jueves, 12 de noviembre de 2009

TEMA: A INFLUENZA ANTRÓPICA NO MEDIO

A INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO

A acción antrópica sobre o medio natural ten unha doble vertente, por unha parte ocasiona problemas medioambientais e por outra, emprende actuacións destinadas á protección dos espazos naturais e a combater os problemas creados.

1. OS PROBLEMAS MADIOAMBIENTAIS.
As actuacións negativas do ser humán sobre o medioambiente son:
o A destrucción ou desaparición total dos elementos ambientais.
o A sobreexplotación ou explotación do medio por encima da súa capacidade de producción e rexeneración.
o A contaminación ou adición de materias nocivas en proporción non asimilable polo medio.

A.- A CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA.
Está causada por diferentes tipos contaminantes entre os que podemos destacar:
Os que proceden da combustión de fuel e do carbón rico en xofre en centrais térmicas, en moitas industrias, dos automóviles e dos avións, das calefaccións domésticas, dos incendios forestais e do cloro contido en refrixerantes e aerosoles.
(CO-CO2-SO2-NO-Cl2).
Entre as principias consecuencias da contaminación atmosférica destacan a choiva ácida, a capa de ozono, o efecto invernadoiro, a capa de po e contaminación que se crea sobre as cidades e o ruído.

B.- DEFORESTACIÓN OU DESTRUCCIÓN DA CUBERTA VEXETAL.
A destrucción da cuberta vexetal débese:
o A agricultura e a gandaría, desde o pasado remoto, cavaron (roturaron) miles de Km² de bosque que se destinaron a cultivos ou pastos para o gando.
o A ocupación urbana, as instalacións industriais, as segundas residencias e as grandes infaestructuras tamén se realizaron en moitos casos a costa do bosque.
o Os incendios forestais afectan a extensas superficies arboladas. En maior frecuencia dánse no verán, ao se xunguir temperaturas moi elevadas e a seca ou diminución das precipitacións. Sen embargo, estímase que o 96% son provocados, por descoido ou de forma intencionada, entre moitos outros casos, por gandeiros que queren obter novas formas de pasto, por especuladores que desexan solos para costruir, por madereiros para mercar a madeira máis económica, por excusionistas, por pirómanos. Os incendios vironse favorecidos polas repoboacións de especies que arden con moita faclidade como o piñeiro e o eucalipto. As zonas de maior risco son Galicia (como neste ano), os Montes de León, a cornisa Cantábrica e a fachada mediterránea.

C.- A CONTAMINACIÓN, A EROSIÓN E A DESERTIFICACIÓN DO SOLO.
A contaminación do solo é obra dos verquidos industriais e urbanos, e sobre todo, do abuso no emprego de fertilizantes químicos e praguicidasnas actividades agrícolas, que ao longo prazo pode darlle características tóxicas ao solo.
A erosión do solo é un fenómeno natural, que nunha importante parte de España, vese acentuado polas acusadas pendentes e o carácter torrencial das precipitacións. Pero a erosión natural pode intensificarse tamén debido a accións humáns como a deforestación, as prácticas agrícolas e as gandeiras inadecuadas.
A deforestación ou pérdida da capa fértil do solo é o resultado da erosión externa. No Estado case un millón de hectáreas poden considerarse desérticas e outros sete millóns están en perigo de selo en pouco tempo. A conca do Guadalquivir e en gran parte o litoral levantino son as zonas máis afectadas, ademáis das zonas máis áridas das dúas Castelas e Extremadura.

