jueves, 12 de noviembre de 2009

TEMA: DIVERSIDADE HÍDRICA

DIVERSIDADE HÍDRICA
1. FACTORES DE INFLUENCIA.
As augas do territorio español están condicionadas por unha gran variedade de factores físicos e humanos.
o O CLIMA desempeña un papel destacado, xa que a auga dos rios, lagoas e acuíferos procede das precipitacións. Así existe un claro cotraste entre a “España húmida”, de precipitacións ,e a “España seca”, dunha acusada sequía estival.
o O RELEVO E A TOPOGRAFÍA influen notablemente na organización das concas hidrográficas, na capacidade erosiva dos ríos e na formación das lagoas e os acuíferos.
o A LITOLOXÍA , é decir, os tipos de rochas e as súas características, poden axudar a escorrentía superficial (desprazamento das augas pola superficie da terra) ou polo contrario, facilitar a infiltración da auga e a formación de acuíferos.
o A VEXETACIÓN influe na disponibilidade hídrica, pois actúa como pantaia protectora fronte á radiación e aminora a evaporación.
o O SER HUMÁN consome auga para o abastecimento e o rego e intenta compensar este gasto mediante a construcción de obras regulizadoras, como enconos…
2. OS RÍOS ESPAÑOIS.
A- FACTORES QUE INFLUEN NOS RÍOS PENINSULARES.
Os principias factores condicionantes dos ríos peninsulares son o clima e o relevo.
O CLIMA en xeral, pero especialmente as precipitacións, determinan o caudal absoluto e o réximen dos ríos. Chamamos caudal absoluto a cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado do río e o réxime fluvial ás variacións estacionais do seu caudal. Estas vaariacións dependen da distribución das precipitacións e da importancia da precipitación nival (de neve). En función de ambas pode distinguirse entre ríos de réxime nival, pluvial ou mixto.
Os ríos con réxime nival nacen na alta montaña, onde son frecuentes as nevadas, (en España os que nacen nos Pireneos e Serra Nevada). Os caudais máximos danse a fins da primavera ou no verán, co desxeo, aínda que as precipitacións pasen daquela polo mínimo estival. As súas augas baixas teñen lugar en inverno, ao quedar retida a auga en forma de neve ou xeo.
Nos ríos con réxime pluvial, o caudal só depende das precipitacións, polo que reflicte os máximos e os mínimos destas en cada zona climática.
O réxime mixto pode ser nivo-pluvial ou pluvio-nival, segundo domine un carácter ou outro.
O RELEVO E A TOPOGRAFÍA determinan a organización das concas e vertentes hidrográficas, a pendente e a erosión dos ríos e facilidade para levar a cabo neles obras hidráulicas.
A conca hidrográfica é o territorio con auga que verten a un rio principal e aos seus afluentes. As concas atópanse separadas entre si por divisorias de auga, que coinciden coas zonas de cambio de pendente de terreno. Dentro da conca os ríos trazan o seu propio leito (cauce-espacio polo que circula).
Unha vertente hidrográfica é o conxunto de concas con augas que se verten no mesmo mar. Na Península Ibérica existe unha gran disimetría entre as vertente s cantábricas e atlánticas (desembocan o 69% dos ríos peninsulares) e a mediterránea (o 31%). A causa é o basculamento cara o W da Península a partires do Sistema Ibérico.
A pendente e a erosión dos ríos increméntase canto mayor é a inclinación do terreno.
As obras hidráulicas vense favorecidas por unha topografía abrupta.

B. AS VERTENTES HIDROGRÁFICAS PENINSULARES.
Os ríos peninsulares destribuense en tres vertentes hidrográficas:
o Os ríos da vertente cantábrica (Dende o río Bidasoa a Punta de Estaca de Bares) son curtos, xa que nacen nas montañas que están preto da costa. Ao ter que salvar un gran desnível entre o seu nacemento e o seu nível de base (o Mar Cantábrico), teñen unha gran forza erosiva. Sería moito maior se nas ladeiras dos mesmos non estivesen protexidos pola vexetación. Os ríos cantábricos son numerosos, caudalosos e de réxime bastante regular grazas a abundancia e constancia das precipitacións. Aproveitando estas circunstancias e a facilidade que ofrece a topografía abrupta, construense encoros destinados á producción de energía eléctrica.
o Na vertente atántica (Da Punta de Estaca de Bares a Punta de Tarifa) os ríos son longos, pois nacen preto do Mediterráneo e desembocan no Atlántico. O seu réxime é irregular. Presentan estiaxe no verán coincidindo co mínimo de precipitacións (maior cando máis meridional é o río), e crecidas coas choivas do outono e primavera.
o Os ríos da vertente mediterránea, son curtos a excepción do Ebro, dada a proximidade do mar e das montañas onde nacen. O seu réximen é moi irregular. No verán presentan importantes estiaxes e no outono poden sufrir cheas catastróficas por choivas torrenciais. Como consecuencia, é preciso construir nos ríos encoros para pormos regular o caudal e abastecer de auga a agricultura, á industria e aos núcleos de población.
C. LAGOS E HUMIDAIS.
No Estado están catalogados un total de 2474 LAGOS (masas de auga doce ou salgada acumuladas en zonas deprimidas que acadan certa profundidade, as lagoas teñen menor tamaño e profundidade que os lagos). Este dato non implica unha gran riqueza lacustre, dada a escasa dimensión e en moitos casos o seu carácter estacional.
Podense distinguir dous grandes tipos de lagos:
- Endóxenos, formados por forzas e fenómenos do interior da terra (lagoa de Janda en Cádiz e Campo de Calatrava en Ciudad Real).
- Esóxenos, orixinados por fenómenos ou forzas externas como a erosión (glaciares-lago de Puebla de Sanabria en Zamora, cársticos-lagoas de Ruidera en Castela A Mancha, albufeiras-lagoa salgadas separadas do mar por un cordón litoral).
Os HUMIDAIS son extensións de terreo cubertas por augas pouco profundas, en moitos casos de maneira intermitente, pois o seu nível baixa e mesmo pode desaparecer. Os humidais incluen lagoas, marismas, deltas, albufeiras e turbeiras (áreas inundadas onde a abundante vexetación vaise incorporando ao sólo e carbonizando lentamente pola falta de osíxeno).
As zona anegadas (encharcadas) teñen un grande interese biológico porque nelas viven numerosas especies animais e vexetais adaptadas a vivir neste medio de transición entre a auga e a terra, serven como lugar de aniñamento e paraxe para aves acuáticas nas súas migracións entre Europa e África. (Parque Nacional das Tablas de Daimiel, marisma do Guadalquivir, delta do Ebro, albufeiras de Valencia e do Mar Menor, lagoas de Toledo, Ciudad Real, Albacete e Val do Ebro).