martes, 24 de abril de 2012
O SISTEMA URBANO GALEGO
As cidades do sistema urbano español constitúen unha rede urbana xerarquizada propia dun país industrializado. Estas exercen certa influencia cara á súa área circundante a partir das funcións e servizos que ofrecen. As cidades conforman unha rede de relacións e de influencias na súa área circundante porque son nós de comunicacións, centros de produción e distribución de bens e provedores de servizos. O territorio vinculado a unha cidade debido á atracción que esta exerce é o hinterland ou área de influencia, mentres que os núcleos que realizan esta atracción son os lugares centrais.
Polo xeral, canto maior é a cidade, máis ampla á a gama de servizos e funcións que ofrece de xeito que, polo menos potencialmente, a súa área de influencia tamén é maior. Nun mundo globalizado, ás áreas de influencia transformáronse, xa que os medios de transporte e comunicación poden facer que esta área se estenda cada vez máis lonxe e de xeito máis intenso.
Dentro dun mesmo sistema urbano existen grupos de cidades especialmente vinculadas entre si. Cada un deses grupos constitúe o que se denomina subsistema urbano, que pode ser entendido como un sistema que forma parte doutro maior. No sistema de cidades españolas pódense distinguir distintos subsistemas urbanos.
O subsistema galego é un subsistema policéntrico, en que a capital da Comunidade Autónoma (Santiago de Compostela) se localiza nun lugar intermedio entre as dúas metrópoles rexionais (A Coruña e Vigo). As cidades concéntranse fortemente ao longo da costa occidental. Non existe unha gradación piramidal nos tamaños das cidades maiores, os núcleos urbanos manteñen relacións bidireccionais, non xerárquicas.
A distribución dos centros urbanos galegos caracterízase polo acusado desequilibrio, tanto demográfico coma funcional, entre as provincias occidentais e as orientais. De xeito que o denominado Corredor Atlántico, que discorre entre as dúas rexións urbanas da Coruña-Ferrol e Pontevedra-Vigo, e que pasa por Santiago -capital rexional e nodo integrador entre o litoral e a Galicia interior-, concentra máis do 60% da poboación total, máis do 70% do emprego non agrario e arredor do 80% da renda rexional.
Dentro da xerarquía urbana galega non existe un único núcleo que exerza un papel claramente reitor sobre o conxunto da comunidade autónoma, senón que predomina o policentrismo. Este modelo de organización territorial está composto por dúas ou máis cidades centrais, cunha ampla área de influencia, e un conxunto de cidades intermedias, que funcionan como subcentros e que aseguran un crecemento plural:
- Dúas metrópoles rexionais (Vigo e A Coruña) que sustentan os servizos máis cualificados, un desenvolvido sector terciario e un sistema empresarial competitivo.
- Cinco cidades medias (Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol) que exercen un papel equilibrador dentro do territorio, cunha certa especialización no sector servizos na maior parte dos casos.
- Un numeroso conxunto de vilas, de tamaño moi variable, que constitúen pequenos focos de desenvolvemento, con equipamentos sanitarios, educativos, de ocio..., que serven a unha área de influencia que non adoita superar o nivel da propia comarca. Nos últimos anos, moitas pequenas e medianas empresas atoparon nestes núcleos un lugar axeitado para a súa localización, aproveitando o prezo inferior do solo industrial, o seu emprazamento nas pricipais vías de comunicación (Lalín, Monforte de Lemos, Verín...) Ou a súa proximidade aos recursos naturais (O Barco ou As Pontes).
Cada unha das sete cidades galegas exerce un papel diferente na organización do territorio, cunha serie de funcións que, aínda que variaron ao longo do tempo, sintetizan o seu carácter e as actividades dos seus habitantes:
• Vigo. A enorme importancia do porto de Vigo, que ocupa o primeiro posto nacional en canto a flota pesqueira, incidiu no acelerado desenvolvemento fabril da cidade a partir de 1970. A instalación de varios estaleiros, industrias de automoción, conserveiras, químicas..., así como a súa relevante función comercial, fan que a área de influencia de Vigo exceda a da súa ampla área metropolitana e abarque, incluso, o norte de Portugal.
