martes, 24 de abril de 2012

VOCABULARIO SELECTIVIDADE 2011-2012

Aluvión: Material case sempre detrítico que presenta unha granulometría diversa (gravas, areas, cantos) e forma depósitos sedimentarios de orixe fluvial. Estos materiais transportados polos ríos, sufriron o desgaste progresivo das súas aristas como consecuencia do choque e frotamento ó que estiveron sometidos. Foz: Corte profundo, case vertical, que pode chegar a formar un río ao circular sobre materiais duros. Son formas propias do relevo cárstico e do relevo sobre rocas metamórficas. Litosfera: Capa ríxida e sólida que constitúe a corteza exterior sólida do globo terrestre, situada por riba da astenosfera ou capa viscosa, e que abarca uns 50 Km baixo os continentes e 10 Km. Baixo os océanos. Os continentes e fondos mariños forman parte dela. Meseta: Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficosde importancia e os seus rebordes poden ser montañosos. En España é a unidade pricipal do relevo peninsular, resto do antigo macizo surxido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordes montañosos. Penechaira: Forma do relevo que soe ocupar grandes extensións e que, por efecto da erosión, presenta unha superficie suavemente ondulada, sen apenas diferenza de altura ente os vales e os interfluvios. Está formada por materiais antigos e erosionados. Somontano ou pé de monte: Terreo ou rexión situado na ladeira dunha montaña. Terras chás, aínda que levemente inclinadas, formadas entre as serras exteriores e o centro da depresión do Ebro, que están constituídas por materiais grosos e duros dos relevos montañosos, transportados polos ríos. Tectónica de placas: Teoría xeolóxica que explica os diferentes fenómenos xeolóxicos a partir dos movementos das placas litosféricas ríxidas sobre a aenosfera branda, movementos que se deben ás correntes de convección existentes no manto. Aridez: A aridez é a relación entre a temperatura e a humidade nun espacio dado. A aridez aumenta coa temperatura e coa escaseza de precipitacións. Existen diversos índices para calculala: o índice de Gaussen mide a aridez mensual, un mes é árido cando 2TºC ≥ Pmm. O índice de Lautensach-Meyer determina a aridez xeral dunha zona a partir do número de meses con déficit de agua (menos de 30mm de precipitación). Barlovento: Parte dun relevo ou zona orientada cara ó lugar de onde vén o vento. É dicir, ladera dun relevo montañoso exposta ao fluxo ascendente do vento. Ao elevarse o aire, arrefríase, se condensa o vapor de auga que contén e produce precipitacións. En España, a ladera de barlovento dependerá de onde proceda a masa de aire húmida e a disposición do relevo; por exemplo na Cordillera Cantábrica será a vertente norte. Oponse a sotavento. Inversión térmica: Aumento da temperatura do aire ó aumenta-la altura, cando debera de disminuir segundo o gradiente térmico normal. Así atopamos o aire máis quente sobre o máis frío. E un fenómeno que se produce sobre todo no inverno cando o aire frío, máis pesado, acumúlase no fondo dos vales. Isto débese a que a superficie de contacto co chan, a baixas temperaturas, é maior nas zonas baixas que nos cumes. Isóbara: Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha mesma presión atmosférica. Nos mapas do tempo, as isobaras trazanse cada 4mbs. Cando o seu valor supera o da presión normal (1013mb) constitúen anticiclones, cando se sitúa por baixo, borrascas. Isohieta: Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran a mesma cantidade de precipitacións. O seu valor exprésase en mm. En España os valores máis elevados (superiores a 800mm) corresponden ás zonas montañosas e ao norte peninsular; os valores máis baixos (inferiores a 300mm) danse na zona do sureste peninsular e nas illas de Lanzarote e Fuerteventura. Umbría: É unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val expostas á sombra e oposta á solana. As súas temperaturas máis baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis amplos. En España é a orientada ao norte. Cunca fluvial: É a rexión na que as augas se escurren seguindo liñas converxentes e que constitúe a área de alimentación dun río. A delimitación das cuncas hidrográficas en España débese a que o relevo marca claramente as liñas divisorias de