jueves, 12 de noviembre de 2009

TEMA: AS PAISAXES VEXETAIS EN ESPAÑA

AS PAISAXES VEXETAIS DE ESPAÑA TEMA

A vexetación española conta cunha gran variedade de especies (unhas 6000), esto é froito da variedade de factores que inciden sobre ela, entre os factores que destacan temos : os factores físicos (existencia de climas , relevos e solos) e os factores humáns (introducción de especies polo seu valor económico, (eucalipto e pinus pinaster), ou a degradación da vexetación existente por incendios, catástrofes petroleiras, vertidos aos ríos. No Estado agrúpanse as paisaxes vexetais segundo o clima correspondente da zona, así distinguimos:

1. A PAISAXE VEXETAL DO CLIMA OCEÁNICO.
Ten como formacións vexetais características o bosque caducifolio, a
landa e ao prado.
A súa localización está ao norte da Península, Galicia e a cornisa cantábrica. No seu clima destacan as precipitacións abundantes e regulares (+ de 800 mm anuais), as temperaturas suaves e a amplitude térmica baixa (-15ºC) pola influencia do mar.
o bosque caducifolio:
Está constituido por árbores altas, con tronco recto, liso e follas grandes dimensións que caen en outono. Este tipo de fraga ten relativamente poucas especies, que aparecen reunidas formando grandes masas. As máis características son o carballo, o castiñeiro e a faia.
A FAIA tolera mal a calor, moi ben o frío e esixe unha gran humidade, é entón unha árbore de montaña que se adapta a solos calizos e silíceos (prefire os calcáreos). A súa madeira é moi dura e de boa calidade polo que se emprega para a fabricación de mobles e utensilios. A faia forma bosques específicos ou mixtos co carballo. A súa área principal está na Cordilleira Cantábrica e no Pireneo navarro.
O CARBALLO non soporta veráns moi calorosos, ten menor tolerancia ao frío e esixe menos humidade que a faia, polo que se sitúa en alturas menores. O seu crecimento é lento. A súa madeira, dura, emprégase para a construcción e para a fabricación de mobles e barcos. As áreas máis extensas do carballo atopámolas en Galicia e na Cordillera Cantábrica.
O CASTIÑEIRO foi gañando terreo ao carballo polo aproveitamento do seu froito e da súa madeira. Outras especias do bosque caducifolio son o freixo, o tileiro, o umeiro e a abelaira.
Ao longo do tempo foron desaparecendo extensas áreas de bosque caducifolio. Esta diminución débese a perda dos usos tradicionais da súa madeira (apeiros de labranza), a sustitución da madeira como fonte de enerxía pola utilización de combustibles fósiles, e por culpa dos incendios forestais.
Nas últimas décadas repoboáronse grandes extensións con árbores de crecimento rápido e bo aprobeitamento económico, así temos o piñeiro (pinus pinaster -para resina e madeira) e o eucalipto (pasta de papel), as follas desta árbore contribuen a que os solos sexan máis ácidos (xa son silíceos en Galicia). Son especies cunha gran facilidade para arder, transfoman visualmente a paisaxe e afectan negativamente a flora e a fauna autóctona.
o A landa e os prados.
A LANDA é unha espesa vexetación de matogueira (matorral) que poden acadar os catro metros de altura. As súas especies máis abundantes son o breixo, o toxo e a xesta (retama). Estas especies son a degradación da fraga caducifolia, utilizábanse nos usos tradicionais como estrume para as leiras e para estrar as cortes dos animais.
OS PRADOS ocupan moita extensión na paisaxe oceánica, abundan os pastos (pastizales) e a vexetación herbácea.

2. A PAISAXE VEXETAL DO MEDITERRÁNEO.
Ten como formacións vexetais características o bosque perennifolio e a matogueira (o maquis, a garriga estepa).
A súa localización está ao sur da España húmida, nas illas Baleares, en Ceuta e Melilla. As precipitacións son escasas, (-800 mm e + 300mm anuais), con seca en verán. No SE e no val do Ebro son inferiores a 300 mm, clima mediterráneo estepario. As temperaturas costeiras son suaves e con escasa amplitude térmica. No interior temos un clima mediterráneo continentalizado con amplitudes térmicas superiores a 16ºC.
o bosque perennifolio:
Está formado por fragas de mediana altura, con troncos non rectilíneos, de cortiza grosa e rugosa. As especies máis características son a aciñeira e a sobreira.
A ACIÑEIRA é a árbore máis característica e extendida do clima mediterráneo. É resistente as secas e adáptase a todo tipo de solos. A súa madeira, moi dura e resistente, empregábase tradicionalmente para a carpintería (apeiros e rodas) e para o carbón, o seu froito (a landra-bellota) para alimentar o gando. Os bosques de aciñeiras mellor conservados atópanse en Serra Morena, Extremadura e a Serra de Guadarrama.
A SOBREIRA precisa de invernos suaves, certa humidade (+ de 500 mm ano – poden penetrar as borrascas atlánticas no SW ao non termos relevos que o impida) e solos silícios, polo que a atopamos no SW peninsular, no S de Andalucía, ao NL de Cataluña e en Castellón. Ten unha madeira moi dura que tradicionalmente empregábase para a fabricación de toneis e de barcos, a súa codia aprovéitase para a obtención de cortiza.
O piñeiro extendeuse por amplas zonas pola intervención humana para o aprobeitamento económico da súa resina e madeira.
o A matogueira (matorral): é o resultado da degradación do bosque
Mediterráneo polo ser humán. Presenta tres tipos característicos:
- O maquis (la maquia) é unha forma arbusiva densa, de máis de 2m de altura, destacan o breixo e a xesta. Sobre solos silíceos.
- A garriga formadas por arbustos e matogueiras de pouca altura, que deixan zonas sen cubrir onde aparecen as rochas, son característicos o tomiño (tomillo), o romeo e a lavanda. Sobre solos calcáreos.
- A estepa atópase no na zona semiárida do SL peninsular e no val do Ebro, onde a seca impide o crecemento de árbores e onde a garriga foi degradada pola ación humana. Está formada por herbas baixas mesturadas con arbustos espiñentos, que deixan ao decuberto solos pobres. Destacan o palmito (única palmeira autóctona de Europa) e o tomiño.