• A Coruña. Cidade de gran tradición comercial grazas á importancia do seu porto, A Coruña une actualmente esta función coa de sede financieira, coa localización de numerosas entidades bancarias e empresas complementarias que a converteron na capital de negocios de Galicia. As actividades xudiciais (acolle a Audiencia Territorial e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), administrativas e militares ocupan tamén a boa parte da súa poboación.
• Ourense. Desde 1970, Ourense converteuse na terceira cidade de Galicia por volume demográfico. Actualmente, a administración e o comercio danlle traballo á maior parte da súa poboación, aínda que, o seu papel como nó de comunicacións ferroviarias e por estrada posibilitou a instalación de industrias téxtiles, alimentarias e de automoción no moderno polígono industrial de San Cibrán das Viñas. Ourense é a cidade galega que, proporcionalmente, máis medrou na última década.
• Lugo. Como capital provincial e única cidade importante dunha extensa área rural, Lugo presenta unha clara especialización cara á administración pública pero, ao mesmo tempo, cumpre importantes funcións comerciais, sanitarias e educativas.
• Santiago. As fondas raíces relixiosas e artísticas da Cidade do Apóstolo, fomentaron o actual desenvolvemento da actividade turística e a súa especialización no sector servizos. Santiago conta cunha das universidades máis antigas e de maior tradición de España. Así mesmo, destaca pola súa relevante comercial (alberga o Mercado Nacional de Gando), sanitaria (Hospital Clínico Universitario) e de comunicación terrestres e aéreas, co aeroporto internacional de Lavacolla. Desde a súa designación como capital galega reforzou as funcións de carácter administrativo.
• Pontevedra. A máis pequena das capitais galegas viviu unha etapa de esplendor económico e demográfico, durante os séculos XV e XVI, grazas ao auxe das actividades comercial e pesqueira. Así e todo, a pesar da súa designación como capital provincial no século XIX, non acadou o dinamismo da área metropolitana de Vigo, cun escaso desenvolvemento fabril, e, na actualidade, cumpre funcións esencialmente administrativas.
• Ferrol. Emprazada na marxe dereita da ría, nun entrante protexido por terra e mar, Ferrol baseou o seu desenvolvemento na función militar e na industria naval, converténdose, desde o século XVIII, nunha das cidades máis poboadas e dinámicas de Galicia. Non obstante, debido ás sucesivas crises dos estaleiros e á súa falta de diversificación económica, nas últimas décadas atópase sumida nunha recesión demográfica e económica que parece empezar a superar coa construción do porto exterior de Caneliñas.
Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/calendario-de-eventos/o-sistema-urbano/practicos/p5/
Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es
COMENTARIO PLANO BARCELONA
COMENTARIO PLANO BARCELONA
Barcelona, como aquellas ciudades con una larga historia, presenta un espacio complejo en el
que pueden distinguirse diversas áreas correspondientes a las diferentes etapas del desarrollo
urbano: el casco antiguo, el ensanche de mediados del XIX y primer tercio del XX y la periferia.
1. El casco antiguo
a) Emplazamiento y situación.
Su emplazamiento al lado del mar hizo que los romanos fundaran la ciudad entre el río Llobregat
y Besós, encima de un asentamiento íbero, como asentamiento de acceso para la conquista
peninsular. Su función principal era la defensiva, pero a partir del siglo II laciudad conoció una época
de esplendor. Su situación como capital de Cataluña, una de las regiones más desarrolladas del país,
y su tamaño (la segunda en población tras Madrid), hace que su influencia sea suprarregional,
articulando todo el eje Mediterráneo, uno de los más importantes del país. Esto provoca que sus
funciones sean muy específicas y especializadas.
b) Análisis del plano.
El plano anárquico propio de la ciudad medieval, que correspondería con el actual recinto
histórico de Barcelona, propio de una ciudad no planificada. Sus calles son estrechas, cortas y
retorcidas propias de un crecimiento orgánico. Poco queda del plano ortogonal creado por los
romanos en su fundación. Desde entonces, las principales transformaciones del casco histórico han
sido:
El acondicionamiento y ampliación del paseo de las Ramblas, a finales del siglo XVIII,
configurándose como la calle más ancha de la ciudad. Esto provocó el derribo de parte de la muralla
de la ciudad.
La creación de la Vía Layetana en 1907, que une el puerto con el ensanche. Es el ejemplo más
claro de aperturas de grandes vías en los cascos históricos de la época industrial, derribando edificios
anteriores y terciarizando el centro de la ciudad ahora es una de las calles más importantes de la
ciudad.
c) Análisis de la trama.