augas. Cada cunca organízase administrativamente desde 1926 dentro dunha Confederación Hidrográfica, coa finalidade de estudar e explotar as infraestructuras no territorio da cuenca, e xestionar o dominio público hidráulico da mesma. Estiaxe: Periodo durante o cal os ríos ou outras correntes de auga alcanzan o seu caudal máis baixo. A este nivel dáselle o nivel 0 e, a partir del, mídese a altura das augas. En España, os estiaxes son especialmente acusados nos ríos mediterráneos da metade meridional da Península. Marisma: Terreo pantanoso, de auga salada, situado nas proximidades da costa, case sempre próximo ás desembocaduras de ríos. Un exemplo en España serían as marismas do Guadalquivir. Laurisilva: Tipo de bosque que se localiza nalgunhas illas dos arquipiélagos das Azores, Madeira e Canarias. É moi esixente en humidade, e prefire as vertentes das illas montañosas onde se forman néboas frecuentes. Ao non existiren grandes contrastes estacionais, a maior parte das especies non perden a folla durante todo o ano. O estrato arbóreo está formado por diversas especies, polo que se trata dun bosque pluriespecífico. Maquis: Matogueira arbustiva que pode alcanzar dous metros de altura, composto, entre outras especies, por lestiscos e palmeiras. Vexetación clímax: Vexetación que se estableceu por sí mesma nun determinado lugar, en determinadas condicións climáticas, en ausencia de accións antrópicas por un longo tempo, é dicir, é o estado de equilibrio ou cuasi equilibrio asintótico dun ecosistema local. Vexetación antrópica: Vexetación introducida polo home nun espacio determinado da biosfera polo seu valor económico, ou a degradación da cuberta vexetal existente. Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana, denomínase vexetación secundaria. Un exemplo sería a repoboación de piñeiros e eucaliptos na paisaxe vexetal de clima oceánico Esteiro:Desembocadura dun río cuio cauce se ensancha en forma de V, e dento do cal a marea flúe e reflúe. A maioría dos esteiros son resultado dunha elevación relativa do nivel do mar; e en algúns acumúlanse depósitos mentras que outros mantéñense relativamente libre por efecto do refluxo da marea. Landa:Formación arbustiva leñosa e densa, que aparece nas zonas de clima oceánico de solos pobres. Constitúe unha degradación do bosque caducifolio ó degradarse por sobreexplotación ou incendio. As especies máis comúns son o toxo, a xesta e o breixo. Adoita usarse como cama para os animais e como abono. Ría:Entrante costeiro que resulta da invasión do mar no tramo final dun val fluvial. Algunhas son curtas e de boca estreita e outras amplas e profundas (en embudo). Tómbolo:Illotes rochosos unidos ao litoral por unha barra de area. Poden ser dobres cando son dúas as barras areentas quedando entón unha lagoa entre ambas as dúas. Avaliación de impacto ambiental:Procedemento administrativo que permite identificar os posibles efectos amtientais dunha acción humana durante a fase en que aínda está en proxecto, propoñendo medidas para evitalos, reducilos ou compensalos. Por exemplo, antes de realizar unha estrada, unha presa ou un porto, analízanse as posibles consecuencias ambientais e establécense medidas para diminuír os efectos negativos que esa obra poida ter sobre o medio. Ecosistema:Comunidade natural unitaria ou, polo menos, homoxénea integrada por uns determinados seres vivos (animais, plantas, bacterias), compoñentes abióticos (o ambiente físico) e uns fluxos de enerxía e materiais. Efecto invernadoiro:Situación que se dá no planeta de forma natural pero que, nas últimas décadas, se acentuou pola actividade humana. A acumulación de emisións de gases procedentes da queima de combustibles fósiles crea unha capa que, como o teito dun invernadoiro, impide saír ao espazo a calor emitida pola terra e os océanos. Esta calor acumúlase e favorece o quecemento global. Paisaxe:Calquera parte do territorio, tal como é percibida polas poboacións, cuxo carácter resulta da acción de factores naturais ou humanos e das súas interrelacións. Acuicultura: Técnica de cultivo de especies accuáticas vexetais e animais en ambientes físicos controlados, co obxectivo de mater as condicións que estas especies atopan no seu ambiente natural. Agricultura ecolóxica: Tipo de agricultura que prescinde de utilizar produtos químicos (fretilizantas, insecticidas, sementes modificadas, etc.) para aumentar a fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso de fármacos nas explotacións gandeiras. Supón apostar por unha menor produtividade, a cambio de produtos máis saudables e un maior respecto ás candicións ambientais de cada área. A súa maior limitación é que se obteñen produtos máis custosos e, por tanto, de prezos algo superiores no mercado. Denominación de orixe: Certificación de calidade que se outorga a produtos dun determinado territorio do que toman o seu nome, que asegura certas características comúns que todos deben cumprir. Resulta cada vez máis frecuente en produtos agrarios (viños, aceites, carnes, legumes, queixos, doces, etc.). Desagrarización: Proceso de reducción do emprego agrario, ante o maior dinamismo doutras actividades e a mecanización das tarefas do campo. Explotación intensiva: Forma de explotación agraria localizada sobre unha superficie reducida de terreo, que proporciona altos rendementos grazas aos elevados investimentos que recibe en traballo ou no emprego de técnicas avanzadas. Política Agrícola Común (PAC): Política europea composta por unha serie de normas e mecanismos que regulan a produción, o comercio e o tratamento dos produtos agrícolas na Unión Europea co fin de incrementar a produción agraria fomentando o progreso técnico, asegurando o desenvolvemento racional da produción agrícola e gandeira, así como o emprego óptimo dos factores de produción, en particular, da man de obra. O seu orzamento está cercano ao 50% do orzamento comunitario. Política Pesqueira Comunitaria (PPC): Política europea que vai encamiñada a unha explotación sustentable do medio mariño e dos seus recursos e a fomentar o cultivo de especies polo sistema da acuicultura, así como a negociar acordos con países non comunitarios para poder pescar nos seus caladoiros. Silvicultura: Explotación económica dos bosques, dos que se obtén, sobre todo, madeira, pero tamén, resina, froitos silvestres, etc. Transxénicos: Plantas modificadas xeneticamente, é dicir, sometidas a unha alteración dos seus xenes procedentes doutros organismos para dotalas de certas propiedades: resistencia ás malas herbas e a certas pragas, maior rendemento, etc. Economías de escala:Falamos de economía de escala cando unha empresa consigue aforrar custes en virtude da súa produción a grande escala. Pero empregamos o termo moitas veces en relación co concepto de economías externas; neste caso, o concepto expresa as vantaxes que para unha empresa comporta a súa localización nun determinado entorno: cando se produce unha concentración xeográfica das industrias, por exemplo, as fábricas benefícianse de infraestruturas colectivas e repártense o custe destas. Situadas perto dun grande mercado de consumo, por exemplo, economizan en gastos de transporte, benefícianse da concentración de man de obra especializada ou de incentivos fiscais,… Por iso, a concentración urbana e portuaria da actividade industrial responde a este efecto de economías de aglomeración, as cales, por saturación, poden dexenerar en deseconomías externas. Enerxías renovables:Enerxías renovables son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles. Difusión industrial:Á hora de explicar a difusión industrial, tradicionalmente acudíuse ao modelo centro/periferia; este modelo de organización territorial explicaba a dualidade entre espazos industrializados e espazos dependentes -xurdidos a partir da Revolución Industrial no interior dos Estados (cidade/campo) e a nivel planetario (Norte/Sur, Primeiro/Terceiro Mundo). Nos tempos actuais, a difusión industrial corresponde a: 1) o espallamento da actividade industrial fóra dos núcleos urbanos e no entorno rural -por mor dunha menor cantidade de custes de instalación nestas áreas, e sabendo que as grandes aglomeracións urbanas ofrecen xa deseconomías externas-; 2) o fenómeno da deslocalización industrial, polo que -debido aos efectos da globalización económica- as principais empresas multinacionais (EMN) encamiñan os seus investimentos cara ás economías industriais emerxentes, onde gozan tamén de menores custes de explotación -sobre todo en