D.- A SOBREEXPLOTACIÓN E CONTAMINACIÓN DAS AUGAS.
A sobreexplotación é o resultado do aumento do consumo de auga para usos agrarios, urbanos e industriais. Este feito impulsou a construcción de obras hidráulicas dirixidas á captación masiva de auga ou a súa regularización (encoros). Ditas obras modificaron do leito (cauce) e o caudal dos ríos e sobreexplotaron os acuíferos, producindo un descenso do seu nivel que pode conducir, nuns casos, ao seu desecamento total ou parcial, e noutros, o avance da intrusión mariña nos acuíferos litorais, o que provoca a salinización da auga (nalgúns acuíferos do Mediterráneo).
A contaminación das augas provén da evacuación do refugallo producido polo ser humán. Cando o volume no que se verte ese refugallo impide a osixenación e purificación natural da auga. A contaminación orixínase a partir de diversas actividades económicas humanas:
- A contaminación rural procede sobre todo da limpeza de cortes e do uso inadecuado de fertilizantes e insecticidas químicos na agricultura.
- A contaminación industrial está causada pola expulsión de verquidos sen depurar a ríos e mares. Provoca a proliferación de algas tóxicas e de venenosos metais pesados (mercurio, chumbo, cadmio…), que poden acumularse no tecido graso dos peixes e integrarse na cadea alimentaria, afectando así ao ser humán. O petroleo, verquido accidental ou intencionadamente, orixina mareas negras que dañan a auga , aos seres vivos e as costas; en Galicia temos algúns exemplos recentes deste tipo de contaminación (Prestige, Mar Exeo, Urquiola…). En España a contaminación industrial afecta principalmente aos litorais que están preto aos grandes complexos industriais, como a ría do Nervión, delta do Llobregat e golfo de Cádiz, e a contaminación petroleira, de Galicia e Xibraltar por estaren nas rutas dos grandes petroleiros.

E.- OS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS (RSU).
Teñen un carácter moi comtaminante debido ao carácter non biodegradable de moitos deles. O incremento da producción provocou que nas periferias das cidades e, vilas proliferen os verquidos, algúns deles incontrolados, que contaminan o solo e a auga. Os verquidos controlados son menos problemáticos, pero inda así contaminan os gases que produce a combustión dos RSU, alteran a paisaxe onde se instalan.

2.- A PROTECCIÓN DOS ESPACIOS NATURAIS E A POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL.

A toma de conciencia xeral na nosa socidade sobre a degradación da naturaza levou adoptar medidas orientadas á planificación, ordenación e protección do medio natural.
A preocupación institucional española polo deterioro medioambiental data de finais dos anos 60 e deu como resultado, en 1971, a creación de ICONA (Instituto de Conservación da Naturaza). Pero foi a finais de 1977, co primeiro goberno democrático, cando se creou a Subsecretaría de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente da historia do Estado. As súas principias pretensións foron reducir e correxir a contaminación atmosférica, acústica e acuática, e apoiar a investigación en materia de reciclaxe.
En España a protección de especies naturais comezou a principios do S.XX, coa Lei de Parques Nacionais de 1916. O criterio de selección centrábase únicamente na beleza paisaxística do lugar. Isto conduciu a que se priorizase na declaración de parques nacionais ás montañas de aspecto alpino. A mediados de século cuestionouse que este fose o único criterio de selección e comezouse a cuestionar tamén outros, como o biolóxico e o xeolóxico. No 1975 promulgouse a primeira Lei de Espacios Naturais Protexidos, que estivo vixente ata 1989. Neste ano aprobouse a actual Lei de Conservación de Espacios Naturais e de Flora e Fauna Silvestre.
Esta Lei establece distintos tipos de espazos protexidos, destaca:
o Parques Nacionais.
o Parques Naturais.
o Reservas Naturais
A Costitución española recolle o dereito de todos a disfrutar dun medio ambiente adecuado e prevé sancións para quen atente contra el (delito ecolóxico).
A Política medioambiental española está determinada pola política medioambiental da UE e polas líñas de actuación do Ministro de Medio Ambiente, creado en 1986. Os seus obxetivos son:
o Conservar, protexer e mellorar a calidade do medioambiente.
o Contribuir a protección da saude das persoas.
o Garantir a utilización prudente e nacional dos recursos naturais.
Cada vez son máis numerosas as organizacións ecoloxistas que buscan formas equilibradas entre a naturaza e a evolución do ser humán. Estes grupos teñen chegado a organizarse como formacións políticas independentes ou coaligadas cos partidos políticos. Entre as organizacións internacionais máis coñecidas nomeamos a Greenpeace, surxida en Canadá en 1971. En Galicia as asociacións ecoloxistas máis importantes son ADEGA e a Asociación Ecolóxica Verdegaia…