Es cerrada y compacta, especialmente en el barrio gótico, debido a que el crecimiento de la
ciudad se localizó durante siglos en el espacio intramuros. El espacio público es muy limitado.
d) Análisis de la edificación.
No se aprecia directamente en el plano, pero podemos decir que, en sus inicios, era de baja
altura y, progresivamente, ha experimentado una verticalización. En él se localizan algunos de los
edificios históricos más importantes de la ciudad (Catedral, barrio gótico...)
e) Análisis de los usos del suelo.
Los usos del suelo tradicionales eran residenciales, comerciales y artesanales sin ninguna
zonificación. Estos usos han ido evolucionando hacia una terciarización, donde el uso residencial
pierde terreno debido a la falta de accesibilidad y a los altos precios del suelo. La función turística
también es importante en la ciudad, por lo que muchos usos están relacionados con el mismo
(restaurantes, bares, hoteles, etc.).
f) Problemas actuales que afectan al casco antiguo y posibles soluciones.
Como en otras ciudades, los principales problemas del casco antiguo son el deterioro físico de
calles y casas, lo que da lugar a un deterioro social que provoca un envejecimiento de la población,
un vaciamiento del centro (desde 1974 a 1994 perdió el 40% de su población) y la localización de las
clases marginales en el centro, especialmente inmigrantes. Esto provoca un deterioro ambiental que
perjudica a la imagen de la ciudad. Estos hechos, unidos a la terciarización del suelo que provoca el
vaciamiento del centro fuera de horas comerciales, han provocado políticas actuales de rehabilitación
física y social del centro. En Barcelona, estas políticas comenzaron a finales de los años 80 a través
de medidas como la rehabilitación de edificios, la creación de espacios verdes y el fomento de uso
residencial.
2. El ensanche
a) Causas que determinan el ensanche urbano.
El crecimiento de la población y de la ciudad dentro de un recinto amurallado era algo
insostenible para Barcelona, que en el siglo XIX se asentó como la segunda ciudad del país. La
insalubridad y usos del suelo no compatibles con el residencial (cementerios o fábricas) hicieron que
la mortalidad se disparara durante el s. XIX, especialmente entre las clases más pobres. Por ello, la
burguesía vio necesaria la edificación de una nueva ciudad fuera de llímite establecido, mucho más
ordenado e higiénico que la ciudad central, y el derribo delas murallas que oprimían el crecimiento
de la ciudad, producido en 1854.
b) Diferentes áreas que se pueden distinguir.
El ensanche de Barcelona, ideado por Ildefonso Cerdá, es el más grande y perfecto desarrollo
planificado que se ha conseguido en España, sirviendo de modelo para otras ciudades españolas,
como Madrid, Palma de Mallorca o San Sebastián. Realizado a finales del siglo XIX, destaca por su
plano ortogonal, sus amplias manzanas achaflanadas, sus anchas calles que facilitan el tráfico y sus
dimensiones, muy superiores a la de la ciudad histórica, y que crean una ciudad mucho más
saludable que la anterior. El plano ortogonal se rompe con la apertura de dos calles diagonales (la
Diagonal y la Meridiana) que facilitan los desplazamientos a uno y otro lado. Todo el ensanche se
localiza, fundamentalmente al oeste u norte de la ciudad.
Cerdá diseñó el ensanche con una trama abierta, con grandes espacios verdes en el interior de
la manzana, respondiendo a los preceptos higienistas de su proyecto. La edificación no era elevada.
Todo ello daba una densidad de población muy inferior a la del centro de la ciudad. Sin embargo, la
especulación y los altos precios del suelo en la zona han producido una densificación, que ha
provocado que haya una tipología de manzana cerrada y con edificios desarrollados en vertical.
En la actualidad, los ensanches suelen contener los CBD de las grandes ciudades, es decir, los
distritos de negocios donde se localizan las sedes de las más importantes empresas, bancos y
administración de la ciudad. Al ensanche de Barcelona se le une, además de su función de CBD y
residencial, su función turística, ya que se localizan importantes monumentos modernistas (la Sagrada
Familia, la casa Batlló de Gaudí o la plaza de toros Monumental).
3. La periferia.
a) Causas del crecimiento de la periferia urbana.