man de obra-. Fondos estruturais:Os Fondos Estruturais son instrumentos da Unión Europea encamiñados a promover un desenvolvemento armonioso do conxunto da Unión, encamiñados a reforzar a súa cohesión económica e social. No período 2007-2013, a Unión Europea conta con dous Fondos Estruturais: o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Fondo Social Europeo (FSE). OFEDERten como obxectivo reducir as diferenzas que existen entre os niveis de desenvolvemento das rexións europeas para que as rexións menos favorecidas se recuperen do retraso que sufren. Desde 1975 concede axudas para a construción de infraestruturas e a realización de investimentos produtivos capaces de xerar emprego, sobre todo en beneficio das empresas. O FSE, instaurado en 1958, está destinado a fomentar as oportunidades de emprego e movilidade xeográfica e profesional dos traballadores, así como facilitar a súa adaptación ás transformacións industriais e aos cambios dos sistemas de produción, especialmente mediante a formación e a reconversión profesional. Financia principalmente actividades de formación para favorecer a inserción profesional dos desempregados e dos sectores máis desfavorecidos da poboación. Subcontratación:A subcontratación, outsourcing ou tercerización é o proceso económico no que unha empresa move ou destina os recursos orientados a cumplir certas tarefas cara a una empresa externa por medio dun contrato. Por exemplo, unha compañía dedicada ás demolicións pode subcontratar a unha empresa dedicada á evacuación de residuos para a tarefa de desfacerse dos escombros das unidades demolidas. Industrias verdes:Unha industria verde é aquela na que o valor central non é o crecemento económico senón o desenvolvemento sostible -a través do respeto ao medio ambiente e o uso preferente de enerxías alternativas ou renovables-. Unha industria verde crea valor económico, medioambiental e social. Por tanto, nelas un valor fundamental é o de evitar a contaminación industrial e o deterioro da paisaxe. Materias primas estratéxicas:No novo contexto de desenvolvemento industrial de potencias emerxentes como China, unha serie de materias primas estratéxicas acadan nos mercados internacionais un valor notable pola súa asociación a industrias de tecnoloxía punta e a escaseza das mesmas. En moitos casos estamos diante de recursos que son causa de guerras neo-imperialistas para abastecer ás grandes potencias industriais. Ademáis dos tradicionais petróleo, gas e uranio, están na lista outras que condicionan o crecemento da produción ou a riqueza mundiai e que son clave por razóns políticas ou estratéxicas para a economía das potencias, as grandes multinacionais e para o sector armamentista: coltan, diamantes, manganeso, cobalto, aluminio, cobre, xermanio, grafito, cromo, níquel, platino, titanio,… Parque tecnolóxico:Un parque tecnológico é unha instalación industrial que: a) mantén relacións formais e operativas coas universidades, centros de investigación e outras institucións de educación superior; b) está diseñado para alentar a formación e crecemento de empresas baseadas no coñecemento e doutras organizacións de alto valor engadido pertencentes ao sector terciario, normalmente residentes no propio parque; c) posúe un organismo estable de xestión que impulsa a transferencia de tecnoloxía e fomenta a innovación entre as empresas e organizacións usuarias do parque. Balanza de pagamentos:A balanza de pagamentos é unha conta que rexistra todas as transacións monetarias entre un país e o resto do mundo. Estas transacións poden incluír pagamentos polas exportacións e importacións do Estado en cuestión de bens, servizos, capital financieiro e transferencias financieiras. As fontes de fondos para un país (exportacións, ingresos por empréstimos e investimentos) rexístranse como datos positivos, mentres as importacións ou os investimentos en países estranxeiros se rexistran como datos negativos. Das subdivisións nas que se estrutura a balanza de pagamentos dun país, a balanza comercial é das máis coñecidas, na que entran o valor das exportacións e das importacións Economía somerxida:Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais. Permite a subsistencia marxinal dun sector máis ou menos amplo da