3. A PAISAXE VEXETAL DE MONTAÑA.
Localizamos esta paisaxe en zonas situadas por encima dos 1000m de altitude. As precipitacións anuais superan os 1000 mm anuais. A temperatura media é inferior a 10ºC, veráns frescos e invernos frios con algún mes con temperatura próxima ou inferior a 0ºC, ten un papel notable a neve.
Na montaña, a vexetación disponse en pisos que teñen formacións vexetais distintas en función da altura. De acordo con iso, pode distinguirse entre montaña alpina e o resto das montañas peninsulares.
o A montaña alpina ou pirenaica está representada polos Pireneos. Na súa
parte alta, sobre unha fraga de aciñeiras ou carballos, poden distinguirse tres pisos.
- O piso subalpino está entre os 1200 e 2400 m, reúne coníferas (abeto, piñeiro negro e silvestre). O abeto pode formar bosques míxtos coa faia. O sotobosque está constituido por arbustos como o rododendro e a arandeira (arándano).
- O piso alpino , entre os 2400 e 3000 m, é dominio do prado, que ten un período vegetativo curto, xa que pasa de 7 a 8 meses cuberto de neve. Temos sectores de rocha onde algunhas pequenas plantas se adaptaron a vivir (plantas rupícolas).
- O piso nival, por riba dos 3000m, temos normalmente neve durante todo o ano, pero onde desaparece crecen plantas rupícolas (musgos e líquens).
o O resto das montañas peninsulares carece de piso subalpino de
coníferas. Nelas pásase directamente do bosque característico do seu clima (caducifolio no atlántico e perennifolio no mediterráneo) ao piso supraforestal. Formado por pequenos arbustos que varian segundo o clima, atlántica (breixo e xesta) e na mediterránea arbustos e matogueiras espiñentas. Riba da zona supraforestal teremos prados, que no mediterráneo redúcense ao fondo dos vales e zonas húmidas.

4. A PAISAXE VEXETAL DE CANARIAS.
A vexetación de Canarias ten unha riqueza extraordinaria. A súa orixe é principalmente mediterránea, pero conta con influencia africanas e do atlántico sur. Ademais pola súa situación insular, desenvolven un gran papel os endemismos (formacións vexetais propias). Esta orixinalidade baséase no relevo, que da orixe a unha sucesión en pisos.
- O piso basal, dende o nivel do mar ata os 300-500 m, está marcado pola aridez. Nel predominan as matogueiras raras e ásperas, carrucho (cardón ) e a tabaiba.
- O piso intermedio, entre os 300-800 m, está condicionado polo descendemento térmico e o aumento da humidade, o que permite o crecemento de especies como a palmeira, o drago e a sabina.
- O piso termocanario, entre 800-1200 m. A vegetación adáptase as nevaos causadas polo alisio (maior frescura e menor insolación). Está constituido por dúas orixinais formacións boscosas:
- O bosque de laurisilva, moi denso e composto por máis de 20 especies.
- O bosque faial-breixeira, é o resultado da degradación da laurisilva pola ación humana.
- O piso canario, entre 1200-2200 m, está dominado polo bosque de coníferas. A súa especie principal é o pino canario (pino que inda que arda sobrevive aos incendios), que ao quedar fóra do mar de nubes, debe adaptarse a unhas especiais condición de aridez e de frío.
-O piso supracanario, por riba do 2200 m, só está presente en Tenerife e na Palma. Caracterízase por unha acusada nudez, dispersas, pero de gran riqueza floral (violetas do Teide).

5. A PAISAXE VEXETAL DE RIBEIRA.
Ao longo dos ríos, o solo imprégnase de humidade, de maneira que este espacio queda á marxe do carácter seco que poida ter o clima do contorno. A presencia constante de auga fai que só poidan vivir alí certas especies que se dispoñen en franxas paralela ao río. Os bosques da ribeira están formados por especies (as súas raices precisan estar na auga), o salgueiro e o chopo (que só necesitan que os extremos inferiores das súas raíces acaden a humidade) e o álamo.