Desde 1950, Barcelona ha experimentado un gran crecimiento demográfico debido al baby boom
y al éxodo rural. Este crecimiento ha ido paralelo a un crecimiento de la ciudad hasta unos límites
difusos, donde la ciudad y el campo se confunden, dando lugar a las áreas periurbanas y suburbanas
que aparecen en el mapa fuera del ensanche urbano, ocupando una extensión mucho mayor a la que
ocupa el mapa. Esta tendencia se ha agravado ahora debido a la desurbanización, donde la gente
busca la periferia para vivir despoblando el centro.
b) Diferenciación de áreas en la periferia.
La periferia de Barcelona comienza donde acaba el enorme ensanche de Cerdá, y su función es
residencial en su mayor parte. Así, a finales del siglo XIX comenzaron las anexiones de los municipios
que tenían una continuación física con el ensanche, como Horta, Gracia o Sarriá, principalmente al
oeste de la ciudad. El encajamiento de la ciudad entre el mar y la Cordillera costero-catalana no ha
permitido una gran expansión posterior dentro del espacio urbano de la ciudad, sino que se ha
expandido siguiendo la línea de costa hacia municipios cercanos como Badalona u Hospitalet de
Llobregat.
Todas estas zonas presentan un plano más irregular que el del ensanche, aunque en algunas
zonas se ha mantenido el plano en cuadrícula (barrio de Gracia). En cuanto a la edificación, varía
entre la VPO del régimen franquista, normalmente en trama abierta; al predominio de la edificación
privada desde los 80, también en trama abierta, aunque con mayor dotación de servicios y espacios
verdes. En los últimos años también han surgido barrios de unifamiliares, que en Barcelona se
localizan en las zonas de sierra del oeste de la ciudad.
Junto a las áreas residenciales se localizan fuera del ensanche las áreas industriales más
importantes. La zona franca, localizada al sur de ciudad entre el puerto y la ronda del litoral, es una
gran zona industrial creada en torno a la actividad del puerto, uno de los más importantes del
mediterráneo, y ocupa una extensión muy superior al casco antiguo de la ciudad.
Además, en la periferia suelen aparecen otros usos del suelo que necesitan mucho espacio para
su funcionamiento, como los grandes centros comerciales o de transporte como los aeropuertos. El
de Barcelona (El Prat) se encuentra al sur de la ciudad.
En general, los usos urbanos de las periferias tienden a la zonificación, a diferencia del centro
urbano, no encontrándonos usos mezclados.
c) Problemas actuales de estas zonas y posibles soluciones.
Algunas de estas zonas periféricas sufren problemas de degradación como chabolismo o
deterioro de los barrios obreros más antiguos, construidos en su mayor parte con una dotación
insuficiente de servicios, para alojar a la gran masa de población que emigró a Barcelona en los años
50. Para ello, se están llevando a cabo programas de actuación que permiten erradicar estos
problemas.
COMENTARIO DEL PLANO DE LA CIUDAD DE BARCELONA
El plano de una ciudad es la representación gráfica de las superficies construidas organizadas
en manzanas y superficies libres (calles, plazas jardines, parques) que se suceden en el espacio
y a través del tiempo, pudiendo diferenciar fundamentalmente tres grandes unidades
morfológicas: el casco antiguo o histórico o ciudad preindustrial (
Gráfica da emigración galega
Galicia é, con 2.796.089 habitantes, a quinta comunidade de España con maior poboación, despois de Andalucía, Cataluña, Madrid e a Comunidade Valenciana, e en 2008 representaba o 6,03% da poboación española. As migracións condicionaron a progresiva perda de peso de Galicia na demografía española.
Testemuñada desde o século XVIII, cando os campesiños galegos partían cara a Castela para traballar como xornaleiros, a emigración preséntase como un fenómeno inherente ao territorio galego. Polo tanto, o coñecemento dos procesos migratorios é fundamental para entender non só a estrutura da poboación, senón tamén a evolución económica e social de Galicia.
No contexto dos movementos migratorios do século XX, hai que diferenciar dúas grandes etapas no referente aos destinos dos emigrantes que parten da nosa comunidade:
a) As migracións transoceánicas (ata 1960). A mediados do século XX os galegos emigrados cara a Iberoamérica supuñan arredor do 33% do total nacional. As enormers posibilidades que ofrecían as nacións americanas, moi necesitadas de man de obra nas súas fases de creación, impulsaron as saídas masivas cara a países como Arxentina, Brasil ou Cuba. Durante varios anos superouse a cifra de 70.000 persoas embarcadas nos portos galegos, das que o 70% eran homes.