poboación que non recibe as contrapartidas sociais legalmente recoñecidas. Ecoturismo:Chamamos ecoturismo a unha nova tendencia do Turismo Alternativo, diferente ao Turismo tradicional. Neste enfoque para as actividades turísticas priviléxiase asustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio natural e cultural; nesta alternativa turística preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o ambiente e a comunidade local, e mantendo sempre un respeto ético polas leis laborais e os dereitos humáns dos traballadores implicados. Franquicia:Cadeas de establecementos pertencentes a empresas xuridicamente diestintas ligadas por un contrato no que unha (a franquiadora) lles concede a outras as concesionarias) a licenza para explotar unha marca ou unha fórmula comercial mediante o pagamento dunha cantidade determinada, achegándolle a asistencia, a publicidade, etc. Este feito, xunto a unha organización do espazo interno e a creación dun ambiente de seguridade e confort ambiental moi similares en todos os casos, confírelles unha personalidade bastante estandarizada. As empresas concesionarias aprovéitanse dos beneficios das compras centralizadas e das campañas publicitarias únicas. Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte (PEIT):O Plan Estratéxico de Infraestruturas do Trasporte (PEIT), elaborado polo Ministerio de Fomento de España, é un plan que proxectaba actuacións en infraestruturas e transportes ao longo do período 2005-2020. A planificación permitía crear un marco estable para a política de transporte, coordinar os labores entre administracións e incorporar unha visión europea da política de transporte., fomentando a inserción das nosas vías de comunicación en eixos transeuropeos. Entre os obxectivos do PEIT están o fortalecemento da cohesión social e territorial, incrementar a calidade e seguridade do transporte, contribuir á movilidade sostible e atender á intermodalidade. Taxas aeroportuarias:As taxas aeroportuarias son o prezo que en moitos países pagan os viaxeiros, tanto en voos nacionais como internacionais, polo uso dos aeroportos. Tour operadores:Axencias intermediarias entre o establecemento turístico e as acencias retallistas. Ofrecen paquetes turísticos a un prezo global con todo incluído (transporte, aloxamento e pensión alimenticia). oboación Activa:Poboación que ten un emprego ou que o busca. A poboación activa pode estar ocupada (aquela que desempeña un emprego remunerado) ou estar desocupada ou en paro. Esperanza de Vida:Número medio de anos que unha persoa ao nacer espera vivir, supoñendo que as condicións de mortalidade permanezcan constantes. Réxime Demográfico:Cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presenta características homoxéneas. Censo de Poboación:O censo de poboación é o reconto da poboación dun país, que se refire a un momento determinado no tempo e que inclúe as súas características máis importantes, tanto de tipo sociodemográfico coma económico: idade, sexo, estado civil, lugar de nacemento, nacionalidade, nivel de instrución, actividade económica, etc. En España realízase cada dez anos; desde 1981, nos anos rematados en 1. É un documento estático que reflicte o estado da poboación no momento que se realiza. Saldo Migratorio:Diferenza entre o número de inmigrantes e o de emigrantes nun determinado territorio. Se o balance é negativo, significa que hai máis emigración que inmigración; mentres que o balance positivo indica o contrario, máis inmigración cá emigración. Taxa de Fecundidade:A taxa de fecundidade relaciona o número de nacementos nun ano co número de mulleres en idade de ter fillos, e exprésase en tantos por mil. A taxa de fecundidade é igual ao número de nacementos multiplicado por 1000, dividido polo número de mulleres entre 15 e 49 anos. A taxa é alta se o valor e superior a 150‰, media se está situada entre 150‰ e 75‰ e baixa se é inferior a 75‰. Transición Demográfica:Etapa de transición entre o réxime demográfico antigo e o moderno que se caracteriza por un descenso brusco da mortalidade e un descenso suave da natalidade, o que xera un crecemento natural elevado. Para explicar cada etapa os demógrafos remiten ao chamado modelo de transición demográfica. Este modelo é unha teoría