, en progresivo abandono ou traballadas só a tempo parcial ao non permitiren uns ingresos suficientes, o que supón unha baixa produtividade. - Empresas agrarias, ben de particulares, sociedades ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse modernizando e son rendibles, o que permite aumentar a súa produción e manter os empregados. Existen importantes diferenzas rexionais en canto ao tamaño medio das súas explotacións agrarias: - As rexións dominadas por cultivos de secaño ou devesas presentan explotacións de maior tamaño medio: máis de 50 hectáreas en Castela e León, ou máis de 30 en Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Madrid. - As rexións húmidas e de especialización gandeira, xunto aos regadíos do litoral mediterráneo e as illas, contan con explotacións máis pequenas: menos de 12 hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade Valenciana e Canarias. O réxime de tenza estable a relación entre propiedade e explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre tenza directa (explotación traballada polos seus propietarios), arrendamento (se explotan terras alleas a cambio dunha renda anual) e parzaría (se explotan terras a cambio dunha porcentaxe da colleita). Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa e tende a desaparecer o sistema de parzaría (só un 2% do total). Un medio para conseguir explotacións agrarias rendibles de dimensión suficiente foi a creación de cooperativas, en que os propietarios son socios ou cooperativistas, que poñen as súas terras ou a súa produción en común. Nalgúns casos compártense as tarefas do campo, pero predominan as dedicadas a transformar os produtos (elaboración de viños e aceites, por exemplo) e comercializalos. En España hai arredor de 4.000 cooperativas agrarias, que xa xeran o 45% da produción final agraria. Técnicas e sistemas agrarios As técnicas e os sistemas agrarios experimentaron cambios desde a década de 1960. As transformacións técnicas consistiron na incorporación de avances como a mecanización de tarefas, a seleción xenética das sementes e razas gandeiras, ou o uso de fertilizantes químicos e produtos fitosanitarios. As transformacións nos sistemas agrarios supuxeron unha crecente intensificación da produción e un paralelo aumento do rendementos. A agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o que permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son: - Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que teñen meiores condicións competitivas, abandonando o resto. A substitución do policultivo polo monocultivo provoca maior rendabilidade para o agricultor, aínda que a cambio, os riscos son superiores en caso dunha mala colleita ou se se produce un descenso de prezos neste produto. - Maior investimento de capital para incorporar maquinaria (tractores, colleitadoras, motores para rega, etc.), produtos químicos (fertilizantes, herbicidas, praguicidas, etc.) Ou sementes seleccionadas e transxénicas, manipuladas xeneticamente. Este tipo de investimentos reduce a necesidade de traballadores e aumenta os rendementos, aínda que tamén pode ter consecuencias negativas: os residuos químicos poden contaminar o solo ou as augas, e existe un debate sobre os posibles riscos para a saúde derivados do concurso de productos transxénicos. - Forte incremento da superficie en regadío, que de ocupar pouco máis dun millón de hectáreas en 1900, duplicou esa cifra en 1970 e hoxe supera os 3,4 millóns. Este aumento permite multiplicar ata por seis as produccións obtidas en secaño, pero tamén provoca a sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga. - Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado ou cultivo baixo plástico. No enarenado altérnanse capas de area e esterco, permitindo cultivar terrras moi pouco fértiles; sobre todo, no sureste peninsular. O cultivo baixo plástico asóciase ao uso de técnicas avanzadas como o cultivo hidropónico, sen solo, a rega por goteo, ou a creación de microclimas controlados a distancia con medios informáticos. Estructura gandeira Nos últimos anos, a gandería coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por: - Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos. - A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento. - Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. - Importantes modificacións na súa distribución territorial, que resulta cada vez menos dependentes das condicións naturais, ao aumentar a importancia da gandaría estabulada. No pasado, a gandaría tiña como funcións principais as de fornecer animais de labor as tarefas agrícolas (gando bovino e equino) e a produción de la (gando ovino). A produción de carne e leite para a alimentación era complementaria, ao seren produtos que só unha parte da poboación podía incluír como parte habitual da súa dieta. O gando bovino era máis frecuente nas rexións húmidas, e o ovino e caprino nas secas, pero resultaba frecuente certa mestura de especies no territorio. O gando porcino e aviario era bastante habitual, en pequenas cantidades, dentro das explotacións familiares. Na actualidade, esa situación modificouse por completo: - Case desapareceu a utilización de animais de labor ante o avance da mecanizació, e tamén perdeu importancia a produción de la ante os baixos prezos e o aumento das importacións. - Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos. Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia estacional dos rabaños, entre os pastos de montaña no verán e os de chaira no inverno, que foron a base da prosperidade económica de numerosas comarcas hoxe en declive. - A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que va unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produció e por conseguite, maior rendabilidade. Os diversos tipos de especies tiveron un crecemento moi desigual, que tamén modificou a súa distribución espacial: - O gando bovino ou vacún conta hoxe cuns 6,5 millóns de cabezas, que se destinan nun 80% á produción de carne e coiros. Localízanse, sobre todo, nas áreas montañosas e nas devesas occidentais, aínda que as granxas intensivas para a engorda de becerros proliferaron tamén en territorios con escaseza de pastos, totalmente dependentes da compra de pensos. O outro 20% do gando vacún dedícase, a produción de leite, pero a súa evolución foi máis negativa ante a competencia doutros países europeos e o establecemento de cotas leiteiras pola PAC, que eliminaron moitas explotacións familiares de pequeno tamaño. Este sector se localiza especialmente nas rexións cantábricas. - O gando ovino conta con 24 millóns de cabezas, e sufriu un forte retroceso hai catro décadas ao caer o prezo da la e emigraren moitos pastores. Porén, nos últimos anos foise recuperando ao aumentar a demanda de carne de cordeiro e leite. A súa distribución é bastante dispersa con maior importancia no interior peninsular, onde aproveitan pastos estacionais: Castela-A Mancha, Castela e León, Estremadura e Aragón suman o 70% do total. - O gando caprino conta con 3 millóns de cabezas e sempre foi complementario do anterior, utilizado para a fabricación de queixos e consumo de carne. Alcanza a súa importancia en terreos áridos ou montañosos con pastos escasos e de pouca calidade, como os de sueste peninsular e Canarias. - O gando porcino conta con preto de 24 millóns de cabezas e experimentou un rápido crecemento nas últimas décadas. Mantense a importancia da raza ibérica, criada nas devesas salmantinas, estremeñas e onubenses, que xera produtos de alta calidade e crecente demanda nacional e internacional. Pero tamén proliferan as granxas onde se realiza a engorda rápida de animais, localizadas sobre todo en Cataluña, Aragón, Murcia e algunhas provincias próximas a grandes mercados de consumo, como son Segovia e Toledo. - O gando aviario é a que rexistrou un maior aumento nos últimos tempos, con granxas que funcionan como verdadeiras fábricas automatizadas que chegan a superar, en ocasións, os 50.000 animais, a partir do consumo intensivo de pensos e un sistema de produción continua. O aumento rexistrado no consumo de carne de polo e ovos ten a súa orixe na expansión das granxas avícolas, mentras outros tipos de granxas (pavos, paspallases, avestruces, parrulos, etc.) Teñen escasa importancia ata o momento. A súa localización é pareceida á das granxas porcinas, con Cataluña na cabeza. Política Agraria Común (PAC) As áreas rurais españolas cunha importante presenza de actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes problemas: - Escasa competitividade dunha parte dos produtos, que só poden ser rendibles para o agricultor grazas ás políticas de subvención e ao establecemento de prezos protexidos. - Progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais españolas, onde os maiores de 65 anos representan un terzo da poboación, mentres a poboación nova, con menos de 16 anos é só dun 10%, así como dos propietarios das explotacións agrarias (máis da metade supera os 50 anos). - Redución dos empregos agrarios debido aos procesos de mecanización e o abandono de terras pouco produtivas. - Ingresos medios inferiores aos que obteñen os que traballan na industria ou nos servizos. - Crecentes impactos ambientais ao aumentar a demanda de agua e intensificarse a explotación da terra mediante o uso, ás veces excesivo, de agroquímicos que contaminan solos e acuíferos. Ante esta situación todos os países desenvolvidos manteñen unha política agraria que trata de asegurar a viabilidade do sector, e así manter a presenza no camo dun certo número de agricultores e gandeiros; procurando, deste xeito, elevar as súas rendas tanto por razóns económicas coma sociais e ambientais. Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC). Aínda que a PAC coñeceu importantes cambios ao longo do tempo, a súa influencia sobre o sector agrario español concretouse nunha serie de accións: - Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos agrícolas e gandeiros (cereais, oleaxinosas, leguminosas, leite, etc.), con subvencións aos produtores en función da superficie cultivada ou do número de cabezas de gando coas que contan. - Esixencia de reducción de superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as grandes leiteiras. - Apoio á forestación de terras agrícolas, para reducir a superficie total cultivada e mellorar a calidade do medio ambiente, así como á agricultura e gandería ecolóxicas. - Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos agricultores. - Apoio á diversificación económica do mundo rural, que evite a excesiva especialización agraria de certas e comarcas e favoreza empregos alternativos para mulleres e mozas (turismo rural, artesanía e industria, etc.). - Axudas especias para áreas de montaña e zonas desfavorecidas. Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas: - Absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non corresponde ao peso relativo do sector. - Supón un protecionismo do seu mercado interior, que frea as posibilidades de que países do Terceiro Mundo exporten a el os seus produtos, moitas veces máis baratos. - Como as axudas se vinculan ao tañamo da explotación, favorece unha repartición moi desigual: só un 20% das exportacións repartiu o 80% das axudas.