Tras a finalización da Segunda Guerra Mundial, a mediados dos 40, o proceso migratorio revitalizouse, aínda que sen acadar as cantidades anteriores, e cobraron importancia novos destinos, como Venezuela, Uruguay ou, en menor medida, México e os Estados Unidos. En conxunto, as provincias occidentais superaron lixeiramente ás de Ourense e Lugo en rexistro de saídas, quizais pola proximidade aos portos da Coruña e Vigo, desde onde se realizaba a gran maioría dos embarques.
b) A emigración cara a Europa. A partir de 1960, o estímulo das facilidades ofrecidas polos países de Europa occidental, inmersos nun importante proceso de industrialización tras a Segunda Guerra Mundial e o desenvolvemento posterior, favoreceu a marcha de man de obra cara a Alemaña, Francia, Suíza, Bélxica ou Gran Bretaña. Desde 1961 ata 1980 saíron dos portos galegos máis de 300.000 emigrantes, cunha porcentaxe maior de mulleres que na corrente transoceánica.
Entre 1978 e 2008 o movemento migratorio experimentou importantes cambios de tendencia. Galicia pasou de ser emisora de emigrantes a receptora de inmigrantes. O retorno dos emigrantes é o máis importante de toda España.
A emigración nacional iniciouse na década de 1980 despois de que a emigración internacional se paralizase como consecuencia da crise do petróleo de 1973. Os galegos emigraron ás principais áreas industriais de España. Por esta razón, o saldo migratorio de Galicia co resto das rexións españolas foi tradicionalmente negativo. Nos últimos anos esta tendencia variou ao se rexistrar un saldo positivo entre 1992 e 1994, en 2005 e, sobre todo, en 2008.
As migracións interiores dentro do territorio galego seguiron a tendencia de instalarse nas zonas litorais, polo que moitas zonas do interior quedaron practicamente despoboadas.
A inmigración estranxeira multiplicouse por máis de catro entre os anos 1999 e 2008. Dos pouco máis de 21.787 residentes estranxeiros rexistrados a comezos de 1999 acadouse a cifra de 95.568 persoas en 2008. A maioría dos inmigrantes procede da Unión Europea, principalmente de Portugal, que representa o 19,38% de todos os inmigrantes. Ségueno, en orde de importancia, Brasil, Colombia, Romanía e Marrocos.
Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/calendario-de-eventos/a%20poboacion%20espa%c3%b1ola/practicos/p7/
Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es
Calcular e analizar o índice sintético de fecundidade dun concello, provincia, etc., a través dos datos do INE ou IGE
1.- Para analizar la fecundidad de Guatemala en 1985, disponemos de los datos de población por edad y de los nacimientos por edad de las madres.
Edades Población Nacimientos Tasa de Edad media
femenina al por edad de las fecundidad del grupo
30/6/85 madres ‰
15-19 414.811 52.440 126,4 17,5
20-24 315.003 98.411 312,4 22,5
25-29 311.115 73.453 236,1 27,5
30-39 418.048 87.180 208,5 35
40-49 278.497 15.365 55,2 45
1.a. Calcular el Indice Sintético de Fecundidad (ISF)
Sumamos las tasas de fecundidad, multiplicando por la longitud del intervalo:
126,4 . 5 + 312,4 . 5 + 236,1 . 5 + 208,5 . 10 + 55,2 . 10 = 6.011,7
Esto son nacimientos por 1000 mujeres. El ISF son los nacimientos medios para cada mujer, es decir aquí 6,01 hijos
1.b. ¿Cuál es el significado del ISF?
Es una media de la fecundidad para las mujeres que tienen hijos en un momento determinado. Es el número de hijos que tendría un grupo de mujeres con tal de tener la fecundidad por edad del momento. Pero esto quiere decir que no es el nivel de fecundidad de una generación concreta. Por esto se habla de la fecundidad de una generación ficticia.