que serve para explicar como a poboación do Reino Unido pasou dun crecemento case nulo, debido a unha elevada mortalidade (réxime demográfico antigo), a un crecemento practicamente nulo tamén motivado por unha baixa natalidade (novo réxime demográfico). Este modelo aplícase á dinámica da poboación de moitos países europeos, entre eles España. Padrón Municipal:O padrón municipal é un rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada cá don censo. A súa principal vantaxe é a de tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro municipio ten a obriga legal de empadroarse nel. De aí que sexa denominado padrón continuo de poboación. Isto quere dicir que en calquera momento se pode coñecer a cantidade de poboación dun municipio, así como as súas principais características. Este dato é de vital importancia para os concellos, xa que reciben reciben máis ou menos financiamento en función da poboación que teñan. Área suburbana:Territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona de transición entre o núcleo urbano propiamente e o espazo rural adxacente. Área metropolitana:Unha área ou zona metropolitana é unha rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo iso organizado dun xeito centralizado. Tamén se lle coñece como rede urbana. O concepto de área metropolitana é indispensable para comprender a realidade urbana do noso tempo: se trata dun fenómeno que principalmente se desenvolve a partir do século XIX, relacionado nos seus inicios coa Revolución Industrial e que, sobre todo, a final do século XX afecta á maioría das cidades grandes e medias, xa non só producido polo desenvolvemento económico e social nos países desenvolvidos, senón tamén, debido ás altas taxas de crecemento demográfico, nos países emerxentes e do Tercer Mundo. Cualificación do solo:Determinación do plan urbanístico consistente en detallar ou establecer pormenorizadamente o destino do chan previamente clasificado (urbano, urbanizable e non urbanizable). Con ela determínanse os usos e a edificabilidade (intensidade de ocupación por edificacións e tipoloxías edificatorias que deben realizarse en cada tipo de chan). Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU):O Plan Xeral de Ordenación Urbana, (P.X.O.U.), é un instrumento de plan xeral definido na normativa urbanística de España como un instrumento básico de ordenación integral do territorio dun ou varios municipios, a través do cal se clasifica o chan, se determina o réxime aplicable a cada clase de chan, e se definen os elementos fundamentais do sistema de equipamentos do municipio en cuestión. Unidade Veciñal de Absorción (UVA):Trátase dunha solución formulada durante os anos 50 e 60 do século XIX cando o masivo éxodo rural en Barcelona e Madrid produciu a creación de barrios e poboados chabolistas de crecemento espontáneo por todo a área suburbana das cidades. Entón empézase a aplicar un plan de Absorción do chabolismo horizontal e constrúense barrios de baixo custo con materiais pobres e edificios de moi baixa calidade en moitos casos de carácter temporal. Crean as Unidades de Absorción Veciñal que pretenden formular unha solución, pero que na práctica transforman o chabolismo horizontal nun chabolismo vertical de edificios paupérrimos con escasos servizos. Nacen así as UVAs ou Poboados Dirixidos que en Madrid se poden citar algúns como o de Hortaleza que aínda perdura, pero a lista é interminable. Xentrificación:O aburguesamento, ou xentrificación é un proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio deteriorado e con pauperismo é progresivamente desprazada por outra dun maior nivel adquisitivo á vez que se renova. O termo é un neoloxismo que procede do inglés "gentrification". Deriva de gentry, que podería tal vez traducirse como fidalgo ou burgués. Propuxéronse outros termos como aburguesamento, elitización ou aristocratización. A gentrificación comeza cando un grupo de persoas de certo nivel económico descobren un barrio que, a pesar de estar degradado e descapitalizado, ofrece unha boa relación entre a calidade e o prezo e deciden instalarse nel. Estes barrios adoitan estar situados preto do centro da cidade ou contar con determinadas vantaxes, como estar situados preto de polos de emprego, etc.