1.c. Calcular la Edad Media a la Maternidad
(17,5 . 126,4 . 5 + 22,5 . 312,4 . 5 + 27,5 . 236,1 . 5 + 35 . 208,5 . 10 + 45 . 55,2 . 10) / 6.011,7
29,36 años
1.d.- Calcular la Tasa Bruta de Reproducción
R = ISF . 0,488 = 6,01 . 0,488 = 2,93 hijas por mujer
Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros)
Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros)
Gráficos e mapas sobre produción pesqueira e poboación ocupada neste sector
España é unha potencia pesqueira de segundo nivel no mundo, pero é a máis importante da
Unión Europea e a segunda do continente tras Noruega. Ten unha forta de 13.300 buques onde
traballan unhas 60.000 persoas, e ao ano efectúa unhas capturas de 758.000 toneladas, equivalentes
a uns ingresos de 1.600 millóns de euros.
Mantívose unha antiga tradición pesqueira en boa parte do litoral, o que se relaciona cun elevado
consumo de peixe (38 kg por persoa e ano), moi por riba da media europea e só inferior á do Xapón,
Noruega e Portugal.
Para cubrir esa demanda de peixe que existe en España, os recursos da plataforma continental
próxima ás nosas cosas son insuficientes, polo que boa parte da frota faena en caladoiros afastados
e, como complemento, un 30% do consumo corresponde a importados.
O 90% das capturas corresponden a peixes, que supoñen o 80% do valor total da pesca
desembarcada, destacando a crecente importancia do peixe conxelado en mar aberto, que xa
constitúe máis dunha cuarta parte do total. As especies máis capturadas foron atún, bonito, bacallau
e pescada (un terzo do total), xunto á sardiña, arenque e anchoa.
O restante 10% das capturas correspondeu a crustáceos e moluscos, aínda que o seu valor de
venda ascendeu ao 20% do desembarcado.
Non obstante, a pesca é unha actividade en declive desde hai tempo, tanto polo número de
mariñeiros, coma polo número de capturas ou de barcos. Algúns dos principais problemas do sector
pesqueiro español son o carácter artesanal de boa parte da frota de baixura, a excesiva antigüidade
dos buques, o envellecemento da poboación ocupada na pesca, o progresivo esgotamento dos
caladeiros nacionais e a contaminación dalgunhas augas, as crecentes restriccións de pesca nas
augas de numerosos países o que deu lugar a conflictos con Marrocos, Mauritania, Canadá...
Todo isto obrigou a establecer políticas de apoio á actividade (que hoxe dependen na súa maior
parte da Política Pesqueira Comunitaria (PPC) existente desde 1983) e a fomentar o
desenvolvemento da acuicultura, que resulta un complemento á pesca tradicional, afectada por
dificultades crecentes, polo que hoxe é obxecto de axudas para potenciar o seu desenvolvemento.
A acuicultura é o cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en piscifactorías ou bateas flotantes.
Coñeceu un rápido crecemento nas dúas últimas décadas, ata producir hoxe máis de 360.000
toneladas anuais, que supera nun 80% a producción obtida en 1990.
As principais especies de peixes son a dourada, rodaballo e robaliza, no caso da acuicultura
mariña, xunto á troita na acuicultura continental. Pero o volume de producción máis alto corresponde
ao cultivo de mexillón nas rías galegas.
As principais rexións produtoras correspóndense coas de maior actividade pesqueira, con Galicia
(Rías Baixas, sobre todo), Andalucía (golfo de Cádiz e marismas do Guadalquivir) e Canarias á
cabeza, aínda que as piscifactorías tamén se estenden polo litoral mediterráneo.
A actividade pesqueira organízase, principalmente, en dous tipos de espazos, os caladoiros onde
se realizan as capturas e os portos onde estas se desembarcan e, en ocasións, se transforman. Os
portos onde están matriculados onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de
Galicia (50%), País Vasco, Canarias e Andalucía, que son as rexións de longa tradición pesqueira.
Nos grandes portos xorden a miúdo outras actividades relacionadas como a industria conserveira,
os estaleiros para reparación de buques, fábricas de xeo, de redes e artes de pesca, etc.
En relación cos caladoiros ou áreas de captura, hai unha distinción básica:
- a maior parte da frota está composta por barcos de pequeno tamaño, que se dedican á pesca
de baixura nas augas do mar territorial (12 millas desde a costa) próximas a costa. O espazo
pesqueiro español, ou Caladoiro Nacional, esténdese desde a costa ata as 200 millas náuticas,
que delimitan a Zona Económica Exclusiva (ZEE). Atópase organizado en oito rexións: noroeste,
cantábrica, tramontana, levantina, surmediterránea, suratlántica, balear e canaria.
- hai 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, faenando en augas comunitarias do
Atlántico norte, ou en augas situadas na zona económica exclusiva (entre 12 e 200 millas)
doutros países, pero que obteñen a metade de todas as capturas.
A frota española debeu ampliar as súas áreas de actuación e os caladoiros onde pesca, ante o
esgotamento progresivo dos máis próximos ás súas costas e o aumento da demanda de peixe e
marisco. Iso obrigou ao goberno a negociar acordos de colaboración cos países que integran esas
augas dentro da súa zona económica exclusiva, competencia que agora corresponde á Unión
Europea.
Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas
comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península da
Terra Nova, en Canadá (bacallau e fletán). Pero tamén faena nas proximidades do Sáhara occidental,
Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico sur (Angola, Namibia, Malvinas, etc.). Nas
augas de corrente fría que discorre polas costas orientais de Canarias, o chamado Banco Sahariano,
os barcos españois teñen frecuentes conflictos con países africanos limítrofes, polo que se precisa
chegar a acordos.
Estas dificultades e a crecente competencia doutras frotas, obrigou nos últimos anos a que certos
buques conxeladores operen agora incluso no océano Índico (Mozambique, Somalia, illas Seicheles),
aumentando os custos e riscos do seu traballo, así como en augas do Atlántico de América Latina
Mapa de riscos: xeolóxicos, climáticos (inundacións, temporais e secas)
Os riscos naturais son trazos ambientais que ameazan o benestar ou a vida humana polas consecuencias catastróficas que poden producir. Os máis frecuentes en España son de orixe xeolóxica e climática, e poden ocasionar cuantiosas perdas humanas e materiais, como danos en infraestructuras, edificios e colleitas.
As características xeolóxicas do territorio español, a súa situación climática na zona temperada do planeta, e a presenza de abundantes cursos fluviais e espazos de vexetación frondosa, favorecen a existencia dun amplo catálogo de perigos naturais. Estes riscos teñen a súa orixe nas características xeolóxicas e xeomorfolóxicas do país, así como nas súas condicións atmosféricas.
Os riscos xeolóxicos proceden do interior da Terra, en forma de sismos e erupcións volcánicas, ou do exterior, como os movementos de ladeira.
Os sismos ou tremores de terra débense á posición da Península na zona de contacto entre as placas africana e euroasiática, polo que ameazan principalmente o sur e o sueste peninsular. De forma secundaria, afectan aos Pirineos e a Cataluña, onde están motivados polos movementos de asentamento da cordilleira, que aínda non finalizaron.
As erupcións volcánicas limítanse ás illas Canarias de La Palma, El Hierro, Tenerife e Lanzarote. Nesta área sucedéronse diversas erupcións ao longo da historia polo que require unha vixilancia constante para tratar de predicir posibles erupcións e así poder minimizar os seus riscos. As maiores ameazas localízanse nas illas cun vulcanismo histórico, entre as que destaca Tenerfe, onde a actividade volcánica se combina cunha elevada ocupación humana do territorio. Na Península Ibérica existen outros sectores en que tiveron lugar fenómenos durante o Terciario ou Cuaternario, creando paisaxes volcánicas como as que podemos contemplar no cabo de Gata (Almería), o Campo de Calatrava (Cidade Real) e o Campo de Olot (Xirona).
Os movementos de ladeira son rápidos desprazamentos de grandes masas de terra ou de rochas por unha vertente. Poden ser de dous tipos:
- Os esvaramentos son propios de rexións húmidas con fortes pendentes cubertas por herba ou prados, que non suxeitan suficientemente un solo saturado por fortes chuvias. Poden producirse a partir dun horizonte arxiloso do solo ou dunha fractura da vertente.
- Os desprazamentos acontecen en vertentes en cuxo cumio tñen lugar roturas de rochas. Os fragmentos rotos rodan pola vertente; acumúlanse no lugar onde se suaviza a inclinación, e poden desprenderse se se producen tensións locais (conxelación, infiltración de auga, etc.).
En España as áreas con este tipo de risco son moi amplas, localizándose sobre todo en zonas con pendentes elevadas (áreas de montaña, acantilados, etc.). Os danos que ocasionan poden ser elevados, sobre todo cando afectan persoas, vivendas ou infraestruturas varias.
Os riscos climáticos son os que teñen a súa orixe en situacións atmosféricas extremas. En España os máis frecuentes son as inundacións e as secas.
- As inundacións están motivadas por intensas precipitacións caídas en pouco tempo ou pola rápida fusión da neve. Os desbordamentos de ríos, corgas, barrancos e torrentes son, sen dúbida, o perigo natural que se presenta con maior frecuencia en España e o que orixina un maior número de efectos catastróficos.
En moitas ocasións estes efectos negativos increméntanse por actuacións humanas inadecuadas, como a instalación de edificacións en áreas inundables, a obturación da desembocadura dos leitos de auga, etc.
As inundacións poden estar xeradas polo desbordamento de grandes cursos fluviais, a causa de chuvias abundantes e prolongadas, ou ben pola enchente súbita do caudal en corgas e barrancos, como consecuencia de precipitacións torrenciais. Estas últimas son as máis perigosas, porque o tempo de reacción para a evacuación da poboación é moi curto.
As rexións españolas máis afectadas polas inundacións son o País Vasco e Navarra, a depresión do Ebro, o litoral mediterráneo peninsular, a costa atlántica andaluza, as Illas Baleares, e as illas de Tenerife e Gran Canaria no arquipiélago canario.
Nos últimos anos leváronse a cabo obras de enxeñaría hidráulica para intentar reducir o perigo de inundación. Así mesmo, apróbanse normas que prohiben a construción de vivendas en áreas que presentan risco ante este tipo de episodios.
- As secas son déficits pluviométricos temporais e prolongados respecto ás precipitacións medias dun territorio. A seca é un risco silecioso pero constante. Vaise manifestando pouco a pouco, pero cando a falta de chuvias alcanza un nivel de urxencia, os problemas comezan a manifestarse con toda a súa crueza. Prodúcense entón restriccións no abastecemento de agua das cidades, así como na que se utiliza para a rega agrícola.
O conxunto do territroio español que presenta un risco máis elevado fronte a seca son as rexións do sur e sueste peninsular, así como as Canarias.
As solucións a estes episodios de seca non son fáciles e algunha delas, como a perforación de pozos, entraña perigos medioambientais de gran dimensión, domo a sobreexplotación dos acuíferos.
A actual lexislación española contempla medidas tales como transvasamentos, plantas de desalinización e reutilización de augas depuradas. Así mesmo, é importante concienciar a poboación sobre a necesidade dun uso racional da auga como primeira medida para minimizar estas situacións.
Outros riscos climáticos menos frecuentes son a sarabia, as tormentas con grande aparato eléctrico, as ondadas de frío, os temporais de neve, as ondadas de calor e os termporais de vento.
As tormentas de sarabia se producen na primaveira e no verán ocasionando danos nas produccións agrarias; os temporais de frío e neve, vinculados a vagas de frío intenso, que orixinan problemas de circulación viaria e danos nos cultivos; os temporais de vento que sacoden as costas españolas, ocasionando danos en praias, instalacións portuarias e paseos marítimos a causa da forte ondanada, as vagas de calor, que poden causar víctimas mortais como consecuencia das altas temperaturas, e os aludes de neve en zonas de montaña, que supoñen o escorregamento de capas superficiais de neve nas ladeiras das montañas.
As actuacións fronte aos riscos naturais son de catro tipos:
- A construción de infraestruturas para mitigar os máis frecuentes: drenaxe, plantación de árbores e reforzo das vertentes; reforestación e acondicionamento da canle dos ríos, e as obras hidráulicas para controlar as inundacións e paliar a seca.
- A creación de sistemas de previsión e de vixilancia nas áreas con máis risco: redes de vixilancia sísmica, volcánica e hidrolóxica, e plans de xestión da seca.
- As accións de emerxencia para protexer a poboación cando ser produce un fenómeno extremo. En España, estas accións coordínaas Protección Civil.
- A prevención dos riscos mediante o establecemento de normas que os eviten, e a educación e a información da cidadanía.
Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-6-riscos-e-problemas-ambientais/practicos/mapa-de-riscos-xeoloxicos-e-climaticos/
Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es
Suscribirse a:
Entradas (Atom)